replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Levantaráse o veto para pisos protexidos ou centros de saude

Escrito por mpierres o 31 Xullo 2009

Faro de Vigo 31/07/2009

A Xunta fará excepcions á prohibición de construir nesa franxa do litoral.

As  edificacions consideradas como bens de uso público, como vivenda protexida ou centros de saude, poderán saltarse “de modo excepcional” a prohibición de construir a 500 metros da costa que manten vixente a actual Administración galega. A Xunta está disposta a saltarse a moratoria heredada do Bipartito (que en principio se prolongará ata finais de ano) sempre e  cando os concellos ou a Administración autonómica consideren “estrictamente necesario” dar luz verde a “construccions puntuais”.
Durante os primeiros días de lexislatura, o Goberno de Feijóo decidiu prolongar no tempo a prohibición de construir a menos de 500 metros e darse así unha marxe para elaborar un Plan do Litoral (analizando concello a concello) axustado ás  necesidades de urbanización e tipo de solo  de cada enclave costeiro. O veto dos 500 metros paralizou a actividade de numerosas constructoras e promotoras, así coma a tramitación de licencias por parte de alguns concellos, en numerosas áreas do litoral. Todos estes proxectos permanecerán  en stand-by ata que a actual Administración autonómica presente o Plan do Litoral, posiblemente a finais de 2009, segundo as estimacións do propio Goberno galego. A ordenación da costa é, pois, unha das principais asignaturas pendentes do Executivo, que manten paralizada a tramitación e a actividade urbanística á espera dos novos criterios que a Xunta introduza na normativa oficial, que será crucial para a imaxe, a protección paisaxística e a ordenación de novas construccions na costa da Comunidade. Non obstante, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adelantou no seu  balance dos 100 primeiros días de Goberno que, si é necesario e antes de que se aprobe o plan na  súa totalidade, “se podería ir desbloqueando pouco a pouco parte dos máis de 1.300 kilómetros de costa para construir”. Ante esta posibilidade, o departamento que dirixe Agustín Hernández amósase todavía moi  cauto: “estamos analizando os 85 concellos costeiros de Galicia, concello por concello, para ver cómo está a situación en cada un deles”. De momento, non se atreve a enumerar as zonas que poidan quedar liberadas nos vindeiros meses. Non obstante, sí cabe unha marxe para a flexibilidade, segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. “Como explicamos, a prohibición de construir a 500 metros de costa mantense  ata a aprobación do plan, para o que estamos analizando pormenorizadamente o solo urbanizable, a superficie pendente de clasificar, onde haberá bolsas de solo  urbanizable, etc… Non obstante, nesta situación podería haber excepcions e insistimos en que serán casos puntuais. Poderemos levantar o veto dos 500 metros para equipamentos públicos de interese xeral en terrenos de solo urbano non consolidado”, Adiantou  o departamento de Agustín Hernández. “Como equipamento de interés público entendemos centros de saude ou vivenda protexida, por exemplo. Pero queremos insistir en que serán casos excepcionais e puntuais, que terán que estar moibien argumentados técnica e xurídicamente para que poidamos levantar o veto dos 500 metros. Serán obras de interese xeral, cuns condicionantes específicos, pero que ninguén pense que será algo xeneralizado, porque podería producirse un malentendido”, añadiron as mesmas fontes. Os  criterios “serán restrictivos”; obraráse por causas de forza maior e se terá en conta a delimitación de solos e  a protección da paisaxe. “Ademáis, daráse  luz verde a proxectos en solo urbano non consolidado, nunca en rústico”, insiste Medio Ambiente. Un dos motivos que podería forzar o incumplimiento puntual da moratoria dos 500 metros pode ser, por exemplo, a dependencia dunha subvención concreta: “se o organismo pertinente corre o risco de perder unha subvención importante e o xustifica, aprobaremos a construcción”.

Tags:

Artigos semellantes
Publicado en Revista de prensa

Deixar unha resposta

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.