replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 20 Xaneiro 2010

Xornada sobre A Protección da Legalidade Urbanística

Escrito por mpierres o 20 Xaneiro 2010

O vindeiro 29 de Xaneiro na EGAP levarase a cabo unha xornada para mellorar o coñecemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística , os seus obxectivos, prioridades e actividades realizadas.

Máis información

A Xunta abrirá nunha semana a tramitación para retirar en marzo a lei dos 500 metros

Escrito por mpierres o 20 Xaneiro 2010

costa-de-foz


La Voz de Galicia -Serafín Lorenzo - 20/1/2010
A conta atrás de dous meses comezará co envío do informe do litoral aos 84 concellos que ordenará

Os 84 concellos que terán que adaptar os seus desenvolvementos urbanísticos ás esixencias que determine o plan do litoral comezarán a recibir a partir da próxima semana o documento no que o Goberno de Feijoo traza o escenario de partida para ordenar a costa.

Co envío dese informe inicial, a Xunta abre unha fase de dous meses na que terá lugar o trámite de audiencia, para detallar con cada concello e os organismos competentes a incidencia do plan en cada territorio. Superado ese período, que empezará a contar cando todos os concellos reciban o documento, Medio Ambiente comezará a levantar de forma progresiva a prohibición de edificar a menos de 500 metros do mar para incorporar as novas restricións. En principio, e sempre dentro da cautela con que a consellería está a manexar as súas estimacións, o plan manterá a blindaxe de polo menos 1.300 das 3.000 hectáreas de chan urbanizable situadas na franxa que o bipartito paralizou preventivamente en maio do 2007. Pero no departamento que dirixe Agustín Hernández advirten que a incidencia real da futura ordenación pasará con fartura o ámbito dunha lei que calculan que só afecta hoxe ao 78% da superficie que computou a Xunta anterior.

A pesar de que o plan do litoral que o Goberno galego espera aprobar en decembro será moito máis complexo e afectará a unha superficie tres veces maior que a que protexe a norma do bipartito, a referencia da lei que Feijoo prorrogou ata maio próximo é inevitable para contextualizar o impacto do marco que a substituirá.

Chan vedado e restrinxido

O plan regulará 212.164 hectáreas, fronte ás 80.663 que inicialmente quedaron baixo o paraugas da norma dos 500 metros. Medio Ambiente sostén que esa incidencia quedou rebaixada a 63.247, sobre todo, porque a adaptación á Lei do Solo 9/2002 das achaiaduras de Vigo, Oleiros, A Pobra do Caramiñal, Laxe e Paderne liberou a eses concellos da prohibición edificatoria. Desas 212.164 hectáreas, o documento inicial blinda 67.146 como zonas de protección ambiental ou de corredor. O 32% dese chan localízase máis aló da franxa de 500 metros. Ademais, o plan restrinxe a edificación en 46.817 hectáreas máis, nas que só permitirá desenvolvementos que melloren a zona con criterios ambientais e paisaxísticos.

PSDEG, BNG e Fegamp discrepan da Xunta e opinan que debería prorrogar a lei dos 500 metros ata aprobar as directrices do territorio e o plan do litoral. Feijoo defendeu onte en Madrid que esa ordenación da fachada costeira incrementará o atractivo turístico de Galicia.

Os arquitectos tamén examinan con lupa a modificación do plan especial

Escrito por mpierres o 20 Xaneiro 2010

La Voz de Galicia -20.01.09

Fontes da delegación pontevedresa do Colexio de Arquitectos confirmaron que tamén dende a entidade se está estudiando con lupa a modificación puntual do Peprica, «para ver si é correcta ou non dende o punto de vista urbanístico, tendo en conta que é unha actuación nun entorno moi concreto que ao colexio lle afecta moi directamente e debe cumplir con todas as garantías». A entidade ten previsto ubicar a súa futura sede na antiga finca do Teucro, colindante cos restos arqueolóxicos, que se ubican nunha zona declarada no PXOM como vial.

