replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O plan do litoral impide a 12 concellos edificar na franxa de 500 metros

Escrito por mpierres o 20 Febreiro 2011

La Voz de Galicia-serafín Lorenzo -santiago / 20/2/2011

Blinda a protección no 93% do chan urbanizable dentro desa área e no 87% de toda a fachada costeira

O veto que o plan do litoral impón ao desenvolvemento do 93% do chan que os concellos clasificaron como urbanizable en primeira liña de costa volverá pór a proba a vontade política real de cumprir regras urbanísticas modélicas na súa formulación que despois non se aplican ou que quedan desvirtuadas na súa vocación proteccionista por medio de sucesivas reformas. A experiencia da Lei do Solo, que a Xunta substituirá por un novo marco normativo despois de modificala sete veces en oito anos de vixencia, non representa a mellor credencial para o Goberno.

O documento, que entrará en vigor cunha publicación no Diario Oficial de Galicia que está prevista para a semana entrante, mantén unhas restricións elevadas en relación á lei cautelar que paralizou a construción durante case catro anos a menos de 500 metros do mar. O plan clausura de forma definitiva 6.825 das 7.374 hectáreas de chan urbanizable que bloqueara nesa área a norma que promoveu o bipartito e que o Executivo de Feijoo prorrogou en dúas ocasións. En consecuencia, queda vetada a posibilidade de edificar vivendas no 92,55% da superficie que estaba tipificada como apta para a súa urbanización na primeira liña de costa.

 

 

Ponteceso, municipio vedado

O plan anula o 100% do chan urbanizable de 12 concellos na franxa dos 500 metros. Ares, Cabanas, Carballo, Cee, Muxía, Rianxo, Cervo, Foz, Catoira, Oia, Redondela e Vilanova de Arousa non poderán construír en primeira liña de costa. Entre estes municipios, nos que a paralización que impuxo a lei cautelar terá xa que logo carácter permanente, a incidencia é maior en Cervo (onde se anulan as 528 hectáreas de chan urbanizable nesa área), Foz (503) e Carballo (204).

Pero o plan do litoral ten máis efecto noutros concellos nos que, aínda que abre ao ladrillo unha mínima parte do chan urbanizable, bloquea unha superficie maior. O que perde máis terreo para edificar é Ponteceso, onde a ordenación paraliza 1.503 das 1.509 hectáreas que ten na área dos 500 metros. O mesmo sucede en Sanxenxo, que perde para a construción 469 das 508 hectáreas nesa franxa; Vilagarcía, que cede 461 de 469; Cabana de Bergantiños, que só poderá edificar nunha hectárea de 280; Ribadeo, onde se paralizan 277 das súas 281 hectáreas urbanizables; Narón, que poderá desenvolver 13 hectáreas sobre 267; e Fene, que conserva 23 de 226.

O documento, que a pesar de chegar seis anos máis tarde do previsto na Lei do Solo permite a Galicia deixar de ser a única comunidade do arco atlántico sen ordenar a súa costa, habilita a construción en 549 hectáreas dentro dos 500 metros e en 777 máis aló. Nesa zona na que a lei do bipartito non estableceu protección cautelar, o plan paraliza 2.600 das 3.378 hectáreas de chan urbanizable.

Se non se ten en conta a referencia dos 500 metros, a ordenación permite construír en 1.326 das 10.752 hectáreas de chan urbanizable dos 77 municipios nos que se aplicará, xa que quedan eximidos os 5 con plans adaptados á Lei do Solo: Vigo, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Laxe e Outes. A esa superficie edificable hai que sumar 386 hectáreas máis que o plan clasifica como de grao 2 e cuxo desenvolvemento queda suxeito á tutela da Xunta.

Tags: ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.