replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 junio 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

 

A pegada de Alejandro de la Sota en Pontevedra

Escrito por admin o 27 mayo 2009

Unha exposición repasa o principal traballo do arquitecto na súa cidade natal: o Pabellón Municipal de Deportes

Son moitos os pontevedreses que ainda lembran cando se inaugurou, a principios da década dos anos 70, o pabellón dos deportes da cidade, na rúa Juan Manuel Pintos. Un arquitecto nado en Pontevedra, de gran prestixio en España, era o seu  autor. E son aínda máis os que lamentan a desafortunada remodelación que este edificio sufriu quince anos despois, sobre todo na súa cuberta.

A historia daquela peculiar obra, moi innovadora para a súa época, e os múltiples usos que rexistrou, dende deportivos a culturais, musicais e incluso bailes de disfraces, recréanse nunha exposición aberta onte no Pazo.
Varios inmobles de vivendas, entre eles un na esquina de Riestra con Pastor Díaz, de 1954, algúns edificios da Misión Biolóxica (1949) e, sobre todo, o Pabellón Municipal de Deportes, constituen a obra que o arquitecto Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913-Madrid, 1996) deixou na súa cidade natal. O seu edificio máis emblemático, construido entre 1964 e 1970, é o eixo dunha exposición que abriu onte as súas portas no Pazo da Cultura. Fotografías da construcción, bocetos, planos e outros elementos, foron reunidos polo concello, a Fundación Alejandro de la Sota e o Colexio de Arquitectos para rememorar a súa figura e a súa obra. Na presentación da exposición estaba presente o seu fillo, Juan de la Sota.

Como telón de fondo desta mostra, aa pretensión do concello de recuperar no posible o diseño orixinal do pabellón, especialmente a súa cuberta, que sufriu unha desgraciada remodelación en torno a 1985 que desvirtuou o sentido primitivo do proxecto. O que se ideara coma un teito traslúcido, con luz cenital, transformouse nun “bloque” opaco e desnaturalizado. Pero o diseño orixinal será imposible de recuperar, polo que se aposta por manter aquel “espíritu e filosofía” mediante un concurso de ideas para crear “un pabellón do século XXI”, que respete as actuais normas de accesibilidade e habitabilidade.

De la Sota volcou na arquitectura deportiva boa parte do seu xenio, como o amosa o famoso ximnasio do colexio Maravillas de Madrid, diseñado pouco antes do recinto pontevedrés. O diseño do “Pabellón Polideportivo” desenrolouse  a partir dun proxecto presentado por De la Sota en 1963 para o Concurso de ideas para Instalacións Deportivas promovido pola Delegación Nacional de Educación Física e Deportes. O arquitecto pontevedrés logrou, entre outras distinciones, o primeiro premio. Él mismo explicaba que o obxetivo era conseguir que “o ambiente xeral interior do edificio sexa extraordinariamente sinxelo e tranquilo… que resulte atractivo aos que haberán de usalo como ximnastas ou coma simples espectadores”, cunha iluminación cenital “perfectamente intencionada, unidade de construcción, unidade de cor…” resolto mediante estructuras prefabricadas de formigón. Precisamente esa iluminación cenital é a que se desvirtuou por completo coa remodelación de fai máis de dous décadas.

Co comisariado de Teresa Couceiro, a exposición estará aberta ata o 14 de xuño e estará composta por un total de 70 paneles sobre a obra do arquitecto pontevedrés, así como maquetas dalgúns dos proxectos máis destacados de De la Sota, que se graduou en 1941 na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, da que foi profesor entre 1956 e 1972.

A mostra pódese visitar de martes a venres, de 17,00 a 21,00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas.

Tags: ,

Artigos semellantes

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.