replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Agosto, 2011

URXENTE: Invitación do Concello de Poio para participar en procedemento de contratación

Escrito por wlopez o 22 Agosto 2011

COMUNICACIÓN A TODOS/AS OS/AS COLEXIADOS/AS:

O concello de Poio (Pontevedra) precisa contratar un equipo técnico e administrativo para desempeñar as funcións de mantemento da oficina municipal de rehabilitación do Conxunto Histórico-Artístico de Combarro-portelos únicos de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 e doutras actuacións en materia de vivenda (segundo consta no prego de prescricións técnicas).

A contratación efectuarase por procedemento negociado sen publicidade e trámite urxente. Por tal motivo, o concello remite a información e documentación ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para súa difusión entre os colexiados, para que, si resulta de interese, poidan presentar a correspondente proposta.

Prazo e lugar de presentación das propostas: 8 días naturais desde a difusión da información sendo o último día o 27 de agosto de 2011. Lugar: rexistro do concello ou por correo.

Duración do contrato: un ano desde a súa firma podendo prorrogarse ata o 31 de decembro de 2012.

Orzamento: 38.697,49 € máis 6.965,55 € de IVE, cun importe total de 45.663,04 € (este orzamento responde á subvención que a Xunta de Galicia concede ao concello para mantemento da oficina de rehabilitación).

Composición mínima do equipo: punto III do prego de prescricións técnicas: un arquitecto superior, un arquitecto técnico, un técnico superior en desenvolvemento e aplicación de planos de obra (o concello aclarou que este técnico fai referencia á figura de delineante) e un adminsitrativo ou auxiliar adminsitrativo.

Documentación a presentar: cláusulas sexta e décima do prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

Os interesados en presentar proposta deberán facer constar, así mesmo, que obtiveron a información a través do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Adxuntase a esta comunicación os pregos de cláusulas adminsitrativas particulares e prescricións técnicas.

Persoa de contacto no concello de Poio: Mercedes Conchón López: : mercedes.cochon.lopez@concellopoio.com 986770001-EXT. 213

Máis información prema aquí

Aclaración obxecto do contrato

(15n) Quincena Arquitectura Contemporánea en Suiza: (15n-2) renovación e ampliación de vivenda en Geneve

Escrito por mpierres o 18 Agosto 2011

dmarchitects-0

Achegamos unha nova obra, neste caso trátase dunha renovación e ampliación  dunha vivenda en Geneve do estudo Dm architectes.




Aportacións colexiados: Dendes as rúas da memoria

Escrito por mpierres o 17 Agosto 2011

Os facilitamos unha ligazón ao artigo “Dende as rúas da memoria” .

Trátase dun artigo do blog do noso colexiado Diego Germade ”Individuos opacos en un jardín portátil” , e que fai referencia á obra de Begoña Paz na reciente exposición “Dende as rúas da memoria”.

LIGAZÓN

2º Premio GRD o Salnés aos proxectos innovadores do rural no Salnés

Escrito por wlopez o 16 Agosto 2011

evento_67014Xa foi convocado o  2º Premio GRD o Salnés aos proxectos innovadores do rural no Salnés.

Nas bases do concurso pódense ver os obxectivos do premio:

O premio ás Ideas de Proxectos Innovadores para o Rural do Salnés poderase conceder a calquera participante que presente unha idea de proxecto ou un proxecto xa realizado que, no seo da Comarca do Salnés, contribúan de xeito singular á promoción do medio rural e á xeración dunha sociedade rural máis dinámica e de maior benestar.

Os proxectos ou ideas de proxectos poden estar sen executar, executados ou en execución na data de publicación da convocatoria do premio.

O premio de Fotografía GDR O Salnés poderase conceder a calquera participante que presente unha fotografía vinculada á temática “O Salnés ao Natural”, que contribúa de xeito singular á promoción do medio rural e natural da nosa comarca.

Bases dos premios

Máis información prema aquí

Convocados os Premios Gómez Román para proxectos de rehabilitación da arquitectura tradicional galega

Escrito por wlopez o 14 Agosto 2011

premios gómez románXa foron convocados os Premios Gómez Román para proxectos de rehabilitación da arquitectura tradicional galega.

As dúas modalidades destes premios  “edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas” e “construcións adxectivas rehabilitadas ou reconstruidas” pretenden estimular a rehabilitación do habitat tradicional galego e contribuír deste xeito á recuperación da paisaxe e núcleos rurais de Galicia.

Bases dos premios

Máis información prema aquí

Concurso ar+d Emerging Architecture Awards

Escrito por mpierres o 11 Agosto 2011

imagen_logo1 Un año más ARCON es co-patrocinador de ar+d Emerging Architecture Awards, los premios más populares y prestigiosos para jóvenes arquitectos, creados por la revista The Architectural Review y la firma de herrajes danesa d line.

ARCON es el representante del concurso en España.
Los premios ar+d Awards, fundados en 1999, celebran este año su 13ª edición. El concurso ar+d ofrece a los jóvenes arquitectos una oportunidad única de darse a conocer y de situar su obra en un escenario internacional.
Los premios se otorgan a la excelencia en diferentes campos del diseño: Edificios, paisajismo, urbanismo, diseño de producto y mobiliario.
Los proyectos deben estar construidos y la edad límite para participar es de 45 años.
Los ganadores serán invitados a la ceremonia de entrega de premios en Londres y sus proyectos se publicarán en la revista AR (The Architectural Review).
Fecha límite para la entrega de proyectos: 2 de septiembre 2011 ·

O Arquitecto Fernando Lafuente Lestón, gañador do premio Novos Valores 2011

Escrito por mabelleira o 10 Agosto 2011

O arquitecto da nosa delegación Fernando Lafuente Lestón, foi premiado na edición do 2011 do certame  ”Novos Valores” por un acrílico contrachapado titulado “Librería”.

O premio convocase cada ano pola Deputación Provicial de Pontevedra, e Fernando foi galardoado na modalidade de Pintura. A súa obra pódese contemplar no Museu de Pontevedra ate o próximo 18 de setembro.

Desde a Xunta Directiva da Delegación queremos felicitar ó compañeiro Fernando Lafuente polo galardón obtido.

“El urbanismo debe hacerse con participación ciudadana”

Escrito por mpierres o 2 Agosto 2011

Fuente: El Pais -JOSÉ LUIS ESTÉVEZ - Santiago - 30/07/2011

Debate de arquitectos sobre las políticas de territorio

Medio centenar de profesionales relacionados con el mundo de la arquitectura se reunieron ayer en la sede de la fundación María Martínez Otero de A Estrada, para participar en unas jornadas en las que diversos ponentes hablaron sobre las relaciones entre la arquitectura y el territorio rural. Durante el debate que se desarrolló después de una de las conferencias, varios arquitectos señalaron como uno de los graves problemas de la planificación urbanística en España en general y Galicia en particular la poca participación de los ciudadanos en el diseño de las actuaciones.

Durante el coloquio, el director de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, José Manuel Casabella, apuntó que una de las dificultades con las que se encuentran los arquitectos a la hora de poner en marcha sus proyectos es la casi nula presencia de los ciudadanos en los mismos. “Los planes urbanísticos se exponen durante unos días y las alegaciones que se presentan son por el interés particular de cada uno, pero casi nadie se preocupa por cómo afecta ese plan al espacio público”, indicó Casabella, quien también destacó que los políticos se preocupan principalmente de aprobar los planes de ordenación urbana con rapidez y no por el cuidado de los espacios públicos presentes en esos planes. Casabella añadió que la responsabilidad no es exclusiva de los políticos ya que las dificultades que existen para cambiar los planes urbanísticos de los municipios hacen que estos busquen “la mayor operatividad posible”.

Por su parte, el organizador de las jornadas, José Valladares, de RVR Arquitectos, explicó que en la elaboración de los planes urbanísticos las mayores preocupaciones son por el “qué” y no por el “cómo” y eso lleva a que el papel de la arquitecto cada vez sea menos importante. Valladares pidió una reflexión sobre este asunto ya que, a su juicio, la arquitectura ha abandonado campos que no debía haber dejado de lado y eso hace que los planes urbanísticos cada vez dependan más de cuestiones jurídicas y menos de los criterios técnicos para diseñar los espacios adecuados para el disfrute de los ciudadanos.

Durante las jornadas presentaron sus ponencias el artista visual Alvaro Negro y los arquitectos Bert Gellynck, Nadia Casabella, Juan Creus, Covadonga Carrasco y Carlos Quintáns. Nadia Casabella explicó que en Bélgica se ha puesto en marcha en los últimos años una nueva normativa que puede ser interesante para Galicia, ya que contempla la aparición de nuevos instrumentos en la elaboración de planes urbanísticos que tienen más en cuenta a los ciudadanos y facilitan su participación.

Curso: Certificación enerxética de edificios, aplicacións técnicas innovadoras

Escrito por wlopez o 2 Agosto 2011

A fundación Sotavento Galicia, xunto co INEGA (instituto enerxético de Galicia) como colaborador mais o apoio económico do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), convocan 5 cursos de formación.

Co galo de conseguir os obxectivos marcados polo Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética 2008-2011 aprobado polo Goberno de España e o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética na Administración Pública de Galicia dentro do Plan Enerxético Galego 2007-2012, impartiranse estes cursos sobre Certificación enerxética de edificios; aplicación de soluciones técnicas innovadoras.

O obxectivo destos é proporcionar ós asistentes a capacitación e os materiais necesarios en materia lexislativa de eficiciencia enerxética, certificación enerxética dos edificios en relación coa aplicación de solucións técnicas innovadoras, modelización e medidas experimentais de eficicencia enerxética, así como os estándares actuais de sostenibilidade na edificación: LEED, BREEAM, PASSIVHAUS, LIDER,CALENER.

Os cursos impartiranse entre o 5 se setembro e o 7 de outubro de 2011e terán unha duración de 32,5 horas impartidas ó longo duha semán.

Os cursos son de balde unha vez xustificada a asistencia.

Máis información prema no seguinte enlace: triptico-informativo



That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.