replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Artigos etiquetados ‘PXOM’

O PXOM obriga a paralizar a concesión de licencias para nova obra entre un e dous anos

Escrito por mpierres o 26 Xaneiro 2010

Diario de Pontevedra - 18.01.2010

O concello de Pontevedra confía en que a mediados deste verán poida contar coa aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) para proceder posteriormente á fase de exposición pública. O concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, anunciou que os servizos municipais traballarán “a toda máquina” para corrixir o documento actual que xa foi revisado pola Xunta.

Tras manter unha reunión con responsables da Secretaría Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio, encabezados pola titular deste departamento, Encarnación Rivas, César Mosquera explicou que a empresa redactora, Consultora Galega, vai realizar unha “memoria xustificante” das deficiencias recollidas pola Xunta no informe previo, no que fai a aspectos como a catalogación dalgunhas zonas, a ampliación de solo urbano ou volume de edificación, para que sexan corrixidas.

O edil de Urbanismo sinalou que este fora o último encontro coa Secretaría Xeral. “Se houbese modificacións masivas habería que facero–reenviar o informe–”, precisou Mosquera, quen espera “gañar tempo” para os trámites seguintes. Así, esta mesma semana o Goberno local de Pontevedra solicitará a todos os grupos municipais que formulen as peticións que estimen oportunas.

Posteriormente, solicitarase informes sectoriais aos departamentos de Costas e de Estradas, tanto a nivel estatal como autonómico. Para Mosquera, a “hipótese máis razoable”, tendo en conta que as xestións se acontezan “á máxima velocidade”, é que a partir de principios de maio o avance do PGOM poídase someter á aprobación do pleno municipal.

Á aprobación inicial seguiríalle a suspensión de licenzas urbanísticas, que Mosquera sitúa arredor do mes de xuño. Aínda que o concelleiro de Urbanismo pretende que a suspensión afecte “o menos posible”, esta fase podería demorarse un máximo de dous anos. Neste sentido, César Mosquera recomenda que aqueles cidadáns que poidan ter intención de construír unha edificación “pidan licenza xa”.

A Estrada instará á Xunta a que recurra a anulación da súa actual normativa urbanística

Escrito por mpierres o 15 Decembro 2009

expo-pxom-estradaFaro de Vigo - Deza/Montes/Tabeirós 15.12.09

A Xunta de Goberno Local da Estrada acordou na súa sesión de onte instar á Xunta de Galicia a recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula o decreto 207/2006 da administración galega en virtude do que se procedeu á suspensión das Normas Subsidiarias de planeamento municipal, confeccionadas no 1978 por Juan Rico Lenza, e impulsouse unha normativa provisional para o municipio ata a aprobación do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), en fase de tramitación e actualmente cumprindo co seu período de exposición pública.
O xefe do executivo estradense, o socialista José Antonio Dono, e a titular do departamento municipal de Urbanismo, a edil Irene Aguiar Lale, reuniranse mañá ás 14.00 horas coa secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, baixo a pretensión de abordar a situación legal na que se encontra o Concello da Estrada despois da citada resolución xudicial que anularía a normativa que actualmente rexe o urbanismo estradense. Esta reunión foi solicitada polo goberno local o pasado venres, despois de que transcendese a anulación por parte do alto tribunal galego do referido decreto da Xunta.
O alcalde quiso realizar na xornada de onte un “chamamento á prudencia” neste sentido. “Hai que evitar lanzarse a especulacións sobre o que pode acontecer agora. En primeiro lugar, queremos coñecer o pronunciamento da Xunta de Galicia sobre os pasos que ten pensado dar daquí en diante, comezando pola opción de presentar recurso á sentenza”.
Cabe lembrar que contra a aludida resolución da sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do TSXG a Xunta de Galicia ten aínda aberta a opción de presentar un recurso de casación ante o Tribunal Supremo, unha acción pola que avoga o goberno estradense en virtude do acordo adoptado onte en comisión. O Concello non ten oportunidade de recorrer esta sentenza, derivada do recurso interposto por un grupo de veciños da Estrada vinculada á Agrupación Estradense para a Defensa do Rural e ou Urbano (Aedru), na medida en que a administración municipal non foi unha das partes neste proceso xudicial.
José Antonio Dono tamén quiso lembrar onte que “é a Xunta de Galicia a que ten as competencias normativas en materia de urbanismo, polo cal correspóndelle a ela definir en que situación estamos na actualidade”. O primeiro edil avanzou así mesmo que os servizos xurídicos municipais encóntranse nestes momentos estudando a sentenza con detemento á espera de que se traslade desde a Xunta a información definitiva tras a reunión que Dono e Aguiar manterán coa secretaria xeral.
Ao día seguinte de que se coñecese publicamente a resolución do TSXG fontes pertencentes á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informaron de que a administración autonómica se encontraba estudando o contido da sentenza ditada polo TSXG. A consellería descartou pronunciarse sobre este asunto ata concluír esta análise.
Desde o goberno local recoñeceuse a “grave” situación xerada e fixose fincapé en que contribúe a xustificar a necesidade de sacar adiante canto antes o novo Plan Xeral. O alcalde apelou a que veciños e políticos actuen de maneira responsable para contribuír á aprobación do documento urbanístico. A oficina habilitada para a exposición do plan continuará atendendo as dúbidas dos cidadáns ata o vindeiro luns, 21 de decembro, xornada na que se pechará a fase de información pública.

