Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Archivado en 28 Decembro 2010
Agasallo Nadal 2010
Este ano, e acorde co excelente resultado económico obtido, a Delegación en Pontevedra do COAG repartirá entre os seus colexiados o tradicional agasallo de Nadal.
Nesta ocasión, trátase dunha bicicleta eléctrica con “cestiño”, para facilitar a movilidade pola cidade e poder trasladar con máis comodidade os documentos e proxectos, cada día máis numerosos e pesados. O modelo elixido levará así mesmo as cores da Delegación ( granate, negro e branco).
Podes solicitar o teu modelo a través da web, dende hoxe mesmo. Non se dispoñen de unidades para todos, pois é un modelo inédito , polo que se aconsella solicitalo coa máxima rapidez. Aos colexiados que queden sen agasallo se lles compensará cunhas zapatillas “Naik” e un carrito con rodas, para camiñar tamén a gusto dende o seu estudio á Sé da Delegación.
Esperamos sexa do voso agrado e pasedes unhas Felices Festas.
María Inocencia , Comisión Cultura COAG Pontevedra
Resultado Poxa Mobiliario Delegación de Pontevedra
Publícase o listado cos valores finais obtidos para cada obxecto e os códigos correspondentes a cada ofertante.
Nota: As ofertas individuais por obxectos que foron superadas por unha oferta conxunta da serie de obxectos correspondentes non se publican. O mesmo ocorre ó contrario, non se publican as cantidades ofertadas por unha serie conxunta que foron superadas pola suma de varias individuais.

