replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Jean Nouvel perde altura

Escrito por mpierres o 12 Outubro 2009

jntv04Público - 12.10.2009

O que se atisbaba como un exemplo máis do poder da sociedade civil para derrotar a proposta dun Premio Pritzker convertiuse nun agrio debate que enfrenta a arquitectos, cidadans e medios de comunicación sobre as necesidades das metrópolis contemporáneas.

A Comisión de Urbanismo de Nueva York presidida por Amanda Burden acordou fai unhas semás rebaixar 60 metros da Tour de Verre de Jean Nouvel despois de que os medios de comunicación reflexasen a oposición dos veciños. A decisión seguramente fixo que Nouvel se acordara do seu colega Renzo Piano, que en 2006 viu cómo Harlem lle tumbou un proxecto para renovar a Universidade de Columbia; anque non debeu de molestarlle, visto que no seu discurso de agradecemento do Pritzker, o ano pasado, se presentou como un anticonformista.

A decisión da Comisión, lexos de zanxar o debate público, o  potenciou. Burden ha recibido críticas por unha parte da cidadanía, que tacha á administración municipal de conservadora e lle atribúe querer facer de Nueva York unha Venecia do século XXI.

O que o caso Nouvel pon enriba da mesa é unha cuestión que ningún político se atreveu a dicir en público, pero que xa corre como a pólvora en foros especializados, como Curbed ou NYTimes: que a cidade non admitirá edificios máis altos que o Empire State Building. Unha decisión que non cadra coa superación do modelo florentino (o home como medida de todas as cousas) e que ademáis pode ter efectos nefastos para a eficiencia das metrópolis. As voces máis críticas poñen de manifesto contradiccions como que Nueva York se limite agora a unha determinada escala cando a superou fai décadas.

A opinión xeral dos arquitectos é que un control restrictivo da altura podería provocar disfuncions na cidade. “Todas as cidades contemporáneas teñen necesidade de altura. Hai que elevar a densidade media da periferia. Manhattan demostrouse como unha zona moi eficiente e, sen embargo, vemos que o modelo de vivendas unifamiliares de Nueva Jersey non é sostible, porque xera dependencia do automóvil antes que do transporte público”, explica o sociólogo José María Ezquiaga.

“A historia di que as cidades sempre tiveron elementos que destacan: torres, peezas icónicas, referencias na paisaxe Lamentablemente, moita xente pensa que eses fitos son os do pasado e que cidades como París ou Nueva York xa teñen as súas para sempre e non deben ser superadas”, resume o arquitecto Juan Herreros. Precisamente, seu museo Munch en Oslo constitúe un dos exemplos máis cercanos do control da sociedade civil sobre o arquitecto. Dende que se fallara o concurso, a opinión do país pasou de rexeitar seus 55 metros de altura ( temíase que eclipsara a Ópera, último premio de arquitectura Mies van der Rohe da Unión Europea) a apoiar seu contenido icónico.

Outra cuestión que se desprende do control da altura afecta a temas tan relevantes como o impacto medioambiental. “Aos arquitectos e aos urbanistas nos interesa máis cómo obter organizacions dos centros de traballo eficientes dende o punto de vista enerxético, que cómo pode interpretarse que un edificio sexa máis alto que outro”, explica Andrés Jaque. “Estou contra o simbolismo. Se un edificio funciona mellor sendo máis alto, haberá que facelo así, anque iso o faga máis vistoso que o Banco Mundial ou a catedral de Westminster”, agrega.

Pero hai casos e casos. En España, un dos máis recordados é a Torre de Valencia, construída en Madrid nos anos setenta e que modificou irremediablemente a perspectiva da Porta de Alcalá como unha peineta inesperada. “Todas as cidades teñen iconos moi queridos polos cidadans que deben respetarse porque forman parte da identidade destas persoas, da súa memoria. Por iso é moi importante valorar o impacto das novas construccions sobre eses iconos”, alerta Ezquiaga.

Tags: , ,

Artigos semellantes
Publicado en Americana, Arquitectura, EEUU, Novas

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.