replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Artigos etiquetados ‘vivienda’

(15n) Quincena Arquitectura Contemporánea en Suiza: (15n-2) renovación e ampliación de vivenda en Geneve

Escrito por mpierres o 18 Agosto 2011

dmarchitects-0

Achegamos unha nova obra, neste caso trátase dunha renovación e ampliación  dunha vivenda en Geneve do estudo Dm architectes.




O número de vivendas iniciadas cae un 47% con 33.140 inmobles

Escrito por mpierres o 21 Decembro 2009

El Pais - 21-12-09

O número de vivendas que comezaron a construírse durante o terceiro trimestre do ano acadou os 33.140 inmobles, o que supón unha caída do 47,2% respecto ao mesmo período do ano anterior e do 19,6% se se compara co trimestre inmediatamente anterior.

Nos últimos doce meses, iniciáronse un 35,1% menos de vivendas, ata situarse en 444.544, segundo a estatística de vivenda libre e protexida do terceiro trimestre do ano publicado hoxe polo Ministerio de Vivenda. Dos 33.140 inmobles que empezaron a erguerse no terceiro trimestre, 16.674 eran vivendas libres e 16.466 vivendas protexidas.

As primeiras reducíronse un 60,8% respecto a igual período de 2008 e un 19,3% en relación ao segundo trimestre, mentres que as protexidas caeron un 20% en taxa intertrimestral e un 18,3% en comparación co terceiro trimestre de 2008.

No que fai a obras terminada, no terceiro trimestre finalizouse a construción de 83.524 vivendas libres, un 13,4% menos que no segundo trimestre do ano e un 40,5% inferior que entre xullo e setembro de 2008. Delas, as protexidas sumaron 16.062 unidades, un descenso do 13,1% respecto ao trimestre anterior, aínda que experimentou un aumento do 23,5% fronte ao mesmo período de 2008.

Así mesmo, entre outubro de 2008 e setembro de 2009 concluiuse a construción de 444.544 vivendas, o que representa un descenso do 35,1% respecto aos doce meses anteriores

Biscuit House, Lyon. Aum architects.

Escrito por mpierres o 9 Novembro 2009

lyon_house_aum110309_4A casa , do estudio de arquitectura francés Aum Architects , está situada nunha pequena aldea na zona de Lyon nunha pendente moi empinada e enfrentándose a unha paisaxe aberta. Está situada ao borde dunha reserva natural onde non se pode construir absolutamente nada. (Jue Ene 08 2009)

A edificación da casa é moi complexa por varias razons:

- Era moi difícil obter a autorización para construir arquitectura contemporánea nese lugar.

- Tamén foi difícil súa construción porque non había xeito de acceder á  parte inferior da obra de modo que foi necesario ter un compromiso co veciño para que lle permitira a construción dun camiño ao longo do seu propio terreno.

- O arquitecto realizou toda a cortina de madeira o que lle levou máis de 200 horas de traballo.

A casa é un paralelepípedo de 23 x 7 mtrs., feita de concreto, aceiro e vidro, incrustada na pendente do terreo.

Se compoñe de dous pisos que teñen acceso directo ao xardín.
A estructura está feita en concreto e aceiro. Todos os materiais son naturais e non tratados para que poidan manter seu aspecto orixinal. O concreto se utiliza para as lousas de piso e o chan; e o aceiro se utiliza para as columnas e os marcos das ventás, e a madeira sen tratamento [Iroko] se utiliza para a cortina exterior.

lyon_house_aum110309_1

Picture 1 of 13

Todas as habitacions están expostas á luz do día. Unha gran abertura no piso da primeira pranta permite á luz do día chegar á planta baixa.
A cortina de madeira é a especificidade da casa. Se compoñe de formas que se chamaron -galletas- pola primeira revista francesa que publicou a casa.

A cortina de madeira ten varias funcions:

- Axuda á casa a integrar na paisaxe onde as casas están construidas en pedra de color beige. Dende unha distancia a cortina lembra, nunha forma contemporánea, a sensible tradición das pedras.

- Tamén ten unha función térmica, xa que reduce o impacto do sol nas habitacions pola mañá. Esto é importante xa que as habitacions dan ao Este e con ventás que cubren toda a fachada.

- Por último, permite aillar visualmente as habitacions dende o exterior mediante a creación dun efecto de espello entre a cortina e a ventá.

As habitacions están arriba, a pranta baixa está aliñada coas ventás e van do chan ao teito co fin de disfrutar da paisaxe durante todo o día.

