replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O Plan do Litoral vetará a construción nun 26% do solo urbanizable da costa

Escrito por mpierres o 26 Xaneiro 2010

Faro de Vigo - X. A. TABOADA- 26.01.2010

Posta de longo para o Plan de Ordenación do Litoral da Xunta. O Goberno galego presentouno onte nun hotel de Santiago, usando unha escenografía moi similar á do bipartito, ante unhas 150 persoas entre as que figuraban alcaldes, empresarios, varios conselleiros, representantes dos partidos e de asociacións ecoloxistas, e o presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. A partir de agora e por un período de dous meses, os concellos poderán remitir á Xunta as achegas que consideren oportunas a un documento deseñado para regular os usos da costa e preservala da presión urbanística.
O principal efecto práctico do Plan de Ordenación do Litoral (POL) será a redución do solo urbanizable planificado polos 84 municipios da costa galega. Segundo os datos facilitados pola Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura, a superficie urbanizable actual que non conta con ningún desenvolvemento urbanístico ascende a 10.442 hectáreas e o POL prohibirá a construción en 2.763 hectáreas, o que representa un 26,5% do total. Delas, 1.078 encóntranse nos primeiros 500 metros contado desde a liña de praia, que é a zona máis apetecible para urbanizar. O resto correspóndese coas áreas situadas máis no interior e as franxas próximas ás cuncas dos ríos, que agora terán a máxima protección tamén.
Desas 2.763 hectáreas que deixarán de ser aptas para o urbanismo, 1.200 pertencen as Rías Baixas. O resto repártense entre as provincias da Coruña e, en menor media, Lugo.
Noutras 2.742 hectáreas de solo urbanizable a Xunta imporá importantes restricións. Poderase construír, pero con moitas limitacións para causar o mínimo impacto visual e paisaxístico. E en case 5.000 hectáreas, os concellos non terán máis criterios que os que marquen nos seus respectivos plans de ordenación municipal. Neste caso, a Xunta deíxalle vía libre.
Da presentación en sociedade encargáronse onte o presidente a Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e o director xeral de Sostibilidade e Paixase, Manuel Borobio.
Ante un documento que se prevé polémico na súa tramitación por afectar a unha actividade tan sensible como o urbanismo, Feijóo apeló á vontade, o esforzo, o apoio e o concurso de todas as institucións, forzas políticas e asociacións para un plan que, dixo, recolle as singularidades da costa e está feito á medida de Galicia. “Non se trata de prohibir con carácter xeral senón de regular con criterio restritivo as distintas áreas en función do seu valor paisaxístico e social”, destacou o presidente.
Tras recibir as achegas dos municipios, a Xunta aprobará o plan en maio, tras o que o someterá a información pública coa previsión de aprobalo de forma definitiva no mes de decembro.

.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.