replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Abril, 2013

Convocatoria aberta da comisión de planeamento: PXOM de Pontevedra.

Escrito por mabelleira o 30 Abril 2013

pxom

Convocatria aberta a todos os colexiados da delegación,  da Comisión de Planeamento: Debate sobre o PXOM de Pontevedra,  a oportunidade da súa reactivación , para o vindeiro 15 de maio ás 20.00h en As Campás. Rúa Don Filiberto. Pontevedra.

.

Xornada de Enerxía e Sustentabilidade o vindeiro 9 de maio en Pontevedra.

Escrito por mabelleira o 25 Abril 2013

imgresA Deputación Provincial de Pontevedra dentro do plan Retaler II, organiza no sexto edificio do Museo de Pontevedra, en horario de 9:30h a 14:00 h o vindeiro 9 de maio de 2013.

Esta xornada está deseñada como un espazo de información e formulación de propostas para tratar de comprender a importancia da enerxía no deseño dun futuro sustentable, e pretende achegar a realidade da situación enerxética global e os seus impactos no noso entorno máis cotiá, así como presentar as múltiples alternativas para o deseño dun futuro enerxético sustentable. As inscripcións son de balde. Para más información preme na seguinte ligazón para realizar a túa inscripción xa que as prazas son limitadas.


Urxente: Modificación de data da Xunta Ordinaria de Delegación para o vindeiro 22 de Abril.

Escrito por mabelleira o 15 Abril 2013

pontevedra-simple_rectangular
A xunta ordinaria de delegación, convocada inicialmente para o 17 de abril as 19:3o en primeira convocatoria e 20:00 en segunda convocatoria, trasládase por motivos de axenda do COAG,  ao  vindeiro lúns 22 de abril no mesmo lugar (casa das Campás) e no mesmo horario, e mesmo orde do día.

Polo tanto a convocatoria quedería da seguinte maneira:

O luns 22 de Abril, ás 19:30 horas en 1ª convocatoria e ás 20:00 en 2ª convocatoria, celebrarase  Xunta Ordinaria de Delegación que terá lugar na Casa  das Campás, sita na Rúa D. Filiberto nº9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta de Delegación anterior.

2. Informe da Xunta Directiva.

3. Rogos, preguntas e proposicións.

Atentamente,

Wenceslao López Velasco

II Xornadas sobre o Patrimonio no Rural - Concello de Pontevedra

Escrito por mabelleira o 2 Abril 2013

logo-concello-pontevedraConvocadas as II Xornadas sobre patrimonio no Rural do Concello de Pontevedra, organizadas pola Concellaría de Patrimonio Histórico.

Desenvolveránse os vindeiros día 12 e 13 de abril de 2013, na Misión Biolóxica de Galicia en Salcedo - Pontevedra.

Para poder inscribirse é necesario enviar un email ao seguinte enderezo de correo electrónico: patrimoniocultural@pontevedra.eu , indicando nome , apelidos e telefóno de contacto.

As xornadas desenvolveranse con arranxo ao seguinte programa:

II XORNADAS SOBRE PATRIMONIO NO RURAL

Patrimonio, territorio e desenvolvemento local

Venres 12 de abril (tarde)

16.30 h. Recepción de participantes no salón de actos.

17 h. Conferencia de apertura de Begoña Bas sobre patrimonio etnográfico: “Un patrimonio para coñecer, valorar, actuar, gozar”.

18 h. Mesa de experiencias institucionais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais Cristina Cid, concelleira de promoción económica de Allariz.

Joao Alpuim Botelho, director do Museo do Traje e coordinador dos núcleos museolóxicos das parroquias de Viana do Castelo.

19.10 Pausa

19.30 Mesa de experiencias sociais sobre recuperación e dinamización de conxuntos patrimoniais:

Rafa Beceiro, coordinador Proxecto Esmelle (Asociación Veciñal Valle de Esmelle Ferrol)

José Bravo, coordinador da Aula do Almofrei (Comunidade de Montes do Salgueiral, Bora-Pontevedra)

21.00 Convivio.

Sábado 13 de abril (mañá)

10 h. Conferencia de Ignacio Muñiz Jaén, director do Ecomuseo do río Caicena (Córdoba): “O Ecomuseo do río Caicena en Almedinilla (Córdoba): desenvolvemento rural desde o patrimonio histórico-natural e a participación cidadá”

11 h. Presentación de iniciativas sobre patrimonio, territorio, custodia, desenvolvemento

Ramón Magdalena (Asociación Galega de Custodia do Territorio): “Custodia do Territorio: concepto e situación actual”

Paula Lubián (Feitoría Verde). “Ruralactivo: programa de dinamización do patrimonio de Xeve-Pontevedra”

12.10 Pausa

12.30 h Mesa de experiencias sobre iniciativas de custodia do territorio

Fernando Bandín: Fundación Fragas do Mandeo

Gonzalo Sancho: Asociación Vaipolorrío (Pontevedra)

Mario Touceda Torres: Fundación Terra Termarum (Castrolandín-Cuntis)

13.30-14.30 h Visita guiada á Misión Biolóxica de Galicia.

15 h Xantar. A participación na xantar é opcional. Inscrición previa, prezo 15 euros.

Comida-homenaxe ao asesor xurídico da delegación: D.Javier Munaiz Puig.

Escrito por mabelleira o 1 Abril 2013

Con motivo da xubilación do noso asesor xurídico D. Javier Munáiz Puig, a Xunta Directiva da Delegación organiza unha comida de homenaxe para o vindeiro sábado día 27 de Abril ás 14:00h no salón principal do Liceo Casino de Pontevedra, sito na rúa Manuel Quiroga.

O custe da comida será de 25€ por persoa, importe a aboar polos colexiados, acompañantes ou traballadores do COAG que estean interesados en participar, entregando o importe nas dependencias da Delegación do COAG en Pontevedra, antes do venres día 19 de Abril.

O MENÚ será o seguinte:

APERITIVO (PRATO INDIVIDUAL):

- empanada caseira

- brochetas de queixo manchego e uva

-croquetas do cheff

—————————————————-

PRIMEIRO:

Ensalada de queixo de cabra con vinagreta de froitos secos e piña caramelizada

————————————————————–

SEGUNDO:

Bombon de solombo iberico con patata panadeira, tomate á prancha e salsa española

——————————————————————–

POSTRE:

brownie caseiro de chocolate con bola de xelado

cafe

BEBIDAS:

Ribeiro, Rioja, auga, refrescos, cervexa de barril

Convocatoria de Xunta Ordinaria de Delegación

Escrito por mabelleira o 1 Abril 2013

pontevedra-simple

O mércores 17 de Abril, ás 19:30 horas en 1ª convocatoria e ás 20:00 en 2ª convocatoria, celebrarase  Xunta Ordinaria de Delegación que terá lugar na Casa  das Campás, sita na Rúa D. Filiberto nº9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Xunta de Delegación anterior.

2. Informe da Xunta Directiva.

3. Rogos, preguntas e proposicións.

Atentamente,

Wenceslao López Velasco

Secretario da Delegación de Pontevedra do COAG.

Pontevedra, a 1 de abril de 2013.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.