replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Un castelo por 10 millóns

Escrito por mpierres o 29 Novembro 2009

Misioneros de los Enfermos Pobres

Misioneros de los Enfermos Pobres

El Pais - 29.11.09

A fortaleza medieval mellor conservada de Galicia ten un prezo. Polo menos, tíñao fai un ano, cando o arquitecto César Portela desprazouse ao castelo de Pambre, en Palas de Rei, e taxou o inmoble en 10 millóns de euros. “O valor do Castelo e as súas terras acada a cifra de dez millóns vinte e oito mil euros”, conclúe o informe que Portela entregou ao entón propietario Manuel Taboada Fernández, falecido fai uns meses. A taxación do arquitecto, con data do 22 de outubro de 2008, referíase ás “edificacións principais, as edificacións complementarias, as construcións alleas e as terras que pertencen á propiedade “.

O documento, ao que accedeu este xornal, especifica o valor de cada un dos elementos que compón a única fortaleza de Galicia que as Revoltas Irmandiñas do século XV non botaron embaixo. Así, os cálculos de Portela cifran en 2.900 euros o prezo do metro cadrado do castelo, considerando como tal “almacéns, cornixas, torres grandes, escaleiras e escudos nobiliarios esculpidos en pedra”. O total de 1.300 metros cadrados acadaría os 3.770.000 euros e supón o groso dos resultados presentados polo arquitecto. O hórreo, a capela construída con pedra de cachotaría, os muros defensivos-dúas follas de perpiaños de 30 centímetros de grosor e unha media de cinco metros de altura - e o muíño, canle e presa de 50 quilovatios con dereito a ampliación supón outros 810.000 euros.

O estudio engade, ademais, unha estimación do valor os terreos anexos á edificación. Dez hectáreas de bosque poboado sobre todo de carballos e 350.000 metros cadrados de prado suman á conta 4.300.000 euros. O texto advirte a Taboada Fernández de que os dez millóns, completados cunha granxa próxima e un conxunto de invernadoiros, “non estiman nin computan valores históricos, monumentais, simbólicos, míticos… de todo tipo que contén este monumento”.

Con estas propiedades faranse, en breve, os Irmáns Misioneiros dos Doentes Pobres. Esa foi a última vontade testamentaria de Manuel Taboada Fernández, conde de Borraxeiros e dono do castelo de Pambre desde o 11 de setembro de 1974 ata a súa morte. O Irmán Donaire, superior da orde relixiosa con sede no barrio vigués de Teis, realizou onte a súa primeira visita á fortaleza en Palas de Rei, a escasa distancia do corazón xeográfico de Galicia. A pesar de non saber, segundo confesou nada máis coñecer que Taboada legaba á súa congregación o castelo, “nada de Pambre, nin sequera onde está”, anunciousi a súa intención de póro en venda e solventar desa maneira os problemas económicos do albergue para transeúntes que xestionan.

O informe de Portela, coñecido polo cura Donaire, pode servir de orientación aos frades. A imposibilidade de sequera aproximar posturas en torno ao prezo da fortaleza abortou, nos últimos anos, o interese que tres administracións diferentes-Deputación de Lugo, Xunta e Ministerio de Fomento - mostraran por Pambre. Mentres o conde de Borraxeiros incumpría todos e cada un dos artigos da vixente Lei de Patrimonio Cultural de 1995 á que o Ben de Interese Cultural Pambre está suxeito, a Consellería de Cultura do Goberno bipartito abríalle expediente e ameazaba con sanción económica e veciños e Concello de Palas de Rei esixían espremer ao máximo a vía legal: ata chegar á expropiación.

Co castelo á beira da ruína, a emblemática torre de homenaxe invadida pola maleza e un ditame da Dirección Xeral de Turismo “sobre a necesidade de expropiación de Pambre” elevado a Patrimonio, Taboada Fernández aveuse a razóns e pactou con Cultura a apertura da fortaleza ao público, tal e como esixe a normativa. Pero novas trabas do dono, que pretendía un seguro e vixiancia paga pola Xunta, paralizaron os contactos. O castelo continuou cerrado a cal e canto, como durante os últimos 35 anos, e cun furioso mastín que xa atacou a máis dun visitante indiscreto.

Pero a morte do conde atrasa calquera solución administrativa. Aínda que unha das primeiras chamadas que recibiu o irmán Donaire, pai superior dos propietarios in péctore, procedía de Pablo Taboada, tenente alcalde de Palas de Rei polo PP, na actual Consellería de Cultura encóntranse á espera de contactar cos frades. E o departamento autonómico parece descartar a opción da compra, algo que non gusta na casa consistorial, históricos defensores da expropiación dun dos máis acabados exemplos de arquitectura militar medieval de Galicia.

O grupo local do PSdeG, na oposición por dous votos tras as municipais de 2007, apostan igualmente porque o Executivo autónomo asuma o gasto. “O Ministerio de Fomento [que encabeza José Blanco, natural da localidade] pode contribuír á súa rehabilitación”, engade o voceiro socialista Horacio Rouco. Un hipotético castelo de propiedade pública conformaría, segundo a Plataforma Social en Defensa do Alto Ulla que organiza cada ano unha marcha irmandiña a Pambre, a sede ideal dun centro de interpretación da historia medieval de Galicia. Aos socialistas de Palas tamén lles vale un organismo centrado no Camiño de Santiago. Desde o concello de Palas aínda non se pronunciaron.

Tags: ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.