replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Setembro, 2012

Urxente: Convocatoria de xunta extraordinaria de delegación: 8 de Outubro.

Escrito por mabelleira o 27 Setembro 2012

CONVOCATORIA DE  XUNTA EXTRAORDINARIA DE DELEGACIÓN O vindeiro luns, día 8 de outubro, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria, celebrarase a Xunta extraordinaria de Delegación,  na pranta baixa da Casa das Campás, sita na Rúa Don Filiberto nº 9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte: ORDE DO DÍA 1. Comunicación ós colexiados por parte da Xunta Directiva  e dunha representación da Xunta de Goberno do Colexio do estado da negociación pola venda do solar sito na Avda. De Uruguai núm. 1 e Rúa Arcebispo Malvar núm. 65 (antigo solar do Teucro). Dada a importancia do tema a tratar prégase a asistencia de todos os colexiados á mesma. pontevedra-simple2

Dia Mundial da Arquitectura: Poboado mineiro de Fontao. Vila de Cruces. 3 de outubro de 2012.

Escrito por mabelleira o 27 Setembro 2012

Como cada ano na primeira semana de outubro, celébrase o Día Mundial da Arquitectura.

Nesta ocasión a UIA ( Unión Internacional de Arquitectos) elexiu como tema que vertebrará todos os actos convocados para dito día, “O Arquitecto como transformador da cidade”.fontao-011

No ámbeto español e da man da Fundación DOCOMOMO Ibérico vaise así a adicar o Día da Arquitectura 2012 á colocación de placas informativas en edificios senlleiros da arquitectura moderna incluidos nos Rexistros DOCOMOMO Ibérico. Este programa estáse realizando en colaboración cos Colexios Oficiais de Arquitectos de España e a Ordem dos Arquitectos de  Portugal e do  Consello Superior de Colexios Oficiais de Arquitectos. de España.

Nesta edición vanse colocar 64 placas en toda España, co obxectivo de ir ampliando este número nun futuro.

A Delegación en Pontevedra do COAG é , dentro do ámbeto galego unha das tres Delegacións ás que se lles outorga unha destas placas, que será colocada no Poboado Mineiro de Fontao, obra do arquitectos D.César Cort Gómez-Tortorsa e D.Joaquín Basilio Bas, e construido no concello pontevedrés de Vila de Cruces nos anos 50 do século pasado, exemplo indiscutible dunha época e un xeito de facer arquitectura.

Convócase así a tódolos colexiados, autoridades e todas aquelas persoas interesadas en participar, aos ACTOS PROGRAMADOS para o mércores día 3 de Outubro a partires das 16:30h  no recinto do Poboado de Fontao, en Vila de Cruces, seguindo a seguinte:

ORDE DE ACTOS

Ás 16:30h haberá unha visita guiada polo arquitecto director das obras de rehabilitación, D. Eugenio Jimenez Passolas,  segundo proxecto redactado por Enrique Barreiro Arquitectos, ás instalacións que conforman o conxunto do Poboado Mineiro de Fontao.

Ás 18:00h, no edificio do auditorio (antigo Cine) acompañados das autoridades asistentes, e o Director do Museo Mineiro de Fontao, procederáse á:

-               colocación dunha placa no antigo edificio do Cine, otorgada polo D.O.C.O.M.O.M.O Ibérico (documentación e conservación da arquitectura e o urbanismo do movemento moderno) e que confirma ó conxunto do Poboado Mineiro coma obra destacada do Movemento Moderno, describíndoo coma “..un coherente conxunto, que fai  de O Fontao unha das obras máis singulares e valiosas do patrimonio moderno.”

-               adicación da praza do Cine do Poboado ao arquitecto  D. Joaquín Basilio Bas, co descubrimento dunha placa co nome do mesmo.

NOTA IMPORTANTE: A Delegación disporá un autobús que sairá ás 15:30h dende a Praza de Galicia cara Vila de Cruces, a disposición de todos aqueles colexiados que queiran acudir á visita e actos programados. A volta está prevista sobre as 20:00h con chegada ás 21:00h a Pontevedra.

É precisa a inscrición previa para asegurarse a praza na seguinte dirección mail: xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

FALLO DOS PREMIOS GDA2012

Escrito por mabelleira o 13 Setembro 2012

Na segunda reunión de hoxe  xoves 13 de setembrro de 2012, o  xurado fallou os premios Gran de Area 2012, resultando premiados 11 proxectos.

Oito na categoría de obra exectuada, e tres na categoría de proxecto.

As obras premiadas, ordeadas por orde alfabético dos premiados son as seguintes:

Obra exectuda.

Piso na Rúa Principe (Vigo)

Arquitecta: María Gracia Amandi Joglar.

REHABILITACIîN EN PRêNCIPE

Centro Cívico de Teis (Vigo)

Arquitectas: Belinda Besada e Mariester Failde. BMJ arquitectos.

ccteis-4

Renovación do parque, xardín e carballeira de Caldas de Reis.

