replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Artigos etiquetados ‘novo’

Actual Directiva

Escrito por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es

Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es

Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es

Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:

xd.pontevedra@coag.es

Fallo dos Premios Gran de Area 2011

Escrito por mpierres o 19 Maio 2011

gda1-300x1621Adxuntamos a circular e a acta coa resolución dos Premios Gran de Area 2011.

Nota: Pedimos desculpas polo fallo, xa resolto, na ligazón á acta.

ACTA PREMIOS GDA 2011

Ciclo Cine e Arquitectura 2011, mércores día 27 ás 19:30 h

Escrito por mpierres o 10 Abril 2011

O vindeiro mércores día 27 ás 19 h 30 min.  na 2ª planta do Círculo Mercantil de Pontevedra levaráse a cabo  a terceira e última sesión de documentais  dentro do ciclo de CINE E ARQUITECTURA 2011, en colaboración co Cine Clube Pontevedra e a Fundación Caja de Arquitectos. Os horarios das proxeccións son os seguintes:

Ás 19 h 30 min.CINE E ARQUITECTURA. “Renzo Piano. Visitas de obra“. 52´.  DVD. VOSE.

Ás 20 h22 min.CINE E ARQUITECTURA. “Richard Neutra. Casa experimental”. 45´.  DVD. VOSE.

Ás 21 h 7 min.CINE E ARQUITECTURA. “Alvar Aalto. Vila Mairea. A esencia dunha casa”. 50 min.  DVD. VOSE.

BASES PREMIOS GRAN DE AREA 2011

Escrito por mpierres o 7 Marzo 2011

gda1Publícanse as bases dos Premios Gran de Area 2011. En formato pdf:

BASES PREMIOS GdA 2011

ANEXO I

 PRIMEIRA. OBXETO

As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a PROMOTORES, ARQUITECTOS E CONSTRUTORES, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Cada obra é unha pequena, á vez que importante, aportación á ARQUITECTURA, á CREACIÓN e á posta en valor do Entorno.

SEGUNDA. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O criterio de selección será establecido polo xurado, puidendo valorarse a totalidade do Proxecto ou Obra ou, únicamente, un determinado aspecto do mesmo que aporte un carácter singular ou de valor: tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo, implantación no territorio….

TERCEIRA. CONCURSANTES

Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con proxectos redactados ou obras finalizadas, na Provincia de Pontevedra, durante o ano 2010.

CUARTA. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Os autores dos Proxectos facilitarán a información necesaria para valorar a obra e que, como mínimo, será a seguinte:

DOSSIER:

Memoria, en formato DIN A4, máximo 10 páxinas, incluíndo:

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Información sobre a obra: situación, propietario, aparellador, constructora, prazos, presuposto…

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Memoria do arquitecto indicando: necesidades formuladas polo cliente, criterios de deseño.

Documentación gráfica: planos, perspectivas e fotos, en formato DIN A3,

dobrados en formato DIN A4.

CD ou DVD coa documentación en formato PDF (resolución mínima 300 ppp)

Todo irá axeitadamente encadernado e de forma conxunta.

Anexo I debidamente cumprimentado.

QUINTA. PRAZO DE PRESENTACIÓN

A documentación dos proxectos ou obras que optan aos premios deberá entregarse nas Delegacións do COAG en Pontevedra ou Vigo, antes das 14.00h do día 31 de Marzo de 2011.

Direccións Delegacións:

Pontevedra: C/ Pastor Díaz, nº 1-1ºA – CP 36.001

Vigo: C/ Dr. Cadaval, nº 5 – CP 36.202

SEXTA: COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estará composto polas seguintes persoas:

-Presidentes das delegacións de Pontevedra e Vigo ou persoa en quen deleguen

-1 colexiado da Delegación de Vigo con máis de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Pontevedra con máis de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Vigo con menos de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Pontevedra con menos de 25 anos de profesión

-2 colexiados seleccionados entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior.

-O secretario das Delegacións de Vigo ou Pontevedra ou persoa en quen deleguen.

Os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.

SÉTIMA. FALLO

Os premios fallaranse na segunda quincena de abril de 2011, comunicándose oportunamente por circular colexial.

