Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
La Fundación Juana de Vega premia una vivienda de Nigrán
Os arquitectos vigueses Quintela Porro e Mónica Díaz obtiveron un accésit por unha casa unifamiliar no Quinteiro
O xurado do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2010 outorgou un accésit aos arquitectos vigueses José Luis Quintela Porro e Mónica Díaz Rodríguez polo seu proxecto, de vivenda unifamiliar, realizado no Quinteiro (Nigrán). Os membros do xurado destacaron a solución exterior simple, «que oculta unha sección complexa, así como o nivel inferior, illado do superior e de concepción moi eficaz, que discorre baixo a terraza da piscina e resérvase para as actividades lúdicas». Para rematar, o xurado subliñou que «o conxunto transmite unha idea de contención concisa e valórase o bo uso dos materiais». A sede da Fundación Juana de Vega , en Oleiros, acolleu onte a entrega do Premio Juana de Vega de Arquitectura 2010, creado para recoñecer o labor dos arquitectos que, cos seus proxectos, contribúen á mellora das condicións de vida do ámbito rural galego, ao respecto pola súa contorna e ao mantemento da calidade paisaxística do territorio. Este galardón é o de maior dotación que se convoca en Galicia para proxectos de arquitectura. Nel prémiase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, terminada en Galicia no ano natural anterior á convocatoria, neste caso 2009. O xurado valora especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.
José Luis Quintela é fillo da presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo Corina Porro. O ano pasado, participou como arquitecto colaborador no plan especial de acondicionamento do eixo avenida de Castelao-avenida de Europa. Xunto con Mónica Díaz, realizou tamén un proxecto de rehabilitación dunha vivenda en Tui.
Tags: Juana de Vega, premios
- Xornada técnica VEKA 24 de maio .19.30h
- Curso Revit nivel básico. Pontevedra
- Convocatoria de Xunta Ordinaria de Delegación o vindeiro 28 de abril