replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Entrevista: Jose Luis Poceiro / «Nós non queremos nin pedimos as casas na ribeira do mar»

Escrito por mpierres o 29 Novembro 2009

jose-luis-poceiroLa Voz de Galicia - 29.11.09

Ninguén no Concello, nin entre os veciños do litoral, está satisfeito cunha norma urbanística restritiva, que agora se intenta mellorar e preservar os núcleos costeiros

A sentenza do TSXG sobre a casa da ex conselleira de Pesca devolveu á actualidade un problema que leva enquistado en Vilaboa durante moitos anos. Trátase da prohibición de obra nunha franxa de cen metros de ancho en todo o litoral, incluídos os núcleos costeiros tradicionais. O Concello leva varios anos intentando mellorar esta situación, que agora é máis urxente ante a necesidade de aprobar para Vilaboa un Plan de Urbanismo. Se esta liña de cen metros perpetúase no novo documento, a situación dos núcleos costeiros non faría máis que complicarse.

-¿Nestes momentos que normativa rexe o urbanismo dos núcleos do litoral de Vilaboa?

-A situación na actualidade é a que marcan as normas subsidiarias de 1988 e a Lei de Costas. Isto quere dicir que a afección nestes núcleos está delimitada a cen metros desde o mar. é primordial para nós conseguir reducir esta liña. Os seis primeiros metros son de dominio público marítimo terrestre, dependentes de Costas, mentres que o resto sono da Xunta de Galicia. é nesa franxa de 94 metros de competencia autonómica onde se abriron os expedientes de infracción.

-¿Cantos pode haber abertos?

-Ademais do da casa da ex conselleira, eu creo que hai varios máis con expedientes. A Xunta nun momento determinado abriu expedientes, que pasou o tempo e quedaron esquecidos. O que agora se intenta é conseguir que todas a vivendas dos núcleos queden libres de problemas.

-¿De cantas casas dos núcleos estamos falando na zona de afección?

-Hai que diferenciar as dúas franxas competenciais. Tamén hai que diferenciar as que se construíron antes da lei de 1988 e o que se puido facer ata hoxe. é unha situación difícil, porque hai moitas vivendas implicadas. Antes da Lei de Costas houbo construcións en moitos lugares, onde a lei o permitía e que tiñan licenza municipal. Polo menos podemos estar falando de máis de vinte casas.

-¿Cales son os núcleos máis afectados?

-Santradán, a parte de abaixo de Curra e os núcleos de Santa Cristina e O Muíño. Nós queremos que se poida asimilar este chan ao chan urbano, co que nos concederían os vinte metros de afección en lugar dos cienactuales. Coas afeccións existentes coa N-554 e catro quilómetros de estrada, deixaríannos sen poder edificar nada entre esta vía e o mar coa norma actual dos cen metros. Poderíase construír entre a AP-9 e a N-554, pero non entre esta última e o mar. Nós queremos loitar polos vinte metros de afección porque sería fantástico para os veciños dos núcleos tradicionais. Hai que coñecer a situación sobre o terreo e creo que o Goberno debería telo en conta. Non queremos, nin pedimos as casas na ribeira do mar, pero xa temos unha superficie escasa para construír e cremos que os núcleos deben respectarse.

-¿Que argumentos poden achegar para defender o seu punto de vista?

-Hai un fundamental que son as normas subsidiarias do 88, aprobadas uns meses antes da Lei de Costas. Nós queremos demostrarlle ao Ministerio que as nosas normas son anteriores a esta lei. é certo que os núcleos tradicionais non tiñan os servizos mínimos necesarios pero, ¿quen no rural tiña eses servizos entón? Hoxe en Galicia segue habendo pobos sen servizos mínimos, nin auga, nin rede de sumidoiros. Nas normas subsidiarias estes terreos dos núcleos do litoral aparecen como chan non urbanizable de núcleo rural existente tradicional. O pleno aprobou esta semana unha moción pola que se pretende equiparar este parámetro a chan urbano de núcleo rural. Así se baixaría a liña dos cen aos vinte metros.

-Parece un proceso difícil.

-Imos pelexalo. Podemos apelar á transitoria 3.3 da lei. En Marín levan anos pelexando para que se lles dea tamén unha solución. Nós non queremos como en Marín unha liña que suba ou baixe dependendo das casas que existen agora, senón unha franxa uniforme de vinte metros.

-¿é un novo deslinde unha solución viable?

-O deslinde de Vilaboa é de 1997 e aí é onde está o gran problema porque o Concello non presentou alegacións. No 2007 se deslindó de San Adrián a Rande e nós enviamos unha nota informativa ao Ministerio, pero o problema está no resto da costa.

-¿Que opina da polémica sobre a casa da ex conselleira de Pesca?

-Nós queremos que todo o mundo cumpra a legalidade. Hai que recordar que a ex conselleira ten unha licenza do Concello. é máis, é das poucas nesa franxa dos cen metros que ten licenza. Eu son partidario de que a lei a teñen que cumprir todos, pero creo que facemos un fraco favor para os veciños en xeral o meternos os uns cos outros non sei con que obxectivos.

-¿Que opina da actitude da oposición neste tema?

-A oposición ten un comportamento positivo, pero teño que recoñecerlle que me parece sorprendente que digan que eu non defendo aos veciños. A lei téñena que cumprir todos.

-Pero tanto o PP como o BNG si o acusan de pasividade a vostede.

-Non entendo o por que, que me expliquen cal dos meus actos é unha irresponsabilidade. Tampouco entendo as críticas de Rafael Louzán. Eu teño que defender aos meus veciños, ¿como non o vou a facer? O que dixen foi que desde o 99, cando gobernou o BNG e o PSOE ata agora tivemos unha gran sorte en que os veciños piden licenza, pero cambiou moitísimo a lei e axudáronnos as circunstancias porque pouca xente podía cumprilas.

-¿En que lles afecta a franxa dos 500 metros?

-Tiven unha entrevista co director de Sostenibilidade e Paixase e pola explicación creo que os 500 metros poden ser máis ou menos restritivos en certas zonas, se tes unha plantación de frondosas, ou algún elemento que intervén na paisaxe. Pero no caso de Vilaboa, os 500 metros non nos inflúen para nada.

-¿E como se reflectirán os cen metros no PXOM?

-O informe de Urbanismo foi moi restritivo, pero me encantaría chegar a un consenso para aprobar o PXOM ou deixalo todo preparado neste mandato.

Tags: , ,

Artigos semellantes
Publicado en Novas, Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.