replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

A nova lei do solo regularizará as vivendas ilegais e permitirá amplialas

Escrito por mpierres o 16 Agosto 2009

Faro de Vigo -16-08-2009

A Xunta está decidida a poñer orde no caos urbanístico do rural galego eliminando ou suavizando as restriccións constructivas da actual lei do solo. Para elo, o Executivo galego prevé regularizar a situación de todas as vivendas e edificacións que foron construidas ao marxe das leis urbanísticas para que poidan facer obras de reforma e incluso ampliar a  súa superficie. A medida, incluida no borrador da nova lei do suelo, afectará a miles de casas levantadas no campo galego sen licencia, en lugares prohibidos, ou con tamaños e medidas ilegais, sobre as que pesan ameazas de derribo ou fortes limitacións de edificación.
Moitas destas casas foron construidas sen licencia municipal, ou aínda tendoa, esta foi otorgada sen atender aos requisitos legais do plan urbanístico municipal ou a normativa autonómica. Tamén son habituais no rural as segundas vivendas construidas na parcela familiar sen cumplir os tamaños mínimos da finca, ou sen tan sequera comunicarllo ao concello. As casas sen rematar, as que foron construidas en terreos rústicos onde non estaba prevista a urbanización, as que non respetan a arquitectura da zona nen as alturas máximas previstas na lei ou as que quedaron a medio construir tamén poderán beneficiarse do cambio legal que prepara a Xunta e que lles permitirá facer obras coma si se trataran de vivendas completamente legais.
En todos estes casos, o concello ten un prazo de tres meses para exixir ao propietario da obra, sexa un particular ou unha empresa promotora, que faga os cambios necesarios para axustarse a  lei ou, do contrario, o concello pode derribar a construcción. Se nese tempo o Goberno local non  toma medidas para repoñer a legalidade, algo que é bastante habitual, a responsabilidade de que a construción se axuste ao plan de ordenación municipal e as leis urbanísticas autonómicas pasa a Xunta, que ten seis anos para vixiar que a edificación cumpre a lei baixo a ameaza de derribo. Pero se nese prazo a Administración tampouco fai valer a súa autoridade urbanística, –un suposto tamén moi común sobre todo no que se refire as vivendas unifamiliares do interior– a vivenda en cuestión xa non poderá ser derribada e queda “fora de ordenación”, un réxime que xa se contempla na actual lei do solo galega.
A normativa vixente protexe do derribo as casas que estean nesta situación, pero só permite facer nelas obras menores, en concreto, reformas “de mera conservación e as necesarias para manter o uso preexistente”. O cambio que inclue o borrador da nova lei do solo que a Xunta está negociando cos municipios é que nas casas fora de ordenación tambén se poidan facer “obras de consolidación, así como as de mellora, reforma e, en casos xustificados, de ampliación da superficie construida”, según a nova redacción do artículo 103 da lei proposta pola Xunta.
Así, os donos de casas ou naves construidas antes de 2003 en calquera tipo de solo de forma ilegal ou contraria ao plan urbanístico vixente pero contra as que a Administración non  tomara nengunha medida firme poderán amplialas, reformalas por completo, acondicionar os accesos ou añadirlles construccions contiguas. Este cambio legal tamén facilitará os trámites de compra e venta dos inmobles, dado que os bancos e os notarios son cada vez máis exixentes coa legalidade dos inmobles á hora de conceder créditos ou avalar escrituras.
Esta medida súmase a outros cambios que a Xunta tamén pretende introducir na nova lei do solo –como a posibilidade de dividir as parcelas, ou o aumento da área edificable nos núcleos rurais– co obxetivo de regularizar, na medida do posible, o confuso panorama urbanístico no medio rural galego, plagado de plans municipais sen aprobar, vivendas ilegais e silencio administrativo.

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Novas, Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.