Arquitectos: Martín Cerreda Álvarez e Natalia Lorenzo Mena.

gda20012_renovacian-de-carballeira_foto_22

Vivenda unifamiliar en Vilasobroso. (Mondariz).

Arquitecto: Domingo Couto Toucedo.

tyb-f02-vista-general

Vivenda en Tebra (Tomiño)

Arquitectos : Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera

irisarri

Casa X2 . Barro.

Arquitectos: Patricia Muñiz e Luciano G.Alfaya ( Estudio MMSA).

casax2_entorno_5

Reforma de Piso en Gran Vía (Vigo)

Arquitecto: José Luis Quintela Porro

02

La barbería de Raúl (A Estrada)

Arquitectos: Juan José Taboada Castro e Miguel Camba Constenla.

a-barberia-de-raul_041

Proxectos:

Unidade Nido (sin emprazamento)

Arquitectos: Jordi Castro Andrade, María González Ferro (Castroferro arquitectos) e Iago Fernández Penado.

unidad-nido_2

Vivenda unifamiliar en Domaio (Moaña).

Arquitecto: Victor M.González Magdalena.

terraza-azul1

Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar en A Barga. Donas.Gondomar.

Arquitecto: Antonio Soliño Troncoso.

maqueta-1-1

Noraboa aos premiados e agradecendo a participación a tódolos arquitectos que mandaron os seus proxectos para a edición dos premios GDA12.

Aprobación inicial da ordenanza reguladora da tramitación das declaracións responsables

Escrito por wlopez o 11 Setembro 2012

logoponteO concello de Pontevedra engadiu na súa web a Aprobación inicial da ordenanza municipal para a simplificación administrativa no concello de Pontevedra, reguladora da tramitación das declaracións responsables para prestación de servizos, instalacións e apertura de establecementos comerciais, cambios de titularidade e licenzas para obras e instalacións menores por actuación comunicada.


Mais información no seguinte enlace

Urxente: Segunda reunión do xurado dos premios GDA12 prevista para o vindeiro xoves día 13 de setembro

Escrito por mabelleira o 7 Setembro 2012

gda12b2

Hoxe día 7 de setembro reuniuse na súa primeira sesión, o xurado dos premios GDA12 na delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Logo dunha primeira selección inicial, está prevista unha segunda reunión na mesma delegación colexial, o vindeiro xoves día 13 de setembro ás 11.30h, onde se rematará o fallo do proxectos e se dará a coñecer o nome dos arquitectos premiados nesta edición.

Dia mundial da arquitectura, o 1 de outubro adicado ao Poboado de Fontao (Vila de Cruces)

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

fontao-0231

Este ano, a delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, adicará o vindeiro 1 de outubro, o Día Mundial da Arquitectura a o Poboado mineiro de Fontao, situado no concello de Vila de Cruces.

Obra do arquitecto Basilio Bas, foi rehabilitado hai pouco para vivendas de protección oficial.

O acto previsto será realizado  en colaboración co Concello de Vila de Cruces,  onde se porá unha placa de recoñecemento a nivel nacional do Consello de Arquitectos de España por estar esta obra incluida no D.O.C.O.M.O.M.O. ibérico.

Nembargantes, informarase máis polo miudo por circular colexial dos actos previstos para ese día pola nosa delegación.

Urxente: Convocatoria de Xunta Extraordinaria de Delegación o vindeiro 5 de setembro na Casa das Campás.

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

O vindeiro mércores día 5 de setembro, ás 19:30 horas en 1ª convocatoria e ás 20:00 en 2ª convocatoria, celebrarase a Xunta Extraordinaria de Delegación, na pranta baixa da Casa das Campás, sita na Rúa Don Filiberto nº 9-11 de Pontevedra, con arranxo á seguinte:

ORDE DO DÍA

1. Venda, se procede, do solar sito na Avda. de Uruguai núm. 1 e Rúa Arcebispo Malvar núm. 65 (antigo solar do Teucro).

2. Autorizar á Xunta Directiva para que realice os trámites oportunos para levar a cabo a devandita venda.

3. Solicitar á Xunta de Goberno do Colexio para que proceda á convocatoria dunha Xunta Xeral Extraordinaria para adoptar os acordos que correspondan respecto dos dous puntos anteriores.

Urxente: Reunión do Xurado do premios Gran de Area 2012 prevista para o vindeiro venres, 7 de setembro.

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

gda12bO vindeiro 7 de setembro de 2012, vaise reunir finalmente na delegación de Pontevedra do COAG, o xurado para o fallo dos premios GDA na súa edición 2012.

O Xurado está composto por arquitectos das delegacións de Pontevedra e Vigo do COAG,  segundo as bases da convocatoria,  este premios son  organizados conxuntamente por ambalas dúas delegacións.

Con posterioridade ao fallo publicarase a relación de premiados, así como a data e lugar da celebración da entrega dos premios.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.