replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 6 Novembro 2010

Un pano de taboleiros de madeira de piñeiro servirá de fondo á Peregrina

Escrito por mpierres o 6 Novembro 2010

p6c5f2La Voz de Galicia - 0.6.11.2010

Os gañadores do concurso de ideas son tres arquitectos madrileños e o seu proxecto denomínase «Camaleón»

Un equipo de tres arquitectos madrileños, formado por Elio García e os irmáns Javier e Carlos Rodríguez Albacoa, foi o gañador do concurso de ideas convocado polo Concello para solucionar as traseiras e medianeiras da igrexa da Peregrina. O fallo do xurado, do que formaron parte varios arquitectos, foi unánime.

O seu proxecto, denominado Camaleón, foi elixido entre os case corenta presentados e consiste nun pano de taboleiros de madeira de piñeiro galego dispostos en horizontal e cunha pequena separación entre eles, que permite o paso da luz e o aire. O xurado fixo constar que se trata de «un deseño lixeiro, de carácter bastante neutro e que non entra en conflito coa silueta da Peregrina, que é o que se pretende realzar». E valorou a permeabilidade da solución elixida, «que se maximiza coincidindo cos ocos das fiestras, con obxecto de non prexudicar nin as luces nin as vistas traseiras aos veciños dos inmobles afectados». A falsa fachada de madeira elévase nun extremo sobre os edificios construídos cunha especie de torre-miradoiro, aínda que este exceso de altura non se axusta aos volumes permitidos polo Plan Especial.

O segundo premio foi para o proxecto Espellismo, presentado polos arquitectos Rafael Olalquiaga Sorano e os irmáns Pablo e Alfonso Olalquiaga Bescós, tamén de Madrid. A súa proposta consistía en crear unha pantalla a base de vidros colocados de forma irregular nun armazón metálico.

O terceiro premio foi para o lema Baixo Relevo, baixo o que concursou o arquitecto pontevedrés Francisco Fariña Marín, que expuxo a instalación dunha falsa fachada en cobre.

Finalmente, se concedieropn tres accésits a Ponte Bela, de Cipriano Nega Balear (Cangas do Morrazo), a Yvy 1010, de Jorge Rodríguez Álvarez, María Paz Santiago e Miguel Illa (A Coruña) e Néboa, de Guadalupe Hernández Lorenzo, Carlos Jiménez e Diego García-Setién (Madrid).

Os gañadores recibirán 18.000 euros, a conta dos honorarios pola redacción do proxecto. Os segundos e terceiros clasificados percibirán 8.000 e 5.000 euros, respectivamente. E os accésits están dotados con 3.000 euros.

Houbo varias de propostas de pantallas ou tapices de vexetación natural que contaron, fundamentalmente, co rexeitamento dos representantes dos veciños por temor a problemas de humidades e proliferación de bichos. E a súa opinión tívose moi en conta. Outras ideas orixinais foron refugadas por dificultade de mantemento ou de execución, caso de Néboa, que creaba unha especie de nube detrás da Peregrina mediante nebulizadores. E singular foi tamén a proposta de crear unha macropantalla de luces de led na que se proxectaban distintas paisaxes.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.