replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

“As dificultades son acicates”. Entrevista: Carlos Quintáns

Escrito por mpierres o 2 Maio 2011

carlos-quintansLa Voz de Galicia - Nacho Mirás Fole -02.05.2011

Consola escoitar que as puñaladas urbanísticas que desangran a Galicia poden ter cura, que o tempo de espremer a paisaxe pasou. Carlos Quintáns Eiras (Senande-Muxía, 1962) é un deses arquitectos que usan o lapis para acariñar a paisaxe, non para cravalo nel.

-Seguro que a crise do ladrillo non vén acompañada de crise de creatividade…

-Sempre pensei que as dificultades son acicates. As crises son dolorosas, pero son boas porque che forzan a facer cousas. A crise tamén permite visualizarnos a aqueles que estabamos a ter unha actitude distinta. Desde o punto de vista educativo, este momento é especial.

-¿Pero non resulta frustrante proxectar e non poder construír?

-Depende. Se cadra, antes estábanse construíndo cousas que non valían a pena.

-Teñen fama de ser profesionais caros…

-Algúns arquitectos. Cando che compras un coche, que pode ter unha franxa de vida duns dez anos, ¿canto tempo dedicas a pensar que coche vasche comprar? Posiblemente, unha décima parte do tempo que vai durar. A túa vivenda é o maior investimento de toda a túa vida. Ten unha duración mínima de cincuenta anos. Deberías dedicarlle a pensala, polo menos, tanto tempo como ao coche. Non ten sentido buscar o mellor médico, o mellor concesionario de coches e , con todo, un arquitecto que che diga a todo que si, que non che axude a razoar e que se limite a ver como podes legalizar a obra e xa. Un arquitecto non ten por que ser máis caro.

-Difícil atopar un alcalde que non queira transcender cunha gran obra pública, faga ou non faga falta…

-Alcaldes e outros políticos. A xente é cada vez máis consciente de que hai cousas que non é necesario facer. Hai que saber explicar onde se gasta o diñeiro e onde non. Cada un debe saber onde está a rendibilidade política, pero non se pode gastar o diñeiro inutilmente.

-Alguén como vostede, que crea, que racionaliza, ¿non sofre vendo como está Galicia?

-Pódese arranxar. Pero hai que ver isto como unha guerra. Ou, como dixo Manolo Rivas, é un pobo que se está matando a si mesmo. Pero si ten remedio.

-¿Metendo a pa?

-Hai que derrubar moitas cousas, evidentemente, pero ten que haber un momento no que se pare a destrución. Podes varrer a casa cando non a estás ensuciando ao mesmo tempo. Unha vez que paremos de ensuciar, poderemos varrer. Á marxe da pa, haberá situacións nas cales unha certa destrución poida xerar un bo remedio. O que non entendo é que haxa quen saque rendibilidade política permitindo a destrución do país.

-Pero se derruba pouco, ¿non? Saen sentenzas, pero se executan poucas…

-É certo que se fala de edificios que son moi daniños e que se deben tirar. Pero, posiblemente, son daniñas pezas moito máis pequenas sobre as que non hai sentenzas. É necesario derrubar; agora ben: están a producirse derribas en lugares onde non eran necesarios. O recente si que convén derrubalo, e canto antes; hai que dar mostras de saúde. Pero, insisto, aquilo que, se se derruba, mellora significativamente o lugar. ¿Que se gañou tirando o chiringuito da praia de Mera?

-¿Que parte de culpa teñen os arquitectos nas barbaridades urbanísticas?

-Moitas veces é o estimulador do dano. Pero é coma se vas a un médico que ten un pésimo historial. Cando alguén vai falar co arquitecto xa sabe con quen trata, as súas obras están á vista.

-¿A saída profesional pasa por emigrar?

-En España estamos moi ben formados, por iso un arquitecto español está moi ben valorado en calquera parte do mundo. Pero a profesión ten máis saídas que unicamente a construción.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.