Na sala enormes ventanais tipo francés de [8 x 3 mtrs.] aberta sobre o xardín para que teña a sensación de que o xardín é parte da casa, hai unha sensación de continuidade entre o interior e o exterior.

Dentro da casa tamén hai unha sensación de continuidade ininterrumpida como o máis pesado e máis engorroso dos elementos internos [a cheminea e a escaleira] se suspenden no piso.

A cheminea, un tanto engorrosa de ubicar actúa como unha separación entre o salón e a sala de música. Está feita en aceiro e está parcialmente chea de concreto refractario para proporcionar inercia térmica de calefacción.

A suspensión da escaleira se construiu sen bandas para obter o máximo de luz natural a través e non bloquear a vista.

Vila Utopía, vivir nunha obra de arte

Escrito por mpierres o 29 Setembro 2009

ABC - 24.09.2009 vivenda-vila-utopiaVila Utopía é un innovador proxecto urbanístico de Portugal no que se reuniron a 18 arquitectos nacionais para diseñar un complexo urbano de 45 casas unifamiliares.

Este núcleo residencial caracterízase pola súa excepcional arquitectura, privacidade e funcionalidade, todo elo nun espacio con patios, xardins interiores e porches. «Apostamos todo na calidade arquitectónica e cada casa é única, proxectada para asegurar toda a individualidade da primeira vivenda», explica Manuel Aires Mateus, arquitecto coordinador do proxecto. Entre os arquitectos que participan no mesmo destacan Eduardo Sotto Moura, Gonçalo Byrne e Frederico Valsassina.
As casas caracterízanse pola súa luz natural e o seu espacio e cada arquitecto quixo dar seu toque persoal no proxecto. Hai casas con esquemas diferentes ao convencional, nas que a sala, a cociña e a piscina están no piso de arriba, unha forma de protexer mellor a intimidade das familias. Todos os arquitectos optaron por materiais de calidade e as casas están equipadas con sistemas de seguridade.
Este proxecto de luxo está sendo comercializado por Sotheby´s International Realty Portugal. Promovido por Wise-Investimentos Imobiliários, Vila Utopía ocupa unha área de preto de 70.000 m2 e representa unha inversión de 30 millons de euros.
A vila está localizada no Parque de Santa Cruz, en Oeiras (a 15 kms de Lisboa) e os lotes á venta teñen áreas entre 650 e 1.500 m2, 35 % dos cales son construibles. Tal e como declara Tiago Queiroga, director-xeral de Sotheby´s International Realty Portugal, «o proxecto reúne a alguns dos mellores representantes da arquitectura contemporánea portuguesa, e por elo, Vila Utopía é unha verdadeira obra de arte». En Portugal é a única urbanización destas características destinada á primeira vivenda.
As obras se dividiron en cinco fases e se agarda que as primeiras casas estén rematadas o próximo ano mentras que no 2012 se pretende finalizar todo o proxecto. O precio das casas oscila entre 1,1 e 1,8 millons de euros e a metade xa foron vendidas.
vila-souto-moura
Máis información:  www.vilautopia.com

Casa de veraneo “inside-out” , Hvaler, Noruega. Reiulf Ramstad Arquitectos

Escrito por mpierres o 5 Setembro 2009

casa-inside-outA Cabina Inside Out do estudio noruego  Reiulf Ramstad Arquitectos atópase na cima da colina en Hvaler - Noruega, con vistas ao  mar e  ao horizonte. Colócase no medio dunha paisaxe sen cultivar nunha  pequena illa. A casa foi deseñada para armonizar co seu entorno, pola elección da materia prima e grandes vidrios, desdebúxase ao límite entre o interior e exterior.

O deseño da casa permite unha estreita interacción coa natureza e a fermosa paisaxe. Xenera unha sensación de estar ao aire libre dende o seu  interior.O uso das fachadas e  ventanas de vidrio permite que a naturaleza entre  na casa dende  todos os ángulos e  se poida seguir o sol dende cando sae ata cando  se pon.

A pequena escala do edificio, xunto co  uso de materiais de madeira que desenrolarán gradualmente unha pátina gris, permite  ao proxecto  interactuar e encaixar coa topografía  e as cores naturais da paisaxe circundante.

2

Picture 1 of 7

Casa Xigante Durmido, Killiney ( Irlanda)

Escrito por mpierres o 29 Agosto 2009

sleeping-giantAV - La casa natural

Sobre unha colina en Killiney, salpicada de afloramentos graníticos, desplégase a residencia para abrirse cara ás vistas da bahía de Dublín e cara ó distante monte Sugarloaf. A distribucion da construción acomódase á cambiante topografía do lugar configurando unha sucesión de niveis directamente relacionados coas cotas do terreo exterior. O perímetro da planta , que lembra a silueta dun xigante durmido , garantiza unhas vistas óptimas e aumenta o soleamento interior das estancias.

