replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Museo fastuoso, museo baleiro

Escrito por mpierres o 16 Novembro 2009

museo-maxxiEl Pais - 14.11.09

O Maxxi de Roma, última creación de Zaha Hadid, abre sen obras de arte

“Foi duro e bastante longo, pero sempre pensei que ia  rematar ben”. Eso dixo en Roma a arquitecta británica-iraquí Zaha Hadid. Once anos e seis gobernos despois de que o ministerio de Cultura de Walter Veltroni dera luz verde ao proxecto, Roma inaugura por fin o museo Maxxi de arte contemporáneo. O deslumbrante edificio se abriu a medias, é dicir baleiro, porque a crisis manda e as 350 obras que formarán a colección (todas, do século XXI) chegarán en primaveira. Pero a derradeir creación de Hadid fascinou xa a todos os que a viron.

Os eloxios dos primeiros visitantes (”impoñente”, “belísimo”, “un espacio para perderse”) se resumen na longa ovación que os periodistas e colaboradores do museo, postos en pe, dedicaron á arquitecta na presentación.

O proxecto, nado en 1998, custou 150 millons de euros e ocupa 27.000 metros cadrados de espacio. O museo está situado sobre unha antiga instalación militar, moi preto do río Tíber, ao norte de Roma, nun barrio residencial de edificios de cores levantado na década de 1930, a escasos 300 metros do auditorio construido por Renzo Piano.

Pero números e datos din pouca cousa fronte a grandeza e o espectáculo (sobrio e nuo) que ofrece o edificio, unha especie de gran lazo aéreo apoiado en pilares de aceiro e cheo de salas, paredes móviles, escaleiras, rampas, e aperturas ao exterior.

“É un proxecto simbólico da miña nova forma de relacionarme co espacio”, explicou a primeira muller que gañou o Premio Pritzker, en 2004. Non se trata dun obxeto, senón dun campus, dun centro cultural, aclarou. “O Maxxi é un lugar pensado para favorecer o intercambio de ideas, para ampliar a vitalidade cultural da cidade. Espero que o denso texido de espacios internos e externos sexa empregado ben para que dialoguen entre sí nun intrigante cruce de túneles. Non os perderei de vista”.

A visita comeza no antigo patio do cuartel, unha praza amplísima sobre a que voa a proa (inacabada) do edificio, sostida por pilastras de aceiro. Na fachada principal, a nova estructura de Hadid engloba, ou devora suavemente dende arriba, a vella estructura.

Mezcrando tres tonos (branco, negro e gris), a arquitecta combina o cristal, o aceiro (seis millons de kilos) e o formigón lixado (50.000 metros cúbicos), e traza pasillos paralelos, moi longos e anchos, con curvas e revoltas, que aumentan a sensación de amplitude e de altura, coa estupenda luz da cidade chegando ao último rincón.

O actual ministro de Cultura italiano, Sandro Bondi, anunciou que seu departamento destiñará catro millons de euros para financiar a Fundación Maxxi. Este mesmo fin de semana, o museo abrirá de forma extraordinaria, cunha instalación coreográfica creada por Sasha Waltz.

“Roma é unha cidade á que viña moito de pequena”, recordou Hadid. “Cando saiu o concurso internacional, pensei que era unha broma. Pero non o dubidei”, añade a arquitecta nada en Bagdad. Agora, o Maxxi competirá, coas suas líñas craras e brancas, co Guggenheim de Bilbao. Ourousoff, crítico de The New York Times, o explicou nunha soa frase: “A Bernini  gustaríalle”.

 

Tags: , ,

Artigos semellantes
Publicado en Arquitectura, Europea, Italia, Novas

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.