replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

O grado 0 do deseño

Escrito por mpierres o 28 Setembro 2009

El Pais - 28-09-2009

grado-01Pode que houbéramos deixado de ver o camiño máis sinxelo. Pode que, abrumados pola información visual que nos rodea, houbéramos chegado a perder de vista o obvio, o que do peso cae, o que non debería ser doutra maneira.

Os novos deseños, o deseño de quen quere chegar a algún sitio -non o dos que buscan manterse nese sitio- envía esa mensaxe. Debde varios países do mundo, alguns deseñadores volven a crer na resta, na líña recta e no grado cero do deseño. O novedoso desa sensata elección non é só que haxa empresarios dispostos a seguirlles o xogo. A auténtica revolución é que sexan as propias empresas multinacionais as que soliciten deseños lóxicos e sinxelos: puro sentido común.

Este ano, a marca Nutella, da multinacional Ferrero Rocher, convocou un concurso internacional entre deseñadores. Se solicitaba un artiluxio, unha peza de merchandising para agasallar nas promocions de supermercado xunto aos seus productos. O colectivo asentado en Valencia Nadadora participou en dito concurso. E o gañou cunha inversión baixo mínimos: un prato de plástico. Cun burato, e transformado, o recipiente de plástico inxectado chámase agora Corolla (coroa en italiano) e, certamente, confire un novo halo á merienda infantil. Enróscase aoredor da boca dos tarros de Nutella, a crema de avelás estrela da empresa italiana, e convirte o chocolate nun manxar. O que Isaac Piñeiro e seus socios de estudio propuxeron co seu deseño foi darlle ideas aos compradores: transformar a Nutella nun dip, nun novo snack gracias a unha coroa de plástico na que colocar frutas ou galletas para fundir no chocolate. A idea parte do dedo que calquera rapaz metería nun bote aberto de crema de chocolate. É de caixón, custa pouco máis de cinco céntimos de euro e resultou premiada.

Algo parecido acaba de suceder noutra empresa internacional, a xaponesa Muji, que vende productos anónimos pero fácilmente recoñecibles por unha estética entre funcionalista e zen, e que conta con máis de 100 comercios repartidos polo mundo. Para surtilos, fai tres anos que convoca un concurso internacional de deseño e logo produce os proxectos gañadores. Das 1.986 propuestas que se presentaron este ano, as cañitas firmadas en Xapón (as pallitas orixinais, as que proveñen do propio tallo do trigo, como as de antaño) foron o producto gañador. O deseñador da peza non tivo que facer absolutamente nada. Só pensar. Volver a pensar, que pode resultar más difícil que poñerse a pensar.

Repensar, precisamente, é o que fixo outro deseñador español, Pedro Ochando, ao idear a súa lámpara cunha pantalla de overas recicladas. O deseño, que dirixe a luz como un foco sobre a mesa ou o rincón onde colga a lámpara, forma parte do proxecto Revival, no que, xunto a Ochando, deseñadores como Marina Rodríguez, Vicente Luján ou José Alburquerque tratan de dar novos usos a materiais e obxetos esbotados. Tal vez non sexa casualidade que Ochando pertencese, ata fai pouco, ao colectivo Nadadora, un grupo de deseñadores que leva anos deseñando obxetos sinxelos, pouca cousa para a que non parece pasar o tempo: é dicir deseño en estado puro.

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Diseño, Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.