splash
Publicado por admin o 7 June 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o May, 2011

El COAG pedirá a los concellos de la provincia un «empujón» a los PXOM

Escrito por mpierres o 31 May 2011

La Voz de Galicia - 31.05.2011

Manuel Abelleira Argibay (Pontevedra, 1970) es desde este mes el nuevo presidente de la delegación de Pontevedra del Colegio de Arquitectos de Galicia (COAG), tras imponerse en las elecciones celebradas por el colectivo al otro candidato, Luis Alberto Martínez González. Colegiado desde 1997, Abelleira, que ocupaba el cargo de tesorero en la anterior directiva encabezada por María José Fariña Busto, destacó que su decisión de presentarse a estos comicios fue casi «de compromiso con el colegio», sobre todo «después de pasar una época muy dura estos últimos cuatro años». «No continuar me parecía dejarlo un poco todo en el aire».

El nuevo presidente incide en este sentido en que la crisis ha golpeado sobremanera al colectivo, que en la demarcación de Pontevedra aglutina a cerca de 300 miembros. «Los pisos han bajado muchísimo, la actividad ha bajado y es evidente que el colegio no tiene los medios que tenía -señala-. Donde antes se podía realizar por ejemplo una labor cultural, ahora estamos más limitados. Pero también estamos con ilusión y a lo mejor hay que tener más imaginación para convencer a las administraciones o a las cajas para que nos presten dinero».

Casos como A Estrada

En la misma declaración de intenciones con la que Abelleira se presentó al cargo, destaca que uno de los retos de la delegación será el intentar que los concellos «den un empujón fuerte a la aprobación de los planes generales, Pontevedra sobre todo». Además de la capital, localidades como Marín, A Estrada, Vilagarcía y, en breve, Poio y Sanxenxo, tramitan cambios en sus planeamientos y Abelleira indicó que tras la toma de posesión de las nuevas corporaciones, se solicitarán reuniones a los ayuntamientos «para expresar nuestras inquietudes y demandas». «Que tengamos voz no solo en la parte más amable, sino también en la más reivindicativa de la profesión, que es la de la agilidad en las licencias y también la implantación de las licencias digitales», dijo

Acto de entrega dos Premios Gran de Area 2011

Escrito por mpierres o 27 May 2011

Acto entrega Premios GDA 11Onte tivo lugar na sé da Delegación en Vigo do COAG o acto de entrega dos Premios Gran de Area 2011.

Presidiron o  acto os presidentes saíntes e entrantes das novas Xuntas Directivas das Delegacións de Pontevedra e Vigo, organizadores dos Premios.

Esta foi a primeira ocasión en que ambas Delegacións participan conxuntamente nos Premios, ampliándose o ámbito a toda a Provincia de Pontevedra. Tamén foi a primeira ocasión en que se premia a labor non só dos arquitectos e promotores, senón tamén dos constructores, coma parte importante do resultado final das obras.

Numerosas autoridades, promotoras, de moitos dos proxectos premiados acudiron ao acto.

Podes acceder a continuación varias imaxes da celebración levada a cabo.

Xoves 26 de Maio, Acto de entrega dos Premios Gran de Area 2011

Escrito por mpierres o 24 May 2011

centro-de-formacion-en-redondela“Os Premios GranDeArea de aportación á Arquitectura, convocados polas Delegacións do COAG en Pontevedra e Vigo, supoñen un recoñecemento aos ARQUITECTOS, PROMOTORES e CONSTRUTORES polo seu labor necesariamente conxunto para obter, máis aló dun produto, unha expresión arquitectónica do feito cultural actual.”

Os premios GrandeArea 2011 contaron coa novidade da ampliación do ámbito dos premios a toda a provincia de Pontevedra, podendo participar todos os colexiados do COAG que tivesen algún proxecto ou obra levada a cabo durante os anos 2009 e 2010 e dentro do ámbito provincial. Presentáronse un total de 79 proxectos.

O xurado reunido o día 29 de abril de 2011, acordou premiar 22 proxectos de 21 estudios de arquitectura, tal e como se recolle na Acta do xurado adxunta.

O acto de entrega dos diplomas terá lugar o próximo xoves día 26 de maio ás 20:00 horas na Sede da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia, situada na rúa Doutor Cadaval 5 de Vigo, ó que quedan convidados todos os colexiados.

