splash
Publicado por admin o 7 June 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Os bulos da árbore de formigón

Escrito por mpierres o 18 January 2010


torres-blancasEl Pais -PATRICIA GOSÁLVEZ - Madrid - 18/01/2010

Sáenz de Oiza deseñou Torres Blancas nos sesenta co obxetivo de provocar

Torres Blancas é un nome engañoso, porque só hai unha e é gris. De todas as historias que corren por ahí, só é certo que o nome está así, en plural, porque en principio había duas atalaias proxectadas. Non é verdade que a segunda se deixase de construir por problemas económicos. “É un dos moitos bulos que existen sobre o edificio”, explica Javier Sáenz, fillo do arquitecto Sáenz de Oiza.

Os problemas foron de licencia. “Ao Concello lle daba reparo a arquitectura que ia  sair e puso moitas pegas”, di. “Agora, para vender un proxecto necesitas unha presentación multimedia, pero o que se levaba nos sesenta eran os acuarelistas arxentinos”. Oiza atopou un que “camuflase” o radical do proxecto e así puido gañar o permiso para edificar a primeira torre.

O segundo bulo asegura que a idea era forrar as torres de mármore branco, ou, según as versions, construilas con formigón desa cor, e que unha vez máis, se quedaron sen diñeiro. Para nada. “O formigón visto estivo sempre na orixe do proxecto, se bautizaron Brancas en honor as pinturas e o purismo de Le Corbusier”, explica Javier Sáenz que se criou na torre gris, onde viviu seu pai (cos seus sete fillos, catro arquitectos) ata a súa morte en 2000. O que nos leva ao último bulo: contan que o arquitecto se mudou ao edificio para demostrar que a súa creación era vivible, ante as críticas de que naquelas salas redondeadas non había forma de amoblar unha casa. “¡Qué va!”, zanxa Sáenz, “entón era habitual que o constructor lle dese un piso ao arquitecto como parte dos seus honorarios”.

Juan Huarte, o promotor do proxecto,  planteoullo como un mecenazgo. Oiza tivo total liberdade para experimentar: o proxecto, de 1961, tardou catro anos en construirse. “Huarte tivo moita paciencia”, di o fillo do arquitecto, “a obra foi unha labor de investigación que nunca se pechaba”. A tése: por en harmonía ao home coa natureza, crear unha árbore na que cada veciño, independentemente da altura do seu piso, vése frores. A Oiza lle facía ilusión pensar que as formigas chegasen á espectacular piscina redondeada da azotea. Ao principio de cada clase (”foi un gran maestro, moi xeneroso, que contaba todo o que sabía”, explica o fillo) repetía como unha letanía a definición de casa de Camilo José Cela (veciño do inmoble): “Froito do amor do home coa Terra nace a casa, esa terra ordeada na que o home se guarece cando a terra tembla -cando pintan bastos- para seguir amándoa”.

A intención tamén era provocar. “Cando fixen Torres Blancas tiven ese único obxetivo: molestar á xente, agredir a paisaxe, de tal xeito que a xente levantara a cabeza e dixera: ¡caramba!, pero ¿tanto ben ou tanto dano se pode facer coa arquitectura?… ¡Sí, señor! ¡Estamos cansos de facer paisaxes grises, ambientes non molestos nos cales ao mellor non é penoso vivir, pero tampouco é gratificante!”, di o propio Oiza no libro Escritos y conversaciones.

Desde a estructura (que non se suxeita en pilares senón en rotundos muros portantes que se cravan no solo como raíces) ata os detalles (maravillosos os rodapés, os pomos, os radiadores) o arquitecto non tivo medo a probar. Do restaurante (hoxe oficinas) se podían baixar as viandas a cada piso a través dun portaplatos equipado cun interfono.

“Esto o puedes tirar enteiro e gañas espacio”, di o axente inmobiliario. Hai alomenos tres pisos en venta na torre. Os pequenos (90 metros, anque con tanta curva parecen menos) rozan o medio millón de euros; os grandes, de 200 metros, o millón. Para gañar espacio moitos veciños pecharon as terrazas, uns con plan de cerramento que preveu Oiza, outros, ao seu aire.

O potente xesto da torre o aguanta; dende a rúa hai que fixarse moito para notar os desastres. “Con eses precios, o dono ten que ser un aficionado, como o que ten un coche antigo; salvo se te gastas moito  diñeiro, todo o que fagas empeora o orixinal”, di Sáenz. Nos sesenta, moitos veciños eran pilotos (pola cercanía a Barajas), hoxe abundan os arquitectos. E os artistas. Jim Jarmusch, enamorado das súas formas, colou ao edificio no seu último filme, e contan que John Malkovich ten un piso en Torres Blancas. O fillo do arquitecto, nin o nega nin o confirma, pero unha vez atopouno no ascensor.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta