Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Archivado o Setembro, 2011
Xa se pode consultar na sede Equipamentos II. Ocio, deporte,comercio, transporte e turismo
Chegou á sede, para a súa consulta por parte dos colexiados, o libro Equipamentos II, publicado por Arquia e que mostra obras de Corrales, Molezún, Tenreiro, de la Sota, Bar Bóo e moitos outros arquitectos que edificaron entre 1925 e 1965.
Presentado o seminario e obradoiro “Hábitat a escala humana”
A organización arquitectos sen fronteiras presentou na súa web o seminario “Hábitat a escala humana”, que será impartido na E.T.S.A.C. do 14 ao 28 de outubro, sendo a inscrición de balde.
Os conferenciantes proceden de diversos campos coma o deseño, a antropoloxía, a arquitectura, a cooperación e as ciencias ambientais.
Podedes obter máis información aquí
Programa día 25 de Novembro: conferencia Schüco e Cea da Patroa de 2011
Podedes consultar o programa de actos organizados para o día premendo na seguinte ligazón: Cea patroa 25 novembro
Lembrade que a data límite para a preinscrición , como se indica na circular nº9/2011 ,será o 28 de Outubro.
O correo para confirmar o interés en asistir a toda a programación do día son: xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org , debendo indicarse o nome e número de colexiado e, se procede, os datos do acompañante. Tamén se pode comunicar directamente na oficina da Delegación ao personal administrativo.
A Directiva.
Chegou á delegación un exemplar do libro Proxecto para a cociña contemporánea
O Cluster da madeira de Galicia, xunto con Lignunfacile publican o libro Proxecto para a cociña contemporánea, do que pódese consultar un exemplar na biblioteca da nosa delegación.
Tamén pódese baixar a publicación en formato pdf neste enlace




