replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Campolongo gañará un espazo verde de 4.000 metros cadrados

Escrito por mpierres o 25 Setembro 2009

La Voz de Galicia - 25-09-2009

O plan de mellora integral do barrio de Campolongo -que inclúe unha trintena de actuacións e uns dous millóns de euros de investimento total- permitirá gañar para o uso cidadán un novo espazo verde duns 4.000 metros cadrados de superficie. Trátase dunha parcela situada na parte traseira da residencia da terceira idade, entre as rúas Iglesias Vilarelle, Xeral Rubin e Fernández Ladreda, que ata agora viña utilizando como zona de estacionamento indiscriminado.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou onte este futuro parque urbano acompañado por veciños da zona e representantes de diversos colectivos veciñais.

A actuación que se está levando neste futuro espazo verde inclúe por primeira vez en Pontevedra a construción de muros de gaviones, un sistema que consiste en meter pedras dentro de colectores de malla de aceiro. Optouse por este sistema para salvar o desnivel que hai na parcela sen ter que construír muros de formigón ou de cemento.

Fernández Lores destacou que no deseño desta nova zona verde participaron os responsables da residencia da terceira idade, de modo que se concibiu como unha zona de uso preferente de persoas maiores. Así, incluiranse mesas para xogar ao xadrez ou zonas específicas para xogar á petanca.

O alcalde subliñou que se trata «dun traballo de recuperación dun espazo que estaba moi degradado» e mostrouse «encantado de como está quedando que creo que será un espazo de alta calidade urbana non futuro, con múltiples posibilidades».

Lores explicou que a actuación se enmarca dentro dese plan integral de rehabilitación de Campolongo, que incluíu, entre outras actuacións, a mellora do asfaltado, podas, mellora de zonas verdes e de beirarrúas, eliminación de barreiras, renovación da iluminación, cambios no parque infantil ou solución dos problemas de pluviais no parque da Constitución.

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Novas, Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.