replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Luz verde para a ampliación do MoMA

Escrito por mpierres o 8 Decembro 2009

torre-verrehoyesarte.com - 07.12.09

Tras un tempo de deliberacións sobre os seus aspectos estéticos, Nova York deu o seu consentimento para erguer a Torre Verre, deseñada por Jean Nouvel no 2007, unha torre de vidro e aceiro de 82 plantas adxacentes ao Museo de Arte Moderna de Nova York (Moma) cuxos cinco primeiros piso albergarán a ampliación desta prestixiosa institución.

Ao coñecerse o proxecto, considerouse que as tres puntas desiguais da parte superior da torre non reunían os ingredientes suficientes para un edificio que competiría en altura con algunhas das torres máis importantes do mundo e que, ademais, non concordaba esteticamente cos edificios da zona. Jean Nouvel mostra unha vez máis neste proxecto a súa capacidade de crear un balance entre contornos urbanos conflitivos.

Á parte da ampliación do Moma, o edificio albergará un hotel e apartamentos de luxo, adicando o subsolo a restaurante e cafetería-lounge, que conta cunha fachada de cristal que percorre toda a parte superior, de maneira que os camiñantes poidan asomarse e ollar dende a rúa.

Descarado e atrevido

A forma irregular da torre a fai característica, rompendo o rectilíneo skyline de Manhattan. Trátase dunha forma realizada coa intención de soportar os esforzos de torsión xerados polo vento na súa estrutura. A través da extrusión do contorno da parcela conseguiuse a volumetría xeral do edificio, que posteriormente adaptouse á normativa urbanística.

Ao exterior, colocáronse unhas vigas que cruzan toda a fachada creando un estampado xeométrico, acompañadas por uns montantes que acollen o sistema de ventilación e aportan dinamismo á fachada. Esta está composta por unha estrutura portante: unha serie de vigas metálicas que soportan o peso da mesma para liberar a planta do edificio e conseguir espazos diáfanos no interior, que se definen polo uso de columnas inclinadas e polo uso da luz natural a través da fachada de vidro.

Formas descaradas

interior-torre-verreAs formas descaradas e atrevidas do edificio son un lixeiro e disimulado recordo ás xeometrías dos edificios xa existentes do Moma: o edificio do museo de 1939 de Edward Durell Stone e Philip L. Goodwin e a ampliación de 2004 de Yoshio Taniguchi.

Esta ampliación permite incrementar nun trinta por cento o espazo expositivo deste museo, xa que a ampliación de Taniguchi comezaba a quedarse pequena, e así poderase realizar unha importante reorganización dos espazos.

Os méritos de Nouvel

Jean Nouvel lidera dende 1970 o seu propio estudio, Ateliers Jean Nouvel. Entre os seus meritos, cómpre destacar o Premio Pritzker (2008), a Gold Medal da Academia Francesa da Arquitectura, a Royal Gold Medal del Riba, ou o Premio Aga Khan. A maioría dos seus edificios foron erguidos en Francia, aínda que ao longo da súa extensa carreira foi extendendo a súa arquitectura ao longo de todo o mundo. Entre as súas obras máis destacadas encóntrase o Instituto do Mundo Árabe en Paris, a Fundación Cartier en Paris, o Centro Cultural e de Congresos de Lucerna, o Centro de Conferencias de Tours ou a Ampliación do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

Tags: , , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.