replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2015. PENDELLOS DE AGOLADA

Escrito por mabelleira o 28 Setembro 2015

ACTOS PROGRAMADOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA

LUNS 5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA
Como cada ano no primeiro luns de outubro, celébrase o Día Mundial da Arquitectura, recollendo nesta ocasión o COAG o lema marcado pola UIA ( Unión Internacional de Arquitectos) e que este ano 2015 é “Arquitectura, Construción, Clima. Compromisos e Solucións”.

Trátase de pór de relevo o deseño responsable, os seus efectos no desenrolo das cidades e edificacións.  Promover accións e solucions que poden ofrecer a arquitectura e o deseño urbano para facer fronte a un dos problemas máis grandes dos nosos tempos, o cambio climático.

Moitas son pezas da nosa arquitectura tradicional que durante anos serviron a ese cometido, muíños, lavadoiros, torres de alarma, pendellos, pozos, mercados, etc…arquitecturas moitas delas de  uso comunitario, que permitiron a sostibilidade non só de comunidades, senón aproveitar ao máximo os recursos naturais e materiais para permitir ou preservar os cultivos, actividades gandeiras, seguridade cidadá, mellora dos abastecementos e relacións comerciais, etc…

Con este motivo invitouse a todos os concellos do noso ámbeto a propoñer a visualización das arquitecturas tradicionais que cumplisen estas premisas, seleccionándose unha delas, “Os Pendellos de Agolada”, datado a finais do século XVIII, coma un dos máis claros e singulares exemplos da nosa provincia.

A Delegación en Pontevedra convoca  así a tódos os colexiados, autoridades e todas aquelas persoas interesadas en participar, aos ACTOS PROGRAMADOS para o vindeiro luns día 5 de Outubro a partires das 17:00h nos Pendellos de Agolada.

O programa de actos para ese día será:
17:00h : discurso de benvida das autoridades colexiais, axentes sociais e políticos
17:20h: visita ao conxunto  historico-artistico acompañados dos arquitectos directores da obra de restauración.
18:00h: xunto coas autoridades invitadas ao acto, descubrirase unha placa conmemorativa do día.
18:15 finalizarase o acto coa degustación dun pincho galego.

En colaboración co Concello de Agolada a Delegación do COAG en Pontevedra porá un autobús a disposición dos colexiados e acompañantes que queiran achegarse ese día , e que sairá de Pontevedra, da Praza de Galicia ás 15:45h (diante Hiperxel), e regreso a Pontevedra ás 20:00h,  debendo realizar unha reserva de praza previa enviando un mail á seguinte dirección:xd.pontevedra@coag.es, ou ben chamando ao tlf 655081790.

NOTA:as prazas adxudicaránse por estrita orde de inscrición.

CICLO DE DOCUMENTAIS DE ARQUITECTURA

Dentro da programación dos actos de celebración do Día Mundial da Arquitectura, e como cada ano prográmanse, en colaboración co Cine Clube Pontevedra e a Fundación Caixa de Arquitectos, para o mes de outubro a proxección de varios documentais de arquitectura. A relación dos mesmos e días de proxección son:
Martes 6 de outubro: 4 documentais de J.S. Bollaín

  1. Sevilla en tres niveles*
  2. Soñar con Sevilla I (Sevilla tuvo que ser).**
  3. Soñar con Sevilla  III (La ciudad es el recuerdo)***
  4. La alameda.****
  1. J.LL. Sert Un sueño nómada.
  2. Manolo Gallego

Martes 20 de outubro:

Ficción Inmobiliaria  I e II*****
*****Ver Sinopsis:
http://fundacion.arquia.es/es/mediateca/filmoteca/Ficcion/Detalle/14?seccion=FIC&catalogo=1

Nota: lugar e hora das proxeccións por confirmar, a anunciar nos vindeiros días.

A Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG

Artigos semellantes
Publicado en Novas

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.