replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O Alcalde e o Conselleiro de Cultura presentan o proxecto gañador do concurso de ideas do Museo da Romanización

Escrito por mpierres o 16 Xuño 2010

El Correo Gallego - 15.06.2010

O investimento previsto é de 10 millóns de euros//O Alcalde convidou ó Conselleiro a asistir ós actos de Lugo10

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaron hoxe o proxecto que gañou o concurso de ideas do anteproxecto para  rehabilitar o Cuartel de San Fernando e convertilo no Centro de Interpretación e Museo da Romanización.

A proposta gañadora Perseo é dos arquitectos madrileños Pedro Colón de Carvajal Solís e Raquel Buj García, autores entre outros proxectos do Monumento ás Vítimas do 11-M. Foi elixida entre as 70 propostas presentadas.

No acto o Alcalde manifestou que coa rehabilitación do Cuartel de San Fernando Lugo “gana un museo importante que vai completar a rede museística da cidade, á que tamén se sumará o Museo Interactivo da Historia de Lugo que xa está avanzado”.
López Orozco lembrou que a creación do Museo da Romanización no antiguo Cuartel de San Fernando “é froito do acordo entre o Concello e a Xunta” e sinalou que a cesión do Cuartel á Xunta xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia e “agardo que en douas semanas a Xunta de Goberno Local aprobará todos os pasos administrativos” para completar a cesión.

O Alcalde sinalou que Lugo “é a cidade da romanización por excelencia” e dixo que entre os moitos vestixios romanos que hai na cidade destaca a Muralla”. E precisamente a Muralla “coincidindo co Xacobeo celebra o décimo aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial, que foi un traballo de todos”, dixo o rexedor municipal. Aproveitando esta celebración o Alcalde convidou ó Conselleiro de Cultura a “participar con nós nalgún dos actos cos que conmemoramos esa declaración, que se organizan co apoio de moitas empresas e nos que colabora o conxunto dos cidadáns”. “Estamos desexando volver a velo en Lugo, débenos unha visita oficial ó Concello, e desexamos ver o proxecto no Diario Oficial de Galicia para que veña inaugurala”, dixo o Alcalde quen destacou que o novo museo “será un motivo máis para vir a Lugo, para atraer turismo e movemento económico á cidade”.

O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela anunciou unha “inversión aproximada de 10 millóns de euros” nun centro “destinado a converterse nunha referencia para a investigación e difusión da nosa cultura e da nosa historia”.  Tamén dixo que o museo será un “fito cultural para a cidade de Lugo e para toda Galicia” e dixo que o anteproxecto cumpre coas exisencias de respecto “coas características esenciais do Cuartel de San Fernando e coa contorna urbana que lle rodea, especialmente a Muralla”. Roberto Varela asegurou que “o xurado tivo moi en conta a excepcional importancia do Cuartel de San Fernando no que se emprazará o Museo da Romanización” e dixo que este museo “será unha infraestrutura primordial no programa da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico” xunto cos Centros de Interpretación de Arte Rupestre en Campo Lameiro, o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e o do Megalitismo da Costa da Morte.


O Museo da Romanización terá biblioteca, salas de exposicións e usos múltiples, auditorio para cen persoas e laboratorios, entre outras instalacións. A superficie seraá de 4.250 metros cadrados e, segundo o Conselleiro o proxecto básico e de execución estará redactado a finais de ano para licitar as obras e poñer a primeira pedra o ano que vén.

O segundo premio do concurso de ideas foi para Ianus dos arquitectos Jacobo Bouzada Jaureguízar e Jesús Sanz Castro. O terceiro ganouno Zócalo do estudo Hago SL. O primeiro accésit foi para Pasadera de Luis de la Rica Castedo e o segundo accésit para Cittá Aperta de Felipe Peña Pereda.

Tags: ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.