replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O BNG pide no Congreso que cambie a Lei de Costas

Escrito por mpierres o 9 Decembro 2009

loiraEl Correo Gallego - 09.12.09

O BNG quere salvar a varios núcleos costeiros galegos nos que as casas están pegadas ao mar. Os deputados nacionalistas no Congreso, Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, rexistraron na Cámara Baja unha proposición de lei para modificar a normativa estatal de Costas. O obxectivo é acabar coa inseguridade “xurídica” destes asentamentos.

A Lei de Costas establece unha servidume de dominio público marítimo terrestre de 20 metros para o solo cualificado como urbano antes da entrada en vigor desta normativa, mentres que para o resto do territorio a servidume de protección do litoral establécese nos 100 metros. Os deputados do BNG lembran que en Galicia esta aplicación legal suscita unha “problemática” derivada da existencia de numerosos municipios que contan con asentamentos de poboación tradicional, situados na costa desde o século XIX e vinculados a actividades pesqueiras. Segundo informou onte o BNG nun comunicado, a entrada en vigor da lei deixou afectados a estes núcleos pola servidume de 100 metros en lugar dos 20 metros que fixa o texto legal para solos urbanos. O problema é que a normativa de planeamento municipal asignounos como solo non urbanizable, malia reunir os requisitos “para ser cualificados como solo urbano”. Nesta situación encóntranse asentamentos de Marín, Illa de Arousa, Ribeira, Moaña, Redondela, Pobra do Caramiñal ou Malpica.

A Xunta, en uso das competencias exclusivas que marca o Estatuto, aprobou (co Bipartito e por unanimidade do Parlamento) unha modificación de lei autonómica 9/2002, de Ordenación Urbanística e de Protección do medio rural de Galicia, para solucionar esta situación.

Sen embargo, o Estado presentou un recurso de invasión de competencias á Disposición Adicional Segunda da Lei Autonómica de Vivenda de Galicia. “Esta disposición establece unha saída legal para os núcleos preexistentes de carácter tradicional afectado por un erro na clasificación urbanística” municipal, manifestan os nacionalistas na súa iniciativa.

Jorquera e Davila subliñaron que este cambio proporcionara unha resposta idónea á grave problemática”. Por iso, o BNG demanda nunha proposición de lei que se incorpore á Lei de Costas a regulación específica das particularidades dos asentamentos de poboación tradicional no litoral galego, recollida na lexislación autonómica, co obxectivo de dotar de “coherencia” á regulación destas situacións e “evitar as posibles dificultades” interpretativas que xeren inseguridade xurídica.

MARÍN

200 casas cun futuro incerto

Máis de 200 casas de cinco núcleos costeiros de Marín encóntranse nunha situación de inseguridade xurídica pola aplicación da Lei de Costas. Os veciños de L oira, Aguete, Mogor, Teoira e Casás viven inmersos nun conflito. Sobre eles poderían recaer cuantiosas multas por reformar os seus fogares sen contar coa licenza do Goberno central. O problema remóntase a 1988 cando se aprobou a Lei de Costas. Os núcleos rurais situados a menos de 100 metros da liña marítima tiñan que comunicar ao Ministerio a súa “preexistencia”. Pero o Concello non enviou a documentación, co que as casas quedaron dentro da servidume de dominio público-e polo tanto propiedade do Estado - que se establece entre os 20 e os 100 metros do litoral.

Alleos a esta situación os veciños acometeron a obras nas súas casas xa que descoñecían que tiñan que pedir permiso a Madrid. A partir do ano 2003 os inspectores de Costas empezaron a abrir expedientes por realizar reformas estruturais nas vivendas. As multas poden chegar ata os 3.000 euros mensuais, segundo aseguraron fontes do concello de Marín. Desde o Concello reclámase á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Elena Espinosa que solucione a situación xa que os veciños non poden estar indefensos ante un erro administrativa misión no pasado.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.