replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Maio, 2013

Urxente: cambio de emprazamento y de horario da charla técnica de Geolite - Kerakoll

Escrito por mabelleira o 27 Maio 2013

geolitePor falta de dispoñibilidade do espazo , o emprazamento da charla técnica da empresa Geolite - Kerakoll prevista para o martes día 28 de maio, inicialmente en As Campás, pasando a celebrarse no mesmo horario (as 18:00h-20:00h), no  sexto edificio do museo de Pontevedra, na rúa Cobian Roffignac de Pontevedra.

Comunicado de la Xunta de Goberno do COAG, en defensa da Casa Becerra. Vilagarcía de Arousa

Escrito por mabelleira o 25 Maio 2013

becerra

COMUNICADO DA XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos Galicia, na súa sesión 13/2013 de 16 de maio, tras ter coñecemento da proposta de descatalogación da vivenda  denominada “Becerra”, emprazada no Barrio da Prosperidade, Avda. de Rosalía de  Castro nº62 de Vilagarcía de Arousa, acordou remitirlle un escrito ao Sr. AlcaldePresidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, manifestándolle o pesar da Xunta de Goberno polo risco de desaparición dunha obra representativa do primeiro  Movemento Moderno en Galicia, xa que data do ano 1939 e cuxo autor e o arquitecto D. Juan Argenti Navajas. Unha obra que ademais representa un dos escasos edificios desa época e tendencia que permanecen no noso país.  Así mesmo, solicitouse ao Sr. Alcalde que a Corporación Municipal proceda a manter a catalogación do referido inmoble, xa que se considera que os valores recoñecidos na  ficha de catalogación dos edificios a conservar do PXOM do Concello de Vilagarcía de Arousa seguen plenamente vixentes, polo que non consideran razoable que sexan  criterios de valoración arquitectónica os que xustifiquen a súa descatalogación.

En Santiago de Compostela, a 20 de maio de 2013.

Xunta de Goberno

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Convocada reunión da comisión de planeamento o luns 27 de maio

Escrito por mabelleira o 23 Maio 2013

pxom

Previa a celebración da xunta ordinaria de delegación, se celebrará as 18:30 h unha reunión monográfica sobre o PXOM de Pontevedra, tratando o tema : “o modelo de cidade”.

CONVOCATORIA XUNTA ORDINARIA DE DELEGACIÓN O LUNS 27 DE MAIO DE 2013

Escrito por mabelleira o 23 Maio 2013

pontevedra-vect-copiaO vindeiro luns, día 27 de maio, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en

segunda convocatoria, celebrarase a Xunta ordinaria de Delegación, no baixo da Casa das

Campás, sita na Rúa Don Filiberto nº 9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta de Delegación anterior

2. Informe da Xunta Directiva

3. Informe económico da delegación do ano 2012

4. Lectura e aprobación, se procede,  da Memoria de Xestión 2012

5. Rogos, preguntas e proposicións.

Por mor, da falta de dispoñibilidade das salas de reunións da Casa das Campás na data do 29 de maio, non é

posible dar cumprimento co artigo 43.1 dos estatutos colexiais, de anunciar cunha semana de antelación a

convocatoria da Xunta ordinaria de Delegación.

Roteiro urbano de arquitectura contemporánea. Pontevedra 18 de maio de 2013

Escrito por mabelleira o 18 Maio 2013

Celebrouse hoxe o primeiro roteiro de arquitectura contemporánea, en colaboración co Concello de Pontevedra, e guiados polos arquitectos Dna.Mata Guirado e D.Diego Germade.

1ª Xornadas Marca País en Mondariz

Escrito por wlopez o 13 Maio 2013

Mañán 14 de maio, as 16:30 no balneario de Mondariz celebraranse as primeiras Xornadas Marca País, que contarán coa presencia de Don Ramón Villares, Don Javier López Martínez, D. Pepe Solla e Don Miguel Otero.

mondariz

Apertura de inscripción do Roteiro Urbano de Arquitectura Contemporánea o 13 de maio.

Escrito por mabelleira o 12 Maio 2013

roteiros2

O luns 13 de maio de 2013, ábrese na web do concello de Pontevedra,  a inscripción no roteiro urbano de arquitectura contemporánea, que discurrirá polas rúas da nosa cidade,

guiados polos compañeiros Marta Guirado e Diego Germade, o vindeiro sábado 18 de maio, e que conta coa colaboración da nosa delegación.

Bolsa de emprego: contratación de un arquitecto no Concello de Silleda

Escrito por mabelleira o 10 Maio 2013

bolsa_traballo_silleda

Publicouse hoxe na web do COAG, unha bolsa de emprego para a contratación dun arquitecto por parte do Concello de Silleda.

O prazo para inscripción remata o vindeiro martes día 14 de maio.

Podedes ampliar información e inscribiros na seguinte LIGAZÓN

Cursos de verán no SEK

Escrito por mabelleira o 2 Maio 2013

sek

En virtude do convenio asinado entre a delegación de Pontevedra e do COAG, o SEK, remítenos información sobre os cursos de verán en España e no extranxeiro que ofertan.

Os arquitectos colexiados poden beneficiarse dun desconto do 5%.

Mais información nas seguintes ligazóns:

Folleto 1

Folleto 2

Folleto 3

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.