As mesmas fontes corroboraron que hai «opinions encontradas» sobre o proxecto no seo da entidade. «Neste proxecto confluen varios aspectos -indicaron-. Estamos directamente implicados porque a parcela na que pretendemos construir limita con esta e de iso depende o aproveitamento que poidamos facer dela. Despois, membros do colexio teñen un especial interese pola cuestión, se plantexa e se leva adelante. Houbo unha inquietude ao respeto».

Entre as posicions que  suscitou o proxecto, apuntan unha en contra: «Os parámetros urbanísticos que plantexa non parecen moi compatibles cos usos que entendemos que deberían ser -afirman-. Hai temas de alturas de element

Arquitectura polas ramas

Escrito por mpierres o 20 Xaneiro 2010

pabellon-cuenca

O Pavillón de Cristal do Parque do Recinto Feiral de Cuenca

El Pais -ANATXU ZABALBEASCOA - Madrid - 19/01/2010

O estudio Moneo-Brock firma un pavillón de cristal, novo icono de Cuenca

Como unha rocha por fóra e como un bosque por dentro. Así é este Pavillón de Cristal, o primeiro edificio do Parque del Recinto Ferial, que ocupará 14 hectáreas ao sudoeste de Cuenca. Entre os ríos Xúcar e Moscas, ás aforas da cidade, os arquitectos Belén Moneo e Jeff Brock, en colaboración con Rafael Moneo, trataron de acadar un imposible. Querían que o seu edificio tivese un uso múltiple e, porén, buscaron darlle unha presenza diluída, esquiva. Así, resolveron romper o gran volume que debía acoller concertos e bailes, festas e feiras en pequenas estruturas que, xuntas, suman un gran espazo. Ao fragmentala en módulos, a estrutura arbórea de aceiro pintado de branco tende a desaparecer, dilúese na paisaxe como unha folerpa de neve. O resto dos materiais-pedra calcaria local no chan e vidro transparente ou traslúcido en cubertas e fachadas - axuda a lograr un aire fráxil e leve, pero tamén festivo.

A idea de esgazar un inmoble nunha suma de usos e fragmentos (23 módulos de planta pentagonal unida nunha malla estrutural con forma de árbore) parece aliviar o peso do que é, en realidade, un gran equipamento para a cidade nova. O pavillón marca o límite entre o futuro parque-cuxo paisaxismo, xa están deseñando os arquitectos grazas ás axudas do Plan E - e o centro urbano. Cando se inaugure, servirá de acceso a esta nova zona de lecer conquense. “O Pavillón de Cristal é, en realidade, unha praza cuberta: un lugar para gozar da natureza sen ter que sufrir as inclemencias do tempo “, explica Belén Moneo. Con solo radiante, quentado por enerxía xeotermal, e unha cuberta de cristal serigrafiado, o edificio aproveitará o efecto invernadoiro acumulando a calor do sol en inverno. Logo, chegado o verán, transformarase. Cando abra os seus cerramentos para conseguir ventilación natural converterase en pouco máis que unha pérgola torada e traslúcida.

Non é esta a primeira vez que Jeff Brock e Belén Moneo, formados na Universidade de Columbia de Nova York e con estudo en Madrid desde 2002, ensaian a desaparición dun edificio nun enclave a partir da súa fragmentación. En Panticosa, no Pirineo aragonés, o seu proxecto para as Termas de Tiberio rompía un gran edificio en pedacitos de pavés, coma se este fóra xeo, nun marco habitualmente nevado. Tamén a fachada, rota en chanzos, fundía a súa carga traslúcida cos bancais na saia da montaña.

Agora, en Cuenca, os arquitectos voltaron apostar pola división. E a cidade tamén reforzou a súa elección dunha arquitectura aérea que remite á das antigas casas colgantes, en versión posindustrial e ao servizo da cidadanía. Máis alá deste pavillón inaugural, existe un proxecto urbanístico para que o gran Parque Ferial de Cuenca medre cun auditorio, un teatro, un albergue, un circuíto de patinaxe e ata un estanque con barcas que suavizará as enchentes dos ríos circundantes.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.