replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

BASES PREMIOS GRAN DE AREA 2011

Escrito por mpierres o 7 Marzo 2011

gda1Publícanse as bases dos Premios Gran de Area 2011. En formato pdf:

BASES PREMIOS GdA 2011

ANEXO I

 PRIMEIRA. OBXETO

As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a PROMOTORES, ARQUITECTOS E CONSTRUTORES, pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Cada obra é unha pequena, á vez que importante, aportación á ARQUITECTURA, á CREACIÓN e á posta en valor do Entorno.

SEGUNDA. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O criterio de selección será establecido polo xurado, puidendo valorarse a totalidade do Proxecto ou Obra ou, únicamente, un determinado aspecto do mesmo que aporte un carácter singular ou de valor: tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo, implantación no territorio….

TERCEIRA. CONCURSANTES

Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con proxectos redactados ou obras finalizadas, na Provincia de Pontevedra, durante o ano 2010.

CUARTA. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Os autores dos Proxectos facilitarán a información necesaria para valorar a obra e que, como mínimo, será a seguinte:

DOSSIER:

Memoria, en formato DIN A4, máximo 10 páxinas, incluíndo:

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Información sobre a obra: situación, propietario, aparellador, constructora, prazos, presuposto…

<!–[if !supportLists]–>- <!–[endif]–>Memoria do arquitecto indicando: necesidades formuladas polo cliente, criterios de deseño.

Documentación gráfica: planos, perspectivas e fotos, en formato DIN A3,

dobrados en formato DIN A4.

CD ou DVD coa documentación en formato PDF (resolución mínima 300 ppp)

Todo irá axeitadamente encadernado e de forma conxunta.

Anexo I debidamente cumprimentado.

QUINTA. PRAZO DE PRESENTACIÓN

A documentación dos proxectos ou obras que optan aos premios deberá entregarse nas Delegacións do COAG en Pontevedra ou Vigo, antes das 14.00h do día 31 de Marzo de 2011.

Direccións Delegacións:

Pontevedra: C/ Pastor Díaz, nº 1-1ºA – CP 36.001

Vigo: C/ Dr. Cadaval, nº 5 – CP 36.202

SEXTA: COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estará composto polas seguintes persoas:

-Presidentes das delegacións de Pontevedra e Vigo ou persoa en quen deleguen

-1 colexiado da Delegación de Vigo con máis de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Pontevedra con máis de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Vigo con menos de 25 anos de profesión

-1 colexiado da Delegación de Pontevedra con menos de 25 anos de profesión

-2 colexiados seleccionados entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior.

-O secretario das Delegacións de Vigo ou Pontevedra ou persoa en quen deleguen.

Os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.

SÉTIMA. FALLO

Os premios fallaranse na segunda quincena de abril de 2011, comunicándose oportunamente por circular colexial.

OITAVA. ENTREGA DE DIPLOMAS

Celebrarase un acto de entrega de diplomas tanto aos arquitectos como aos promotores e construtores das obras, que se comunicará oportunamente.

Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias impartidas polos premiados.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.