replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Exposición: Niemeyer e a súa paixón pola curva, en Madrid

Escrito por mpierres o 18 Setembro 2009

auditorio-parque-ibirapueraEl Mundo - 16.09.2009

A punto de cumplir 102 anos, Oscar Niemeyer é un dos artistas contemporáneos máis influintes e importantes. Súas construccións imaxinativas e cheas de curvas, as veces case imposibles, e de baleiros, revolucionaron a arquitectura moito antes de que Foster, Gehry, Nouvel ou Zaha Hadid encheran as súas obras de sinuosidades.

Seu espíritu innovador e visionario lle valeu duras críticas dos seus coetáneos, especialmente cando amosou o seu rexeito ao funcionalismo racionalista e abogou por explorar novas formas e materiais, como o formigón armado, e por unha arquitectura orgánica, capaz de fundirse coa natureza. Alguns dos seus contemporáneos lle tacharon, con afán despectivo, de “escultor” en lugar de arquitecto.

O tempo, sen embargo, lle deu a razón. Hoxe, cando xa supera o século de vida, está considerado un ‘artista global’. É un dos arquitectos máis internacionais —e tamén un inmellorable embaixador de Brasil, a súa patria— e a súa obra é referencia para os máis xóvenes. E é que “seu traballo estaba vixente antes de que ese estilo o estivera”, como afirma Lauro Cavalcanti, comisario da exposición que este venres inaugura a Fundación Telefónica (Gran Vía, 28) en Madrid.

A retrospectiva, que poderá visitarse ata o 22 de novembro, recorre cronolóxicamente a súa obra, dende os seus primeiros traballos en Brasil nos anos 30, ata seus proxectos en marcha (case 500). Entre eles, o Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer, que se ubicará na localidade de Avilés, recoñecemento á terra que en 1989 lle concedeu o Premio Príncipe de Asturias pola osadía e libertade da súa obra.

Ademáis,  pódense contemplar debuxos, manuscritos, croquis, películas, un sofá, maquetas… Documentos de gran interese e que poñen de relevo que Niemeyer participa en todas as etapas do proceso creativo. E que é un excelente debuxante, como pode comprobarse na sección que reúne as súas plasmacions sobre papel do seu compromiso político —marxista-leninista—, da súa fascinación polo paisaxe de Río de Janeiro, e da súa paixón polas curvas do corpo feminino.

“O que me atrae é a curva —según Niemeyer, “a distancia máis corta entre dous puntos”— libre e sensual. A curva que atopo nas montañas do meu país, no curso sinuoso dos ríos, nas ondas do mar, nas nubes do ceo, no corpo da muller amada. de curvas está feito o universo”.

Tags: , ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.