OITAVA. ENTREGA DE DIPLOMAS

Celebrarase un acto de entrega de diplomas tanto aos arquitectos como aos promotores e construtores das obras, que se comunicará oportunamente.

Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias impartidas polos premiados.

Presentación Premios Gran de Area 2011 en Pontevedra

Escrito por mpierres o 2 Marzo 2011

gdaMañá xoves, día 3 de Marzo, ás 12.30h  na sala de actos do edificio do Centro Social Novacaixagalicia, sito na rúa Augusto González Besada nº2 de Pontevedra, terá lugar a presentación dos Premios Gran de Area 2011.

Ésta será a primeira ocasión en que se amplíe o ámbito dos premios a toda a provincia de Pontevedra.

Convidámoste a participar do acto de presentación no que se contará coa presencia das dúas directivas colexiais da provincia, Vigo e Pontevedra así como co Presidente da Comisión de Cultura do COAG, D. Alfredo Díaz Grande.

Proxección Cine Clube Pontevedra: How much does your building weigh, Mr Foster?

Escrito por mpierres o 7 Febreiro 2011

O vindeiro mércores día 23 de Febreiro ás 20 h. proxectarase na segunda planta do Salón do Casino Mercantil e dentro do Ciclo Arquitectura no Cine a película “How much does your building weigh, Mr Foster?”.

Reino Unido e España. 2010

Dirección: Norberto López Amado e Carlos Cercas

Guión: Deyan Sudjic

Producción: Elena Ochoa

Música: Joan Valent

Fotografía: Valentín Alvarez

Montaxe: Paco Cozar

Coa intervención de: Norman Foster, Tony Hunt, George Weidenfeld, Richard Rogers, Bono (U2) e Deyan Sudjic.

Esta inquietante e pouco frecuente pregunta da tíduo a un fastántico documental sobor da vida e obra do mediático arquitecto Norman Foster. Producida pola sua dona Elena Ochoa (Ivory Press) e de capital e manufactura anglo-español, esta película viaxa a traveso de coidadas imaxes pola obra deste persoaxe único. Fotografías en movemento que, especialmente en pantalla grande, fan voar ó espectador por riba do Viaducto de Millau, lle introducen polo interior do aeroporto de Pekín e o Reichstag (ou nas oficiñas de Foster & Partners), ou lle presentan o ambicioso proxecto da cidadede Masdar. Unha oportunidade única de disfrutar non soio da arquitectura, pero tamén do arte, nun documental con poucos peros e moitos activos para aqueles que sepan apreciar unha “Master Piece”. De regalo, música a cargo de Joan Valent (Ínsula Poética); un luxo.

V Premio de Arquitectura Ascensores Enor

Escrito por mpierres o 19 Xaneiro 2011

logo_enor1Convócase a V Edición dos Premios de Arquitectura Ascensores Enor.

O prazo de presentación remata o 15 de marzo do 2011.

Podedes consultar as bases na seguinte ligazón.

bases-v-premio-de-arquitectura-ascensores-enor1

Resultado Poxa Mobiliario Delegación de Pontevedra

Escrito por mpierres o 28 Decembro 2010

Publícase o listado cos valores finais obtidos para cada obxecto e os códigos correspondentes a cada ofertante.

Nota: As ofertas individuais por obxectos que foron superadas por unha oferta conxunta da serie de obxectos correspondentes non se publican. O mesmo ocorre ó contrario, non se publican as cantidades ofertadas por unha serie conxunta que foron superadas pola suma de varias individuais.

resultado-subasta-mobiliario-delegacion-pontevedra

Hoxe luns 27 , derradeiro día para a “Poxa de mobiliario da Delegación de Pontevedra”

Escrito por mpierres o 19 Decembro 2010

Luminaria SEKANT suspendidaCo gallo do traslado á nova sé da Delegación pontevedresa, procederase a partir deste luns día 20 á venta entre os colexiados, con prioridade de aqueles que estean colexiados a día de hoxe na nosa Delegación, mediante a modalidade de poxa, daquel mobiliario e obxectos sen cabida no novo espacio.

