replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 27 Xaneiro 2010

Os concellos terán dous anos para adaptarse ao plan do litoral

Escrito por mpierres o 27 Xaneiro 2010

plan-litoralLa Voz de Galicia - Serafín Lorenzo- 27/1/2010

O Goberno de Feijoo aplicará dous tempos na implantación efectiva do plan de ordenación do litoral, co que prevé manter a prohibición de construír en 1.210 hectáreas de chan urbanizable e urbano non consolidado situado a menos de 500 metros do mar e ampliar a blindaxe a 1.740 hectáreas que superan ese limiar delimitado pola lei cautelar en vigor. A primeira fase comezará a partir de marzo, co levantamento progresivo da norma que aprobou o bipartito e a aplicación das novas restricións nos ámbitos que non expoñan problemas durante o trámite de audiencia cos 84 concellos nos que se aplicará. Pero a adaptación das achaiaduras urbanísticas deses concellos ás directrices do plan non culminará antes do 2013, xa que terán dous anos de prazo para realizar esa adecuación a un regulamento cuxa aprobación definitiva deberá esperar polo menos ata decembro próximo.

O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asumiu onte que os calendarios que establecen as normas urbanísticas para o seu desenvolvemento quedan en papel mollado, polo que defendeu que a Xunta buscará un acordo coa Fegamp para que o prazo de adaptación sexa «razoable» e permita o seu cumprimento polos concellos. «Non é a primeira vez nin será a última que aparecen normas que establecen prazos que logo todo ou mundo esquece», admitiu. A propia xestión da Xunta na costa serve como exemplo. O Executivo acumula máis de cinco anos de atraso respecto ao calendario que fixou a Lei do Solo 9/2002 para o plan do litoral, e supera os seis nas directrices de ordenación do territorio.

As directrices, en paralelo

Hernández referendou, nun encontro no que explicou aos xornalistas a filosofía e pormenores do plan, a pretensión do seu departamento de axilizar a tramitación das directrices para dispor dese regulamento xeral «en paralelo» á ordenación do litoral. A consellería sitúa a aprobación dos dous documentos a finais deste ano ou principios do 2011. Hernández respondeu así ás obxeccións reiteradas desde os dous grupos da oposición, a presidencia da Fegamp e colectivos ecoloxistas, que argüen que carece de sentido presentar o plan do litoral sen ter as directrices. O conselleiro esgrimiu que a ordenación da costa ten en conta as directrices.

Medio Ambiente ignora aínda en cantas das 3.339 hectáreas de chan urbanizable e urbano non consolidado bloqueadas pola lei dos 500 metros estará levantada a prohibición cando, o próximo 17 de maio, expire a norma. O documento inicial clasifica como zonas de mellora ambiental 1.883 hectáreas dentro desa franxa máis próxima ao mar, nas que o plan permitirá edificar con criterios moi restritivos que analizará agora con cada concello.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.