replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Dia Mundial da Arquitectura: Poboado mineiro de Fontao. Vila de Cruces. 3 de outubro de 2012.

Escrito por mabelleira o 27 Setembro 2012

Como cada ano na primeira semana de outubro, celébrase o Día Mundial da Arquitectura.

Nesta ocasión a UIA ( Unión Internacional de Arquitectos) elexiu como tema que vertebrará todos os actos convocados para dito día, “O Arquitecto como transformador da cidade”.fontao-011

No ámbeto español e da man da Fundación DOCOMOMO Ibérico vaise así a adicar o Día da Arquitectura 2012 á colocación de placas informativas en edificios senlleiros da arquitectura moderna incluidos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico. Este programa estáse realizando en colaboración cos Colexios Oficiais de Arquitectos de España e a Ordem dos Arquitectos de  Portugal e do  Consello Superior de Colexios Oficiais de Arquitectos. de España.

Nesta edición vanse colocar 64 placas en toda España, co obxectivo de ir ampliando este número nun futuro.

A Delegación en Pontevedra do COAG é , dentro do ámbeto galego unha das tres Delegacións ás que se lles outorga unha destas placas, que será colocada no Poboado Mineiro de Fontao, obra do arquitectos D.César Cort Gómez-Tortorsa e D.Joaquín Basilio Bas, e construido no concello pontevedrés de Vila de Cruces nos anos 50 do século pasado, exemplo indiscutible dunha época e un xeito de facer arquitectura.

Convócase así a tódolos colexiados, autoridades e todas aquelas persoas interesadas en participar, aos ACTOS PROGRAMADOS para o mércores día 3 de Outubro a partires das 16:30h  no recinto do Poboado de Fontao, en Vila de Cruces, seguindo a seguinte:

ORDE DE ACTOS

Ás 16:30h haberá unha visita guiada polo arquitecto director das obras de rehabilitación, D. Eugenio Jimenez Passolas,  segundo proxecto redactado por Enrique Barreiro Arquitectos, ás instalacións que conforman o conxunto do Poboado Mineiro de Fontao.

Ás 18:00h, no edificio do auditorio (antigo Cine) acompañados das autoridades asistentes, e o Director do Museo Mineiro de Fontao, procederáse á:

-               colocación dunha placa no antigo edificio do Cine, otorgada polo D.O.C.O.M.O.M.O Ibérico (documentación e conservación da arquitectura e o urbanismo do movemento moderno) e que confirma ó conxunto do Poboado Mineiro coma obra destacada do Movemento Moderno, describíndoo coma “..un coherente conxunto, que fai  de O Fontao unha das obras máis singulares e valiosas do patrimonio moderno.”

-               adicación da praza do Cine do Poboado ao arquitecto  D. Joaquín Basilio Bas, co descubrimento dunha placa co nome do mesmo.

NOTA IMPORTANTE: A Delegación disporá un autobús que sairá ás 15:30h dende a Praza de Galicia cara Vila de Cruces, a disposición de todos aqueles colexiados que queiran acudir á visita e actos programados. A volta está prevista sobre as 20:00h con chegada ás 21:00h a Pontevedra.

É precisa a inscrición previa para asegurarse a praza na seguinte dirección mail: xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.