replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

URXENTE: Invitación do Concello de Poio para participar en procedemento de contratación

Escrito por wlopez o 22 Agosto 2011

COMUNICACIÓN A TODOS/AS OS/AS COLEXIADOS/AS:

O concello de Poio (Pontevedra) precisa contratar un equipo técnico e administrativo para desempeñar as funcións de mantemento da oficina municipal de rehabilitación do Conxunto Histórico-Artístico de Combarro-portelos únicos de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 e doutras actuacións en materia de vivenda (segundo consta no prego de prescricións técnicas).

A contratación efectuarase por procedemento negociado sen publicidade e trámite urxente. Por tal motivo, o concello remite a información e documentación ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para súa difusión entre os colexiados, para que, si resulta de interese, poidan presentar a correspondente proposta.

Prazo e lugar de presentación das propostas: 8 días naturais desde a difusión da información sendo o último día o 27 de agosto de 2011. Lugar: rexistro do concello ou por correo.

Duración do contrato: un ano desde a súa firma podendo prorrogarse ata o 31 de decembro de 2012.

Orzamento: 38.697,49 € máis 6.965,55 € de IVE, cun importe total de 45.663,04 € (este orzamento responde á subvención que a Xunta de Galicia concede ao concello para mantemento da oficina de rehabilitación).

Composición mínima do equipo: punto III do prego de prescricións técnicas: un arquitecto superior, un arquitecto técnico, un técnico superior en desenvolvemento e aplicación de planos de obra (o concello aclarou que este técnico fai referencia á figura de delineante) e un adminsitrativo ou auxiliar adminsitrativo.

Documentación a presentar: cláusulas sexta e décima do prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

Os interesados en presentar proposta deberán facer constar, así mesmo, que obtiveron a información a través do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Adxuntase a esta comunicación os pregos de cláusulas adminsitrativas particulares e prescricións técnicas.

Persoa de contacto no concello de Poio: Mercedes Conchón López: : mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 986770001-EXT. 213

Máis información prema aquí

Aclaración obxecto do contrato

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Novas

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.