replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Potencial local, calidade global

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

El Pais - Anatxu Zabalbeascoa - Helsinki 05/11/09

casa-o-de-a-piste“En Finlandia nos educan para que non chamemos a atención”. Fala o arquitecto Juhani Pallasmaa. Seu libro Los ojos de la piel (Gustavo Gili, 2006), vaticinou a actual crise arquitectónica acusando a moitos edificios recentes dun desmesurado interés polo espectáculo. Pallasmaa partía con vantaxe. No seu país preparan aos cidadáns para a humildade e a discreción coa firme creencia de que esas cualidades son a antesala da reflexión. Así, os deseñadores máis ambiciosos de Finlandia se achegan ao futuro observando o presente. E coñecendo o pasado. Saben que vociferando só chamarán a atención un momento. E non lles tentan eses 15 minutos de gloria.

Con ese bagaxe, o potencial local e a calidade global se  convertiron no sello finlandés en deseño e en arquitectura. Dende seu territorio frío, de apenas cinco millons de habitantes, Finlandia lle fala ao mundo coa seguridade dun puñado de marcas incuestionables que conectaron coa esfera máis internacional da moda (Marimekko), a tecnoloxía (Nokia), o deseño (Artek) ou a decoración (Iitala).

Anque nos parques de Helsinki lápidas do século XIX hincadas no chan conviven con pinos e non existe unha valla que impida que a mancha de céspede invada a aceira, Finlandia é un país xoven -se independizou de Rusia en 1917- e esmeradamente coidado. Aquí o concepto do funcional está tan dixerido -a lamparilla dos portais serve de alumbrado público e ilumina tamén o número escrito nela- como a idea de natureza -capaz de facer convivir abedules, baias e asfalto sen que nada teña que perder-. Foi seguramente esa raigambre natural a que fixo que, durante décadas, a modernidade finlandesa estivese ligada a un arquitecto que cuestionou a propia idea da modernidade arquitectónica por inhumana. Alvar Aalto levou ata o Báltico tradicions mediterráneas para idear unha nova arquitectura. Se a natureza foi a clave no facer dese arquitecto, as xeneracións posteriores necesitaron oporse a unha presencia tan destacada, ata que souberon ver no vello maestro non unha sombra, senón cimentos. Por eso, hoxe, seu legado segue dando froitos. E non só porque súas pezas de Artek continúen en producción 75 anos despois. A impronta de Aalto pode lerse tanto nas mesas que a arquitecta Kirsi Gullichsen ideou para Habitek como nas vivendas que os estudios A-piste e Archeus levantaron no archipélago de Inkoo e nun barrio de Espoo. Na Fundación Arquitectura COAM, en Madrid, poderá verse cómo a maneira de inclinar a cuberta (evitando o acabado triangular a dúas aguas), a idea de arropar con madeiras locais o interior e o exterior, a vontade de elevar as casas cun zócalo de pedra local ou a frescura de xogar coas asimetrías falan de Aalto, pero tamén de sostenibilidade delatando un entendemento do solo finlandés. A idea é propoñer sen destruir. Por eso a súa vangardia non é guerrera.

No deseño, o redescubrimento da artesanía (as alfombras de Kristiina Lassus, as telas de Johanna Gullichsen, as zapatillas de Tuula Pöyhönen) convive cun intento de humanizar a tecnoloxía punta. O deseñador Esa Wesmanen, de Pure Design, leva ao Instituto Europeo de Diseño de Madrid a Chaise-longue balance, sustentada por unha estructura tan fina que convirte a tumbona nun asento cun respaldo oscilante. O cabeceiro inclúe altavoces ocultos para escoitar música. O de Wesmanen é un traballo máis preocupado por mellorar o centímetro que por facer a revolución. Non se trata de amosar unha peza que sairá en múltiples portadas pero non chegará a producirse. O obxetivo é tan sereno como ambicioso.

O que busca o mellor deseño finlandés é mellorar a calidade de vida. A maioría dos seus proxectistas fan bo o dito de que para evitar pasar de moda, nada como non estar á moda. Así, apostan por levar á etiqueta dos seus productos súa natureza sólida e sinxela. Seu obxetivo non é forzar minimalismos calvinistas, senón respirar simplicidade, ata lograr que resulte o máis natural.

Un mes, tres citas

O deseño finlandés tomará varias salas de Madrid este mes. Éstas son algunhas das citas máis destacadas:

- WOOD Works. Aprender

a construir con madeira a arquitectura do futuro é o obxetivo desta mostra, na Politécnica de Madrid, con 20 exemplos feitos por estudiantes da Universidade Tecnolóxica de Helsinki.

- OTTO Entre el diseño y el arte. A evolución do arte industrial finlandés. No Círculo de Bellas Artes.

Marimekko: 10 puntos de vista. Unha selección de traxes e obxetos que falan da historia desta compañía. No Museo do Traxe.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.