replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

A Xunta planea borrar a reserva de vivenda pública da lei do solo

Escrito por mpierres o 15 Agosto 2009

El País - 15/08/2009

O Goberno galego baralla eliminar da lei do solo de Galicia a obligación de ceder para vivendas de protección oficial o 2,5% do terreno que se poida edificar en solo urbanizable, segundo sinalaron onte o portavoz nacionalista na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Allariz, Francisco García, e o concelleiro de Obras de Pontevedra, César Mosquera. Esta condición necesaria, introducida polo Goberno bipartito, desaparece coas modificacions legais que plantexa a Xunta, que alivian os requisitos para a construcción en solo urban e rústico e voltan, segundo o BNG, a un modelo “liberalizador e permisivo”. Os dirixentes nacionalistas coñecen o texto polo borrador que a Xunta enviou á Fegamp.

“Preocupanos que se estén dando bandazos en relación coa legalidade urbanística e non se propicie un pacto de país”, manifestou Mosquera. Os cambios previstos na lei, coñecida oficialmente como Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural en Galicia (Louga), non recollen, según García, as reclamacións da Fegamp, á que a Xunta utilizaría “como pretexto para facer unha revisión en profundidade” da normativa urbanística, para favorecer “unha política de dispersión poblacional”.

O BNG sinala ademáis que este proxecto preliminar modifica a definición do concepto de solo urban, que se distancia da establecida pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e o fai máis vago, o que provocará, según Mosquera, que “proliferen coma fungos as urbanizacións sen dotacións de nengún tipo e sen cargas”. “De Pontevedra a Porriño todo sería urban”, explicou. Para o concelleiro pontevedrés, o plan da Xunta segue o espíritu do decreto estatal aprobado en 1996 durante o Goberno de José María Aznar, no que “todo o que non estaba especialmente protexido era urbanizable”.

Os nacionalistas consideran, ademáis, que unha reforma en profundidade da lei non se xustifica “nin conceptualmente nin na práctica” antes de que se aproben definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio, pendentes dende a primeira modificación da lei, efectuada en 2004 cando Manuel Fraga era presidente e Alberto Núñez Feijóo conselleiro de Política Territorial, e  que chegou tan so dous anos dispois da aprobación inicial da norma.

Para o BNG, a actual proposta de modificación “nin sequera se corresponde cos plantexamentos” de Feijóo cando estaba ao frente da consellería. García admitiu que os axustes propostos favorecen a autonomía municipal respecto as concesións de licencias urbanísticas en solo rústico, pero non así “en aspectos sustanciais como a aprobación definitiva de plantexamentos municipais”.

O proxecto prevé tamén alterar os criterios de interpretación das dúbidas no planeamento urbanístico, que antes favorecían a dotación de espacios públicos e a protección ambiental e que agora se rexirán polas normas xenéricas do Código Civil. Con isto “abriráse a man a solucions aberrantes”, aduciu Mosquera. Este documento, que todavía é preliminar, provocará tamén, según os nacionalistas, un excesivo desaxuste entre as cargas para a edificación en solo urban respecto ao rústico, o que incentivará “un éxodo de poboación das cidades e vilas cara urbanizacions dispersas e esparcidas polo territorio sen nenguna adaptación ao entorno rural”.

Neste senso, os representantes do BNG tamén critican, nun documento no que detallan os cambios da lei que consideran negativos, a eliminación da parroquia como “núcleo vertebrador da convivencia e  a prestación de servicios comuns”. “Agora cualquera agrupación de casas pode ser un núcleo rural”, sinala Mosquera. O BNG se queixa tamén de que a consellería non  explicara os motivos polos que promove o cambio legal. “A modificación proposta non conta con nengunha exposición de motivos”, apuntaron os nacionalistas, que entenden que, de aprobarse a lei, a reordenación do territorio retrocederá 10 anos.

Tags: ,

Artigos semellantes
Publicado en Novas, Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.