replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 4 Setembro 2012

Dia mundial da arquitectura, o 1 de outubro adicado ao Poboado de Fontao (Vila de Cruces)

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

fontao-0231

Este ano, a delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, adicará o vindeiro 1 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura a o Poboado mineiro de Fontao, situado no concello de Vila de Cruces.

Obra do arquitecto Basilio Bas, foi rehabilitado hai pouco para vivendas de protección oficial.

O acto previsto será realizado  en colaboración co Concello de Vila de Cruces,  onde se porá unha placa de recoñecemento a nivel nacional do Consello de Arquitectos de España por estar esta obra incluida no D.O.C.O.M.O.M.O. ibérico.

Nembargantes, informarase máis polo miudo por circular colexial dos actos previstos para ese día pola nosa delegación.

Urxente: Convocatoria de Xunta Extraordinaria de Delegación o vindeiro 5 de setembro na Casa das Campás.

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

O vindeiro mércores día 5 de setembro, ás 19:30 horas en 1ª convocatoria e ás 20:00 en 2ª convocatoria, celebrarase a Xunta Extraordinaria de Delegación, na pranta baixa da Casa das Campás, sita na Rúa Don Filiberto nº 9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Venda, se procede, do solar sito na Avda. de Uruguai núm. 1 e Rúa Arcebispo Malvar núm. 65 (antigo solar do Teucro).

2. Autorizar á Xunta Directiva para que realice os trámites oportunos para levar a cabo a devandita venda.

3. Solicitar á Xunta de Goberno do Colexio para que proceda á convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria para adoptar os acordos que correspondan respecto dos dous puntos anteriores.

Urxente: Reunión do Xurado do premios Gran de Area 2012 prevista para o vindeiro venres, 7 de setembro.

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

gda12bO vindeiro 7 de setembro de 2012, vaise reunir finalmente na delegación de Pontevedra do COAG, o xurado para o fallo dos premios GDA na súa edición 2012.

O Xurado está composto por arquitectos das delegacións de Pontevedra e Vigo do COAG,  segundo as bases da convocatoria,  este premios son  organizados conxuntamente por ambalas dúas delegacións.

Con posterioridade ao fallo publicarase a relación de premiados, así como a data e lugar da celebración da entrega dos premios.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.