O procedemento a seguir, e co fin de velar pola igualdade de oportunidades, será o seguinte:
- Cada obxecto ou moble terá un Número Identificativo, visible na exposición do mesmo, e que corresponderá con aquel outorgado no listado ( números en vermello), así coma un prezo que será o que corresponda ao prezo mínimo de partida na poxa (prezo que incluirá o 18% do IVA correspondente).
- As características dos mobles, os números identificativos e prezos de partida poderanse consultar nun listado durante todos os días que dure a poxa tanto no apartado xerado na web coma na propia Delegación en formato papel e in situ.
- Existirá a opción dentro do listado de optar a “grupos de obxectos”, que posuirán tamén un Número Identificativo propio. Esta opción trata de favorecer a aqueles que opten a un conxunto de mobles dunha mesma serie. Neste caso, primará a oferta grupal fronte á individual, sempre que a primeira non baixe dun 20% fronte á suma das posibles ofertas individuais recibidas. No caso de que un colexiado queira optar a máis dun obxecto dunha serie, pero non á totalidade, deberá sinalar o Número identificativo no interior do sobre seguido do número de unidades ás que opta. Por exemplo: Nº 14 (2 unidades) Si se opta a unha soa bastará con indicar o Número Identificativo, sin máis especificacións.

- O período de poxa comprenderá desde o luns día 20 ás 10:00 h ata o luns día 27 ás 14:30 h.

- Os colexiados interesados nalgún moble ou obxecto entregarán na Delegación, un sobre pechado, que deberá selarse co selo de rexistro do COAG para que poida ser considerado como puxa válida , coa súa oferta económica. No exterior indicarán o número identificativo do obxecto seguido de catro letras aleatorias a elixir polo colexiado e no interior, novamente, o número identificativo, o código das catro letras , a cifra en euros da súa poxa, e o nº de colexiado, segundo modelo adxunto. A entrega das ofertas poderá realizarse nos horarios de oficina habituais.
É fundamental rexistrar a entrada do sobre coa oferta, pois pode darse o caso dunha mesma oferta para un mesmo obxecto. Neste caso sería o de data de rexistro anterior e dun colexiado de la delegación Pontevedra, ó que se lle outorgaría o ben. Aconséllase non perder a copia da folla de rexistro, pois este será o único método para reclamar a autoría da oferta e polo tanto a súa adxudicación.

O martes día 28 de Decembro comunicarase na web e cun listado visible na Delegación o resultado entre os colexiados cos prezos definitivos acadados por cada obxecto, e os números de rexistro que corresponden ás ofertas gañadoras. En caso de renuncia por parte dalgún dos adxudicatarios outorgaráse o obxecto á seguinte oferta máis alta.

Nota: Os bens ou obxectos deberán ser retirados da delegación por parte dos colexiados antes do día 5 de xaneiro, día en que a actual Delegación debe estar baleira. Será imprescindible o pago previo á retirada do moble, expedíndose
a correspondente factura.

A continuación, en documentos pdf adxuntos podedes consultar a relación do mobiliario dispoñible na poxa:

RELACIÓN MOBILIARIO CON CÓDIGOS E PREZOS DE PARTIDA (19 páxinas)

Páxina1

Páxina2

Páxina 3

Páxina 4

Páxina 5

Páxina 6

Páxina 7

Páxina 8

Páxina 9

Páxina 10

Páxina 11

Páxina 12

Páxina 13

Páxina 14

Páxina-15

Páxina 16

Páxina 17

Páxina 18

Páxina 19

Participación colexiados e criterios de publicación

Escrito por mpierres o 26 Novembro 2010

Se recuerda desde estas líneas la invitación a los colegiados de la Delegación al envío de artículos que deseen ser publicados. Dicha invitación se ha reiterado en diversas ocasiones a través de Circulares y Notas en la web. La selección actual de los contenidos se basa primordialmente en la disponibilidad de las noticias en los formatos web de las diferentes publicaciones digitales de los diarios, medios de prensa, y blogs de arquitectura. Esto hace que no siempre sea posible, por cuestiones de agilidad, colgar noticias sólo publicadas en formato papel.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.