Fallo dos Premios Gran de Area 2011

Escrito por mpierres o 19 May 2011

gda1-300x1621Adxuntamos a circular e a acta coa resolución dos Premios Gran de Area 2011.

Nota: Pedimos desculpas polo fallo, xa resolto, na ligazón á acta.

ACTA PREMIOS GDA 2011

“As dificultades son acicates”. Entrevista: Carlos Quintáns

Escrito por mpierres o 2 May 2011

carlos-quintansLa Voz de Galicia - Nacho Mirás Fole -02.05.2011

Consola escoitar que as puñaladas urbanísticas que desangran a Galicia poden ter cura, que o tempo de espremer a paisaxe pasou. Carlos Quintáns Eiras (Senande-Muxía, 1962) é un deses arquitectos que usan o lapis para acariñar a paisaxe, non para cravalo nel.

-Seguro que a crise do ladrillo non vén acompañada de crise de creatividade…

-Sempre pensei que as dificultades son acicates. As crises son dolorosas, pero son boas porque che forzan a facer cousas. A crise tamén permite visualizarnos a aqueles que estabamos a ter unha actitude distinta. Desde o punto de vista educativo, este momento é especial.

-¿Pero non resulta frustrante proxectar e non poder construír?

-Depende. Se cadra, antes estábanse construíndo cousas que non valían a pena.

-Teñen fama de ser profesionais caros…

-Algúns arquitectos. Cando che compras un coche, que pode ter unha franxa de vida duns dez anos, ¿canto tempo dedicas a pensar que coche vasche comprar? Posiblemente, unha décima parte do tempo que vai durar. A túa vivenda é o maior investimento de toda a túa vida. Ten unha duración mínima de cincuenta anos. Deberías dedicarlle a pensala, polo menos, tanto tempo como ao coche. Non ten sentido buscar o mellor médico, o mellor concesionario de coches e , con todo, un arquitecto que che diga a todo que si, que non che axude a razoar e que se limite a ver como podes legalizar a obra e xa. Un arquitecto non ten por que ser máis caro.

-Difícil atopar un alcalde que non queira transcender cunha gran obra pública, faga ou non faga falta…

-Alcaldes e outros políticos. A xente é cada vez máis consciente de que hai cousas que non é necesario facer. Hai que saber explicar onde se gasta o diñeiro e onde non. Cada un debe saber onde está a rendibilidade política, pero non se pode gastar o diñeiro inutilmente.

-Alguén como vostede, que crea, que racionaliza, ¿non sofre vendo como está Galicia?

-Pódese arranxar. Pero hai que ver isto como unha guerra. Ou, como dixo Manolo Rivas, é un pobo que se está matando a si mesmo. Pero si ten remedio.

-¿Metendo a pa?

-Hai que derrubar moitas cousas, evidentemente, pero ten que haber un momento no que se pare a destrución. Podes varrer a casa cando non a estás ensuciando ao mesmo tempo. Unha vez que paremos de ensuciar, poderemos varrer. Á marxe da pa, haberá situacións nas cales unha certa destrución poida xerar un bo remedio. O que non entendo é que haxa quen saque rendibilidade política permitindo a destrución do país.

-Pero se derruba pouco, ¿non? Saen sentenzas, pero se executan poucas…

-É certo que se fala de edificios que son moi daniños e que se deben tirar. Pero, posiblemente, son daniñas pezas moito máis pequenas sobre as que non hai sentenzas. É necesario derrubar; agora ben: están a producirse derribas en lugares onde non eran necesarios. O recente si que convén derrubalo, e canto antes; hai que dar mostras de saúde. Pero, insisto, aquilo que, se se derruba, mellora significativamente o lugar. ¿Que se gañou tirando o chiringuito da praia de Mera?

-¿Que parte de culpa teñen os arquitectos nas barbaridades urbanísticas?

-Moitas veces é o estimulador do dano. Pero é coma se vas a un médico que ten un pésimo historial. Cando alguén vai falar co arquitecto xa sabe con quen trata, as súas obras están á vista.

-¿A saída profesional pasa por emigrar?

-En España estamos moi ben formados, por iso un arquitecto español está moi ben valorado en calquera parte do mundo. Pero a profesión ten máis saídas que unicamente a construción.