replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Cangas: o Concello abre o camiño a unha urbanización en Areamilla e un tanatorio en Montecarrasco

Escrito por mpierres o 10 Novembro 2009

Faro de Vigo- 10.11.09

a-alcaldesa-sauda-ao-arquitecto-cesar-portela-e-outros-participantes-a-reunion

A alcaldesa saúda ao arquitecto César Portela e a varios participantes na reunión

As propostas para construir un tanatorio en Montecarrasco e unha urbanización en Areamilla recibiron o visto bo dos portavoces do goberno tripartito de Cangas e do equipo redactor do Plan Xeral, Consultora Galega, na reunión que se celebrou onte pola tarde para coñecer máis pormenores dos convenios urbanísticos formulados no período de avance. O primeiro se inclúe como suxerencia ao documento, xa que non ofrece contrapartidas ao Concello, mentras que no segundo caso houbo coincidencia entre BNG, PSOE y ACE á hora de valorar as cesions para zonas verdes en primeira líña de praia a cambio de autorizar unha urbanización no resto da parcela, cuias características deberán definirse nunha fase posterior. Do resto de propostas, a petición de calificar como solo industrial unha franxa na ladera de Montecarrasco quedou definitivamente descartada, e os demáis serán obxeto de redefinición antes de adoptar unha decisión definitiva.

Sí ao tanatorio

A empresa que propón construir un tanatorio nunha finca de 10.000 metros cadrados en Montecarrasco foi a primeira en ser recibida. Seus promotores, os mesmos empresarios do tanatorio da Avenida de Vigo, explicaron o longo proceso seguido para xestionar esta dotación, para o que contaron co impulso verbal do anterior alcalde e da corporación, anque os compromisos non chegaron a materializarse. A única fórmula para levalo a bo porto e eliminar o  tanatorio do centro urban pasa por que se califique o solo, agora forestal, para uso equipamental. O terreo está próximo a equipamientos municipais e da Xunta, polo que seu promotor considera “un trato discriminatorio” que non se sigan os miçesmos criterios que con respecto ao terreo que o rodea. Tanto a alcaldesa, Clara Millán, como os portavoces dos grupos municipais de BNG e PSOE, Óliver Álvarez e Héctor Otero, coincidiron na viabilidade da proposta, que se reflexa técnicamente como suxerencia ou alegación, e non como convenio, mentras que o edil de ACE Mariano Abalo eludiu posicionarse ata coñecer alguns pormenores.

Areamilla, adiante

A proposta para Areamilla abarca un ámbito de 17.850 metros cadrados. A edificabilidade sobre a rasante sería de 8.500 metros; 736 en baixo cuberta e unha cifra sen determinar baixo rasante, necesaria para aparcamentos, trasteiros e instalacions. A ocupación ocuparía 3.656 metros de solo, e o volume edificado, 25.500 metros. A parcela, lindante coa baixada a Areamilla, está calificada no avance doPlan Xeral como núcleo urban, nunha parte, e como espacio libre e zona verde, noutra. A proposta manten, básicamente, a clasificación e destiños determinados no avance, e plantexa un uso residencial privado e de espacios libres cunha ordeación que permita “a articulación dun proxecto de singular valor arquitectónico”, redactado por César Portela e Rodrigo Portanet. A cambio, se compromete a destiñar a zoa verde unha ampla franxa na súa parte máis cercana á praia de Areamilla, coa que limita. A proposta dos promotores apenas tivo que ser defendida ante o equipo redactor e os portavoces municipais, xa que sumou o maior consenso das presentadas onte, tanto dende o punto de vista técnico coma dos posicionamientos políticos.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.