Un “pleitista urbanístico” causa as derribas da Guarda

Escrito por mpierres o 4 Decembro 2009

El Pais -03.12.09

Eulogio Abeleira Cabaleiro é o particular cuxa denuncia acabou na anulación de 21 licenzas para construír vivendas unifamiliares nas zonas de Catanga e Loucenzas, no municipio da Guarda, e as subseguintes derribas. Onte continaban os labores de demolición das tres primeiras, só unha delas habitada, mentres os afectados reclamaban ao Concello algunha solución de urxencia. Outra denuncia de Eulogio Abeleira suscitou a inminente demolición de 40 apartamentos da urbanización A Armona, tamén na Guarda. O curioso é que el mesmo ten unha vivenda nese polígono que se salvou da derriba.

Entre 600 e 800 escritos (de denuncia e incidentales sobre denuncias anteriores) presentou Abeleira no Concello da Guarda sobre cuestións urbanísticas. Non son as únicas. Quendas análogas prodigou igualmente polos concellos de Oia, O Rosal, Gondomar, Baiona e Nigrán, segundo fontes consultadas por este xornal, sempre coa escusa de restaurar a legalidade urbanística. Dá continuidade ao extraordinario labor realizado no mesmo sentido por Eduardo Canabal Sanz, cuxas denuncias manteñen desde fai anos en xaque de demolición máis dun milleiro de vivendas en Vigo. Ambos son delineantes e amigos unidos no mesmo empeño, aínda que non hai ningunha constancia oficial da súa asociación. Encarnan en todo caso a figura de “pleitista urbanístico”, en palabras da Fiscalía de Pontevedra.

A Memoria que o Fiscal Xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido, elevou ao Goberno sobre o exercicio de 2007 faise eco de “a existencia de profesionais na denuncia de temas urbanísticos” que, segundo a Fiscalía de Pontevedra, “adoita tratarse de persoas informadas e con coñecementos técnicos en materia urbanística que interpón denuncias no ámbito de competencia desta Fiscalía con gran reiteración… Desexamos expresar as dúbidas que nos ofrece a intencionalidade dos seus autores e a finalidade perseguida coa actividade”.

O PAÍS tratou de localizar onte a Abeleira sen resultados. No entanto, as fontes consultadas ilustraron a súa paixón por xudicializar o urbanismo cunha anécdota chocante: recorreu contra a súa comunidade de veciños, en Vigo, pola reparación do tellado do edificio, que realizara a súa propia empresa construtora, AC Obras e Reformas Comerciais.

Na Guarda, Abeleira empezou por denunciar a ilegalidade da urbanización A Armona, de medio centenar de apartamentos construídos sen licenza e onde el mesmo é propietario dun deles. Aínda que todos foran construídos ilegalmente, Abeleira presentou a denuncia unha vez prescribira a ilegalidade da primeira fase da urbanización, de oito apartamentos, entre os que está o seu. Os demais, pola súa denuncia, foron condenados á derriba, que se executará así se resolva a elección dun plan ao efecto mediante concurso público.

Abeleira ofreceuse en 2000 a José Luís Alonso Rego, naquel momento alcalde da Guarda polo PP, como asesor urbanístico, engadindo o requisito de que o rexedor tiña que botar do Concello a todos os técnicos municipais na materia. O alcalde, considerando os seus antecedentes e a súa capacitación profesional de delineante, despachoulle con caixas destempladas como “extorsionador e chantajista”, cualificativos polos que tivo que declarar no xulgado e que onte reiterou a este xornal. Un ano despois Abeleira emprendeu, cunha denuncia ante a Xunta, o contencioso que agora deixará sen vivendas a 21 familias que as compraron con todas as autorizacións legais.

