replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

A metade do chan que paraliza o plan do litoral pertence a catro concellos

Escrito por mpierres o 2 Febreiro 2010

La Voz de Galicia - Serafín Lorenzo - 02.02.2010

O avance do plan do litoral que o Goberno de Feijoo remitiu aos 84 concellos coa pretensión de empezar a aplicalo de forma progresiva desde marzo ten unha incidencia desigual na paralización de chan urbanizable. O 46% das 3.000 hectáreas que ese documento inicial veta ao ladrillo en toda a fachada costeira, coa súa inclusión nas zonas de protección que impedirán desenvolvementos residenciais que serían posibles ao retirar a prohibición cautelar dos 500 metros, concéntrase en Sanxenxo (535 hectáreas), Ponteceso (355), Vilagarcía (317) e Oleiros (190). As 1.397 hectáreas que o plan freará neses catro municipios supera a afección nos 27 concellos da provincia de Pontevedra nos que se aplicará (1.274) e cuadruplica o impacto nos 10 de Lugo (319).

En termos absolutos, a paralización de chans urbanizables prevista tamén adquire dimensións relevantes en Cervo (120), Vigo (119), Foz (117) e Fene (102), que superan o centenar de hectáreas nas que só se autorizarán equipamentos, servizos e industrias. Pero o emprazamento respecto da liña de ribeira marítima dese terreo no que a Xunta bloquea calquera urbanismo residencial matiza o alcance cualitativo da prohibición. O caso de Sanxenxo serve de paradigma. Das 535 hectáreas de chan urbanizable nas que o plan impide construír vivendas na capital turística das Rías Baixas, só 120 están na franxa dos 500 metros.

Entre as cinco cidades que quedarán baixo o paraugas do plan do litoral, o seu principal efecto será a ordenación do chan urbanizable, co que as restricións terán un peso menor. Na Coruña, só impedirá o desenvolvemento do 5,2% das 505 hectáreas urbanizables nas que se aplicará. En Vigo, a paralización afectará ao 14,5% das 818 hectáreas; en Ferrol, ao 10,9%; en Pontevedra, ao 25,7%; e en Vilagarcía, ao 27%. Só Ponteceso, con 1.513 hectáreas de chan urbanizable, supera a incidencia efectiva do plan en Vilagarcía (1.158).

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.