replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O PXOM obriga a paralizar a concesión de licencias para nova obra entre un e dous anos

Escrito por mpierres o 26 Xaneiro 2010

Diario de Pontevedra - 18.01.2010

O concello de Pontevedra confía en que a mediados deste verán poida contar coa aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM) para proceder posteriormente á fase de exposición pública. O concelleiro de Urbanismo, César Mosquera, anunciou que os servizos municipais traballarán “a toda máquina” para corrixir o documento actual que xa foi revisado pola Xunta.

Tras manter unha reunión con responsables da Secretaría Xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio, encabezados pola titular deste departamento, Encarnación Rivas, César Mosquera explicou que a empresa redactora, Consultora Galega, vai realizar unha “memoria xustificante” das deficiencias recollidas pola Xunta no informe previo, no que fai a aspectos como a catalogación dalgunhas zonas, a ampliación de solo urbano ou volume de edificación, para que sexan corrixidas.

O edil de Urbanismo sinalou que este fora o último encontro coa Secretaría Xeral. “Se houbese modificacións masivas habería que facero–reenviar o informe–”, precisou Mosquera, quen espera “gañar tempo” para os trámites seguintes. Así, esta mesma semana o Goberno local de Pontevedra solicitará a todos os grupos municipais que formulen as peticións que estimen oportunas.

Posteriormente, solicitarase informes sectoriais aos departamentos de Costas e de Estradas, tanto a nivel estatal como autonómico. Para Mosquera, a “hipótese máis razoable”, tendo en conta que as xestións se acontezan “á máxima velocidade”, é que a partir de principios de maio o avance do PGOM poídase someter á aprobación do pleno municipal.

Á aprobación inicial seguiríalle a suspensión de licenzas urbanísticas, que Mosquera sitúa arredor do mes de xuño. Aínda que o concelleiro de Urbanismo pretende que a suspensión afecte “o menos posible”, esta fase podería demorarse un máximo de dous anos. Neste sentido, César Mosquera recomenda que aqueles cidadáns que poidan ter intención de construír unha edificación “pidan licenza xa”.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.