Como se accede á vivenda dende unha altura elevada , o tratamento da cuberta estudouse especialmente. Os teitos presentan un acabado de formigón faceteado que proporciona un brillo e un aspecto integrador entre as masas pétreas que xurden dispersas na ladeira que descende cara á costa. Esta imaxe biselada tamén se manifesta no interior nos ceos rasos para obter un teito anguloso en forma de tenda que reflicte a luz solar. Realizada en formigón armado in situ a cuberta se sostén por unha chiminea do mesmo material e esbelto pilares de aceiro. Realizáronse formigonados verticais e forxados continuos para evitar as xuntas constructivas , empregando unha mezcla en de granito e area coma áridos.

Vivir camuflado na paisaxe: Mimetic House, Dominic Stevens. Irlanda

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

exterior4O arquitecto irlandés Dominic Stevens non é un arquitecto ao uso. Só constrúe un ou dous proxectos ao ano no seu despacho sen colaboradores, ubicado nun antigo camión refrixerado. Divide o seu tempo entre o desenrolo deses escasos traballos arquitectónicos e o coidado da súa granxa no pobo irlandés de Cloone, con 327 habitantes.

A denominada “casa mimética”, Mimetic House, é un dos traballos máis recoñecidos deste arquitecto, ata o  punto de que se convertiu en pouco tempo nun dos iconos da nova arquitectura europea.

A casa forma parte do entorno, reflexándoo e  cambiando con él según as estacions. A  vivenda está ubicada na localidade de Dromahair, no condado irlandés de Leitrim. Gañou o premio da Architectural Association of Ireland pola súa exquisita proposta de vida no campo, respetuosa co  medio ambiente ata o punto de confundirse con él. Non en vano, domiña un pequeo val, exuberante de vexetación, pero hai que fixarse bastante para dar con ela.

Sen embargo, a construcción non só é exemplar por iso. Dominic Stevens buscou unha casa de baixo custe que fose accesible a cualquer fortuna media, a cualquer habitante desa zona rural de Irlanda. E así, barata e ecolóxica, creou una xoia, prototipo dun novo estilo de vida integrado coa natureza, sencillo e refinado. É unha vivenda máis ben pequena, sen espacios superfluos baixo teito. Os materiais son todos reciclados: así, por exemplo, os muros de contención están realizados de neumáticos de coches recuperados.

As súas líñas xeométricas e limpas están conformadas por vanos de vidro que se alternan con paneles reflectantes tipo espello. O teito é unha superficie plana onde crece o céspede e plantas da zona. Con este lixeiro equipo para facerse invisible, durante o día apenas é un gran arbusto máis. De noite só é visible cando as luces do interior descubren a súa presencia. A entrada está a un lado, oculta. As habitacions e baños están excavadas na terra. Así, ao traspasar o umbral nos introducimos nun espacio inmaculado, cheo de luz e  natureza, onde unha escaleira en espiral nos leva ata o salón. O teito está inclinado, ao  igual que os muros. Xunto ao espacio xeométrico de vidros hai un de madeira, tamén con impresionantes fiestras introducidas en plena loma.

 

Bevk Perović Arhitekti: Casa R, Bohinj, Eslovenia

Escrito por mpierres o 20 Agosto 2009

fachada-traseraEsta casa de campo, do estudio de arquitectura de Bevk Perovic Arhitekti, en Bohinj, Eslovenia,  combina un estilo contemporáneo con formas tradicionais inspiradas nas típicas casas alpinas.

A  casa conta cun revestimento realizado en tablas de madeira que ao deslizarse descubren grandes e pequenas aberturas que aproveitan ao máximo a luz natural. O interior da casa ten un diseño minimalista no que predomina a cor branca e os pisos de madeira. A escalera central que conecta os pisos ten a función adicional de dividir os ambientes. Vale destacar o acertado protagonismo dos aleros, usualmente excluidos norepertorio minimalista, pero tan útiles e  económicos como solución constructiva.

Casa Hof: Studio Granda, Islandia

Escrito por mpierres o 2 Agosto 2009

4g 

Nun dos paraxes especiais do mundo xurde a necesidade de edificar un conxunto de edificios. Hof é un país residencial no fiordo de Skakafjördur, situado a menos de 100 kilómetros do Círculo Polar Ártico. A lonxanía, a espectacular ubicación,o programa e sobretodo unha boa relación entre cliente, contratista e arquitecto, son consecuencia directa do resultado deste especial proxecto.

