replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Moneo renova o vello campus de Columbia

Escrito por mpierres o 15 Outubro 2009

edificio_rafael_moneo_nueva_yorkEl Pais - 14.10.2009

Para calquera arquitecto, proxectar un edificio que contribua a delinear o skyline máis celebre do planeta, o de Nueva York, é un xugoso desafío. Se ademáis ese edificio se integra nun dos campus universitarios máis prestixiosos de Estados Unidos, o reto é dobre. O arquitecto Rafael Moneo (Tudela, Navarra, 1937) está construindo un novo pabillón adicado ás ciencias interdisciplinares na Universidade de Columbia. O proxecto, deseñado xunto a Moneo Brock Studio cun presuposto de 200 millons de dólares (134,8 millons de euros) e que será inaugurado en 2010, terá 14 pisos, 4.645 metros cadrados de laboratorios, unha biblioteca adicada á química, bioloxía e psicoloxía, un auditorio e un café aberto ao público e a pe da rúa.

Situado na esquina entre Broadway coa rúa 120, o novo edificio de cristal e aluminio, luminoso, aberto, case flotante e coa imaxe clara do século XXI pero sen ostentacions, funcionará tamén como entrada noroeste ao campus Morningside Heights, dominado polos edificios históricos de McKim, Mead & White, os arquitectos que deseñaron algunhas das principais construccions de finais do XIX e principios do século XX en Nueva York e autores tamén do Hotel Nacional de Cuba en La Habana. De ahí a complexidade dun proxecto que para levarse a cabo non só tivo que ter en conta o contexto no que ía a situarse, senón tamén as dificultades de construilo sobre o ximnasio universitario. “Non é un edificio sinxelo. As condicions foron complexas porque había que respetar o ximnasio, anque supoño que ademáis de superar esa dificultade física o reto fundamental era de tipo estético: ser capaces de integrarse nun complexo urbano tan preciso e definido, cun perfil tan craro como o do campus de Columbia”, explicou onte Moneo en conversa telefónica.

O arquitecto, gañador do premio Pritzker de arquitectura en 1996, é sobradamente coñecido en EE UU, onde construiu edificios emblemáticos dende finais dos anos oitenta -a catedral de Nosa Señora de Los Ángeles, en Los Ángeles, ou o Davis Art Museum en Massachusetts-, pero nunca deixara a súa firma en Nueva York. A aposta da Universidade de Columbia é particularmente significativa tendo en conta que construir un pabillón de ciencias nesa ubicación era un vello soño fallido. Por exemplo, o proxecto do arquitecto británico James Stirling nunca chegou a ser aprobado. Lee C. Bollinger, rector da universidade, parece estar particularmente contento co deseño de Moneo. “Tiña que ser arquitectura de calidade en sí mesma, un proxecto atrevido pero realizado por un arquitecto importante”, explicou Bollinger no diario The New York Times.

Según Moneo, “traballar con institucions académicas estadounidenses é satisfactorio porque te fan sentir acompañado. Cando aproban un proxecto saben ben o que queren, saben con claridade o diñeiro do que dispoñen e eso axuda moito”. Cando comezaron as obras en 2007 houbo algunhas críticas, pero parece que entre arquitectos gustou. Moneo se declara satisfeito: “Construir en cidades como Nueva York crea controversia, naturalmente, pero creo que o proxecto se  entendeu bastante ben”.

Podedes ver máis imáxes no seguinte ligazón: http://www.flickr.com/photos/archidose/sets/72157622381720685/detail/

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Americana, Arquitectura, EEUU, Novas

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.