Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Artigos etiquetados ‘Gran de Area’
Bases de los premios Gran de Area
El día 8 de junio fueron publicadas en la circular nº5 de Pontevedra las bases de los premios Gran de Area 2012.
Podéis ver las mismas pulsando en el siguiente enlace
Acto de entrega de los Premios Gran de Area 2011
Onte tivo lugar na sé da Delegación en Vigo do COAG o acto de entrega dos Premios Gran de Area 2011.
Presidiron o acto os presidentes saíntes e entrantes das novas Xuntas Directivas das Delegacións de Pontevedra e Vigo, organizadores dos Premios.
Esta foi a primeira ocasión en que ambas Delegacións participan conxuntamente nos Premios, ampliándose o ámbito a toda a Provincia de Pontevedra. Tamén foi a primeira ocasión en que se premia a labor non só dos arquitectos e promotores, senón tamén dos constructores, coma parte importante do resultado final das obras.
Numerosas autoridades, promotoras, de moitos dos proxectos premiados acudiron ao acto.
Podes acceder a continuación varias imaxes da celebración levada a cabo.
Jueves 26 de Mayo, Acto de entrega de los Premios Gran de Area 2011
“Os Premios GranDeArea de aportación á Arquitectura, convocados polas Delegacións do COAG en Pontevedra e Vigo, supoñen un recoñecemento aos ARQUITECTOS, PROMOTORES e CONSTRUTORES polo seu labor necesariamente conxunto para obter, máis aló dun produto, unha expresión arquitectónica do feito cultural actual.”
Os premios GrandeArea 2011 contaron coa novidade da ampliación do ámbito dos premios a toda a provincia de Pontevedra, podendo participar todos os colexiados do COAG que tivesen algún proxecto ou obra levada a cabo durante os anos 2009 e 2010 e dentro do ámbito provincial. Presentáronse un total de 79 proxectos.
O xurado reunido o día 29 de abril de 2011, acordou premiar 22 proxectos de 21 estudios de arquitectura, tal e como se recolle na Acta do xurado adxunta.
O acto de entrega dos diplomas terá lugar o próximo xoves día 26 de maio ás 20:00 horas na Sede da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia, situada na rúa Doutor Cadaval 5 de Vigo, ó que quedan convidados todos os colexiados.
Fallo de los Premios Gran de Area 2011
Adjuntamos la circular y el acta con la resolución de los Premios Gran de Area 2011.
Nota: Pedimos disculpas por el fallo, ya resuelto, en el enlace al acta.
Premios Gran de Area 2011: aumento do prazo de presentación
O prazo de entrega para presentación dos proxectos participantes na convocatoria 2011 dos Premios Gran de Area prolóngase ata o vindeiro luns día 4 de Abril.
BASES PREMIOS GRAN DE AREA 2011
Ante as diversas consultas recibidas por parte de colexiados en
torno aos criterios para concursar nesta edición 2011 dos premios Gran
de Area, as directivas das Delegacións de Pontevedra e Vigo queren
aclarar o seguinte:
Modifícase a cláusula TERCEIRA. CONCURSANTES das Bases
publicadas pasando a figurar o seguinte:
TERCEIRA. CONCURSANTES
Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados
do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con proxectos
redactados ou obras finalizadas, na Provincia de Pontevedra,
durante o ano 2009 e 2010. Quedarán excluídos aqueles
proxectos que aínda sendo redactados no 2009 xa foran
presentados á convocatoria anterior destes Premios
BASES PREMIOS GRAN DE AREA 2011
Publícanse as bases dos Premios Gran de Area 2011.
En formato pdf:
PRIMEIRA. OBXETO
As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a PROMOTORES, ARQUITECTOS E CONSTRUTORES, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.
Cada obra é unha pequena, á vez que importante, aportación á ARQUITECTURA, á CREACIÓN e á posta en valor do Entorno.
SEGUNDA. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O criterio de selección será establecido polo xurado, puidendo valorarse a totalidade do Proxecto ou Obra ou, únicamente, un determinado aspecto do mesmo que aporte un carácter singular ou de valor: tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo, implantación no territorio….
TERCEIRA. CONCURSANTES
Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con proxectos redactados ou obras finalizadas, na Provincia de Pontevedra, durante o ano 2010.
CUARTA. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Os autores dos Proxectos facilitarán a información necesaria para valorar a obra e que, como mínimo, será a seguinte:
DOSSIER:
Memoria, en formato DIN A4, máximo 10 páxinas, incluíndo:
- Información sobre a obra: situación, propietario, aparellador, constructora, prazos, presuposto…
- Memoria do arquitecto indicando: necesidades formuladas polo cliente, criterios de deseño.
Documentación gráfica: planos, perspectivas e fotos, en formato DIN A3,
dobrados en formato DIN A4.
CD ou DVD coa documentación en formato PDF (resolución mínima 300 ppp)
Todo irá axeitadamente encadernado e de forma conxunta.
Anexo I debidamente cumprimentado.
QUINTA. PRAZO DE PRESENTACIÓN
A documentación dos proxectos ou obras que optan aos premios deberá entregarse nas Delegacións do COAG en Pontevedra ou Vigo, antes das 14.00h do día 31 de Marzo de 2011.
Direccións Delegacións:
Pontevedra: C/ Pastor Díaz, nº 1-1ºA – CP 36.001
Vigo: C/ Dr. Cadaval, nº 5 – CP 36.202
SEXTA: COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado para a avaliación das obras presentadas, estará composto polas seguintes persoas:
- Presidentes das delegacións de Pontevedra e Vigo ou persoa en quen deleguen
- 1 colexiado da Delegación de Vigo con máis de 25 anos de profesión
- 1 colexiado da Delegación de Pontevedra con máis de 25 anos de profesión
- 1 colexiado da Delegación de Vigo con menos de 25 anos de profesión
- 1 colexiado da Delegación de Pontevedra con menos de 25 anos de profesión
- 2 colexiados seleccionados entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior.
- O secretario das Delegacións de Vigo ou Pontevedra ou persoa en quen deleguen.
Os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.
SÉTIMA. FALLO
Os premios fallaranse na segunda quincena de abril de 2011, comunicándose oportunamente por circular colexial.
OITAVA. ENTREGA DE DIPLOMAS
Celebrarase un acto de entrega de diplomas tanto aos arquitectos como aos promotores e construtores das obras, que se comunicará oportunamente.
Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias impartidas polos premiados.
Acto de Presentación dos Premios Gran de Area 2011
Onte tivo lugar a presentación dos Premios Gran de Area 2011 no salón de actos do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra.
Ao acto asistiron o Decano do COAG, D. Celestino Garcia Braña e as directivas das dúas Delegacións pontevedresas do COAG, Vigo e Pontevedra.
Podedes consultar aquí algunhas imaxes do acto, no que se incluiu o acto de homenaxe aos colexiados de recente incorporación, e aos que cumpriron 25 e 50 anos de colexiación.
Presentación Premios Gran de Area 2011 en Pontevedra
Mañana jueves, día 3 de Marzo, a las 12.30h en la sala de actos del edificio del Centro Social Novacaixagalicia, sito en la calle Augusto González Besada nº2 de Pontevedra, tendrá lugar la presentación de los Premios Gran de Area 2011.
Ésta será la primera ocasión en que se amplíe el ámbito de los premios a toda la provincia de Pontevedra.
Te invitamos a participar del acto de presentación en el que se contará con la presencia de las dos directivas colegiales de la provincia, Vigo y Pontevedra así como con el Presidente de la Comisión de Cultura del COAG, D. Alfredo Díaz Grande.