Formado por unha casa unifamiliar, a iglesia, o granero e o establo, todo o conxunto vése rodeado de montañas, lagos e valles que abarca o acantilado das illas de Drangey e Málmey. A vivenda queda retirada do resto de edificios coa intención de capturar o impresionante panorama. Debido á inestabilidade do clima, todo está estudiado para soportar baixas temperaturas e aproveitar ao máximo a luz natural.O xogo de volúmenes xunto ás cubertas axardinadas, conseguen a integración co entorno á vez que abren espacios máis íntimos para a entrada principal e as terrazas. Os materiais empregados son propios da zona, os muros son de formigón bruto ou pintado térmicamente aillados, o teito e as carpinterías son de roble con detalles de aceiro, os espacios exteriores están pavimentados co basalto excavado para a cimentación e os postes de telégrafo rescatados do lugar son o aplacado dos muros exteriores das zoas máis privadas.

En definitiva un conxunto pensado con e para o lugar onde está ubicado, un proxecto que loita por aillarse do inhóspito clima, sen rexeitar o diálogo e unhas vistas que conseguen invadir o interior da vivenda.

A bendición do baixo presuposto: Casa Pentimento, Quito-Ecuador

Escrito por mpierres o 7 Xullo 2009

Macetas portantes

Un xardín, unha clienta sen medos. Unha arquitectura que se desnuda para conectarse co seu entorno. Construida cunha soa peza prefabricada de formigón, que pode situarse na montaxe en catro posicións, e que resolve estructura, cerramento, mobiliario, escadas, incluso unha fachada xardín que é a orixe do proxecto. Por fora é unha retícula neutra que se camufla de valla ou de seto. Ao interior, cada muro é distinto e  axústase as súas necesidades de escala, función, posición, etc.

Unha plataforma de formigón que serve coma cimentación superficial amolda a súa forma á do terreno, quebrándose cun forte desnivel, esquivando as árbores ou incorporándoas. Sobre a plataforma érguese o sistema de prefabricados. As pezas  insértanse en varillas de acero ancladas con pegamento epóxico á plataforma. Estas varillas e os elementos de traba entre as pezas xeneran unha estructura apretada de pequenas columnas e dinteis, moi apropiada á sismicidade da zona.

Os intersticios entre prefabricados deíxanse abertos  nalgúns puntos e se pechan noutros con acrílico transparente ou translucido e con tiras de madeira, convirtindose en filtros de vexetación e de luz. Estas mesmas rendixas ao interior son soporte de pezas de madeira que se convirten en estanterías, asentos, mesas e escalons.

A casa prescinde o posible de acabados. A lousa de cimentación fúndese con pigmento negro e endurecedor para que se convirta no piso terminado final. Os prefabricados de formigón quedan visto tanto ao exterior como ao interior, suavizando a súa dureza a madeira interior e a vexetación sempre presente. No piso superior o mirador aberto se despóxase de calquer elemento secundario; permitindo o paso do aire e a luz, encadrando as vistas das montañas , concéntrase no seu papel de relacionar ao usuario co seu entorno.

A bendición do baixo presuposto

Economía, sencillez e  claridade. Obrigados a atopar a resposta nas condicións do encargo, a  limitación económica  condúcenos felizmente nesa dirección: despoxar do accesorio, buscar a intensidade por reducción, simplificar os procesos constructivos. Traballar coa luz, a natureza, o clima templado, os materiaies dispoñibles de forma directa. Poucos materiais, claridade para o seu emprego.

Austeridade liberadora, que permita o goce, o sensorial, a conexión coa natureza. Arquitectura de síntesis, que se sosteña nun número reducido de leis propias. Unha soa peza, unha soa acción constructiva de apilar. Unha arquitectura diluida na natureza, que cara o  exterior é prolongación vertical do xardín e  cara o  interior é mobiliario. Un muro no que converxen o  entorno e o  usuario.

 

Ficha técnica

Casa Pentimento: Premio Nacional de Deseño Arquitectónico na XV Bienal Panamericana de Arquitectura Quito 2006

Propietaria: Desireé Marín

Localización: La Morita, Tumbaco, Quito-Ecuador

Arquitectos: José María Sáez, David Barragán

Colaboración: Alejandra Andrade

Construción: Jaime Quinga

Prefabricados: Héctor Sánchez

Enxeñería: César Izurieta

Fotografía: Raed Gindeya, Raúl Yépez, Jose María Sáez

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.