replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O arquitecto Carlos X. Berride

Escrito por mpierres o 1 Marzo 2011

Fonte: Xornal.com - Antón Patiño

MARCHOU UN DOS BOS e xenerosos. Somos moitos os que podemos dar testemuña da xenerosidade humana e compromiso social de Carlos X. Berride, o arquitecto falecido hai uns días na cidade de Vilagarcía de Arousa. Onde naceu e desenvolveu a meirande parte da súa vida e actividade profesional.

Aínda recordo cando coñecín a Carlos Berride, en Madrid no 1975. Algún universitario galego pendurara un cartel (na cafetaría de Belas Artes) convocando unha homenaxe a Castelao. Chamou a miña atención o deseño do cartel. Nun recanto un teléfono de contacto cun nome: Carlos X. Berride. Daquela era estudante na Facultade de Arquitectura na Complutense. Xurdeu unha amizade instantánea e decontado moitas aventuras compartidas. Fixemos xuntos unha chea de actividades vinculadas ao deseño gráfico a través de carteis e portadas de libros. Logo integramos o Colectivo da Imaxe (xunto a Jorge Agra e Menchu Lamas). O noso eido de investigación eran esculcas ao redor das claves dunha identidade visual na cultura galega. Persoalmente aprendín moito de Carlos Berride, nas longas sesións de traballo no Colegio Mayor Santa María de Europa onde el residía. O que me chamou sempre a atención foi o seu método (rigor e orde coa que desenvolvía as ideas). Tiña unha grande intuición conceptual, moi ben adestrada para se centrar nos temas con precisión. Dende a miña anarquía creativa atopei un vieiro de obxectividade e sosego produtivo na súa forma de traballar. Para min Carlos foi un mestre pola súa intelixencia analítica. O Colectivo da Imaxe tiña un ideario de comunicación visual perto do Laboratorio de Formas. Fixemos durante anos un traballo intenso, a acción máis rechamante foi a exposición que organizamos en Vigo na Praza da Princesa (1977). Unha proposta interdisciplinar e rupturista, con achegas experimentais de tipo conceptual cunha boa mestura de medios e soportes. Madeiras recortadas con obras de Menchu Lamas. Fotos de Agra e Berride. Sobre un retrato do guerrilleiro O´Foucellas incorporei grafismos e cores. Armárase unha boa. Aquela obra provocou un intento de censura por parte dos coordinadores e nós mantivemos firmeza en defensa da liberdade de expresión. Conquerimos que o O´Foucellas estivera presente todo o tempo da mostra.

Agra+Berride foi a sinatura compartida coa que presentaron moitas propostas lendarias, con fotos manipuladas con tramas cromáticas e imaxes solarizadas. Anos intensos e hiperactivos, con exposicións arreo. O seu traballo acadou notoriedade ata fóra de Galicia, espertou o interese de creadores como Alberto Corazón. Desenvolven un programa de axitación cultural, que me obrigou a viaxar a Vilagarcía para facer un mural na rúa e outro en Baión. Para min sempre foi un pracer enorme colaborar naqueles traballos de dinamización cultural, coa posibilidade de ver a reacción da xente nunha interacción inmediata.

Todo o traballo de Berride foi na procura desa dimensión popular por iso non me estrañou que dera o paso de se incorporar a política activa en Vilagarcía (1991-1999) na alcaldía de Javier Gago. Xornal de Galicia recolleu información do día de loito decretado polo Concello coa bandeira a media asta. Non era Carlos X. Berride dos que gostaban de xestos solemnes mais cómpre agradecer as manifestacións de solidariedade e apoio afectivo cara expresar a súa vida e obra, o seu carácter afable e cordial, a súa xenerosidade humana inesquencíbel. “Aquel mundo de home”: díxome o escultor Leiro. Adeus amigo Berride, talla XL da mellor humanidade.

Tags:

Artigos semellantes
Publicado en Novas, Obituario

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.