Primitivo Carbajo

Cangas: o Concello abre o camiño a unha urbanización en Areamilla e un tanatorio en Montecarrasco

Escrito por mpierres o 10 Novembro 2009

Faro de Vigo- 10.11.09

a-alcaldesa-sauda-ao-arquitecto-cesar-portela-e-outros-participantes-a-reunion

A alcaldesa saúda ao arquitecto César Portela e a varios participantes na reunión

As propostas para construir un tanatorio en Montecarrasco e unha urbanización en Areamilla recibiron o visto bo dos portavoces do goberno tripartito de Cangas e do equipo redactor do Plan Xeral, Consultora Galega, na reunión que se celebrou onte pola tarde para coñecer máis pormenores dos convenios urbanísticos formulados no período de avance. O primeiro se inclúe como suxerencia ao documento, xa que non ofrece contrapartidas ao Concello, mentras que no segundo caso houbo coincidencia entre BNG, PSOE y ACE á hora de valorar as cesions para zonas verdes en primeira líña de praia a cambio de autorizar unha urbanización no resto da parcela, cuias características deberán definirse nunha fase posterior. Do resto de propostas, a petición de calificar como solo industrial unha franxa na ladera de Montecarrasco quedou definitivamente descartada, e os demáis serán obxeto de redefinición antes de adoptar unha decisión definitiva.

Sí ao tanatorio

A empresa que propón construir un tanatorio nunha finca de 10.000 metros cadrados en Montecarrasco foi a primeira en ser recibida. Seus promotores, os mesmos empresarios do tanatorio da Avenida de Vigo, explicaron o longo proceso seguido para xestionar esta dotación, para o que contaron co impulso verbal do anterior alcalde e da corporación, anque os compromisos non chegaron a materializarse. A única fórmula para levalo a bo porto e eliminar o  tanatorio do centro urban pasa por que se califique o solo, agora forestal, para uso equipamental. O terreo está próximo a equipamientos municipais e da Xunta, polo que seu promotor considera “un trato discriminatorio” que non se sigan os miçesmos criterios que con respecto ao terreo que o rodea. Tanto a alcaldesa, Clara Millán, como os portavoces dos grupos municipais de BNG e PSOE, Óliver Álvarez e Héctor Otero, coincidiron na viabilidade da proposta, que se reflexa técnicamente como suxerencia ou alegación, e non como convenio, mentras que o edil de ACE Mariano Abalo eludiu posicionarse ata coñecer alguns pormenores.

Areamilla, adiante

A proposta para Areamilla abarca un ámbito de 17.850 metros cadrados. A edificabilidade sobre a rasante sería de 8.500 metros; 736 en baixo cuberta e unha cifra sen determinar baixo rasante, necesaria para aparcamentos, trasteiros e instalacions. A ocupación ocuparía 3.656 metros de solo, e o volume edificado, 25.500 metros. A parcela, lindante coa baixada a Areamilla, está calificada no avance doPlan Xeral como núcleo urban, nunha parte, e como espacio libre e zona verde, noutra. A proposta manten, básicamente, a clasificación e destiños determinados no avance, e plantexa un uso residencial privado e de espacios libres cunha ordeación que permita “a articulación dun proxecto de singular valor arquitectónico”, redactado por César Portela e Rodrigo Portanet. A cambio, se compromete a destiñar a zoa verde unha ampla franxa na súa parte máis cercana á praia de Areamilla, coa que limita. A proposta dos promotores apenas tivo que ser defendida ante o equipo redactor e os portavoces municipais, xa que sumou o maior consenso das presentadas onte, tanto dende o punto de vista técnico coma dos posicionamientos políticos.

A Estrada: O PP alega que en máis de 80 núcleos rurais delimitados no PXOM non se poderá edificar

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

Faro de Vigo - Deza/Tabeirós/Montes 05.11.09

vecinos-a-estrada-pxomTras analizar o documento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que nestes momentos se atopa en fase de exposición pública, o principal grupo da oposición estradense asegurou onte que o 55% dos núcleos rurais carecerán de área de expansión. O Partido Popular indica que o documento urbanístico delimita 409 núcleos de población neste ámbito, de modo que, según puntualizou seu portavoz e diputado autonómico, José López Campos, 71 quedarían sen delimitar no novo plan. Destes 409, dixo o edil, máis de 220 non terían un área de expansión. Afirmou asimesmo o concelleiro popular que o 47% destas áreas se utilizan “para recoller vivendas xa construidas”, de modo que un porcentaxe elevado destas superficies terían xa a súa edificabilidade “esgotada”.
Convencido de que o documento exposto no Teatro Principal “arruina o futuro do noso rural”, o portavoz do PP manifestou tamén que máis do 20% dos 409 núcleos delimitados aos que aludiu, é dicir, o equivalente a máis de 80 unidades, terían agotada a súa edificabilidade antes de ser aprobado o Plan Xeral. “Non poderían edificar nunca”, explicou tras realizar esa afirmación. “O único que quedan son os saídos da casas”, dixo o diputado, que interpreta que “ninguén partiría” este espacio para a súa venta de cara a unha nova construción.
Sosten o Partido Popular que o documento exposto é “máis restrictivo que a propia Lei do Solo, que xa limita moitísimo a capacidade constructiva no rural”. López Campos se referiu á proxección de 150.000 habitantes que contemplaba o documento rexeitado pola Xunta e á previsión de 38.000 que recolle o plan actual. “Ten que haber un termo medio”, manifestou, para seguidamente indicar que municipios cunhas dimensions similares ás de A Estrada e con proxeccions de entre 70.000 e 80.000 habitantes puideron ver aprobado seu planeamento. “Non podemos partir dun escenario derrotista que condicione o desenvolvemento dun pobo”, recomendou o concelleiro.

