Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Casa Gigante Dormido, Killiney ( Irlanda)
Sobre unha colina en Killiney, salpicada de afloramentos graníticos, desplégase a residencia para abrirse cara ás vistas da bahía de Dublín e cara ó distante monte Sugarloaf. A distribucion da construción acomódase á cambiante topografía do lugar configurando unha sucesión de niveis directamente relacionados coas cotas do terreo exterior. O perímetro da planta , que lembra a silueta dun xigante durmido , garantiza unhas vistas óptimas e aumenta o soleamento interior das estancias.
Como se accede á vivenda dende unha altura elevada , o tratamento da cuberta estudouse especialmente. Os teitos presentan un acabado de formigón faceteado que proporciona un brillo e un aspecto integrador entre as masas pétreas que xurden dispersas na ladeira que descende cara á costa. Esta imaxe biselada tamén se manifesta no interior nos ceos rasos para obter un teito anguloso en forma de tenda que reflicte a luz solar. Realizada en formigón armado in situ a cuberta se sostén por unha chiminea do mesmo material e esbelto pilares de aceiro. Realizáronse formigonados verticais e forxados continuos para evitar as xuntas constructivas , empregando unha mezcla en de granito e area coma áridos.
Tags: Arquitectura, irlanda, vivienda
- Xornada técnica VEKA 24 de maio .19.30h
- Curso Revit nivel básico. Pontevedra
- Convocatoria de Xunta Ordinaria de Delegación o vindeiro 28 de abril