Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Archivado en 18 marzo 2010
Comisión de Cultura: selección de arquitectos-guía de visitas a la Ciudad de la Cultura
A Fundación Cidade da Cultura e o C.O.A.G. convocan un proceso de selección de arquitectos colexiados co fin de procurar a guía máis completa posible das visitas que a Cidade da Cultura recibirá neste ano 2010 de, entre outros, institucións e colectivos profesionais como arquitectos, enxeñeiros e outros. O programa contempla a selección dun número fixo de colexiados que poidan ofrecer a dispoñibilidade e competencias necesarias, e a formación dunha lista de interesados que poidan ser chamados a incorporarse de xeito puntual a estes traballos.
DOCUMENTACION
Terase en conta:
•
Coñecemento e dominio en linguas estranxeiras. Aportando fotocopia do xustificación da titulación correspondente.
•
Coñecementos especiais en Historia da Arquitectura e Construción.
•
Fotocopia do expediente académico mediante a presentación do mesmo compulsado.
•
Capacidade de comunicación.
PRESENTACION PROPOSTAS
A presentación da documentación das propostas poderase realizar ata as 14 horas do día 5 de abril, na Sede ou Delegacións do COAG.
CONSULTAS
Calquera consulta sobre o contido da convocatoria, poderanse dirixir á Comisión de Cultura do COAG ben chamando ao 981552400 (Ext. 6) ou ben remitindo un correo electrónico a:
comisioncultura@colexiodearquitectos.org
SELECCIÓN
A comisión de selección estará formado pola Sra. Directora-Xerente -ou persoa en quen delegue- e outro membro a designar por parte da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e polo Sr. Decano-Presidente -ou persoa en quen delegue- e un membro da Comisión de Cultura por parte do COAG.
Dita comisión reunirase antes de trinta días dende a data límite de presentación da documentación dos candidatos, podendo realizar entrevista persoal con aqueles candidatos que estime oportuno. En caso de ser necesario, para verificar a congruencia da documentación presentada xunto coa proposta, poderase requirir a aportación de documentos orixinais.
Os colexiados interesados que aporten competencias específicas (idioma extranxeiro de pouca difusión, p.ex.) poderán incorporarse a unha lista pra poder recabar a sua colaboración en caso de grupos que fagan necesarias as competencias especiais anteditas.
CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO A DESENVOLVER
Recibir ás visitas de grupos de índole técnica ou artística, que requiran dunha guía especializada en Arquitectura.
O colexiado encargado da visita encargarase de guiar a mesma polas obras e edificios da Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás de Santiago de Compostela (duración estimada entre 2 e 3 horas) explicando tódolos aspectos de interese do proxecto e as obras. Para elo os seleccionados recibirán da parte da Fundación material de apoio suficiente, e deberán completar un programa de información e formación (mínimo duas visitas completas e unha reunión previa a cada unha de elas) -non retribuido-, que lles transmita os coñecementos mínimos sobre cualificación da información recibida, temporalización das visitas e sobre da organización das obras para poder desenvolver as tarefas anteditas.
A explicación deberá con frecuencia desenvolverse en lingua extranxeira.
As características dos grupos de visitantes fan moi probable a necesidade de desenvolver os traballos en datas da fin de semana.
RETRIBUCION
Retribuirase economicamente por visita realizada (Estímase un importe de 200 euros por visita). De realizarse varios traballos poderase reclamar pola Fundación a emisión dunha única factura mensual, na que se incluirán ademais a compensación por gastos de desprazamento desde a demarcación á que pertenza cada colexiado.