“Falsedade”

O diputado autonómico quiso aproveitar onte a ocasión para tildar de “falsedade” as afirmacions do goberno que indican que a Xunta de Galicia está ao tanto de todo o que se está facendo en A Estrada en materia de Plan Xeral. Seguidamente, subraiou que o Concello de A Estrada é o concello con máis núcleos de toda España, “polo tanto un concello singular, que terá que ter un Plan Xeral singular”, un documento que apostou por negociar e axustar á realidade estradense.
“Non estamos indo ao rural para paralizar o Plan Xeral”, aclarou José López, que considerou que o período de exposición e alegacions é o momento apropiado para que a “voz do pobo” enriqueza un “documento de mínimos”. ”Temos que negociar, xestionar”, añadiu.
Noutro orde de cousas, o Partido Popular opina que o Plan Xeral está “viciado de orixe”. Seu portavoz explicou onte esta impresión refirindose aos compromisos de edificación solicitados no ámbito rural. Puntualizou que moita xente non presentou solicitudes por temor á posibilidade de que finalmente non chegase a construir nos terreos para os que cursaba o compromiso. López Campos subraiou que o 90% destes compromisos de edificabilidade se traduciron en fincas edificables no Plan Xeral. Esto leva ao portavoz da oposición a manifestar que existen “estradenses de primeira e de segunda”, puntualizando que moitos veciños descoñecían que estas solicitudes serían “a base para a transformación do solo edificable”. “Pintan cunha raia vermella as vivendas tradicionais e incorporan os compromisos de edificación. Todo o demais é solo rústico”, dixo o concelleiro.
Por outra parte, José López indicou que seu grupo está detectando a existencia de “grandes erros de bulto” na planimetría. Sospeita o PP que o equipo redactor podería estar traballando sobre o documento de 2004, o mesmo que tamén presentaba, recordou o edil, erros na planimetría, cuestión que motivou que o documento anterior estivese dúas veces en exposición pública. Apuntou o portavoz do PP que “os mesmos erros da planimetría de 2004 tenos agora a de 2009”. Subraiou seguidamente que estes planos constitúen a documentación base para traballar no Plan Xeral.

Unanimidade nos grupos para sacar adiante o Plan Xeral de Moaña

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

Faro de Vigo- Morrazo - 05.11.09

A comisión de seguimento do PXOM de Moaña, que onte reuniuse por primeira vez en 14 meses, serviu para que todos os grupos municipais acordaran arrimar o hombro para aprobar canto antes un plan que califican como “vital” para o futuro do municipio.
O representante de Arteplán –o equipo redactor–, Manuel Freijeiro, informou aos representantes dos partidos do alcance dos informes desfavorables emitidos por Costas e Patrimonio á proposta de Plan Xeral. “Confirmaron o que xa dixemos nós ao respecto, que o informe de Costas se refire simplemente a pequenos cambios na forma”, explica o edil de Urbanismo, o nacionalista Valentín Piñeiro.
Freijeiro confirmou que están traballando nas novas fichas de elementos patrimoniais para incorporalas ao catálogo exixido pola administración autonómica. Arteplán estará en permanente contacto cos técnicos de Patrimonio, para evitar un tercer informe desfavorable.
O líder do PSOE local, Víctor Pastoriza, tamén confirmou “o compromiso e vontade de todos os grupos para sacar adiante o plan, a pesar dos atrancos que está poñendo a administración”. Este suposto foi corroborado polo concelleiro de InMo, Euloxio Santos Leites.
Pola súa parte, o portavoz do PP local José Fervenza, afirma que seu partido está disposto a “arrimar ó lombo para salvar o PXOM”. Pero para elo pon o requisito de “cumprir cos requisitos de Patrimonio estrictamente, porque a lei é igual para todos os concellos”, justifica.
Por outro lado, Fervenza insistiu na necesidade de celebrar comisions cada quince días para axilizar o proceso. Según Piñeiro, Arteplán reunirá a todos os grupos a medida que vaia avanzando a corrección “e teñan que informarnos dos pasos dados”.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.