replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 18 Novembro 2009

Videoentrevista á arquitecta Benedetta Tagliabue do estudo EMBT no marco da X BEAU2009

Escrito por mpierres o 18 Novembro 2009

Video entrevista realizada polo Studio Banana TV no marco do proxecto audiovisual da X Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2009  www.bienalx.es

Nesta edición dúas obras do estudio barcelonés, atópanse nominadas como finalistas, a Biblioteca Pública de Palafolls e a Sede de Gas Natural en Barcelona.

O novo presidente dos arquitectos de España critica a ‘hiperregulación urbanística”

Escrito por mpierres o 18 Novembro 2009

jordi-ludevicEl Mundo - 16.11.09

O novo presidente do Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE), Jordi Ludevic, criticou a “hiperregulación” en materia urbanística e o “carácter cambiante” das leis no país que afectan ao exercicio da profesión da arquitectura. Ludevic, elexido recentemente como máximo responsable do CSCAE, participou nas VII Xornadas sobre a Lei do Solo, Ordenación Territorial, Urbanismo e Valoracions.

En declaraciones a Efe, Ludevic  asegurou que o CSCAE non é partidario dunha “desregulación salvaxe”, pero tampoco do exceso de normativa actual, que calificor de “asfixiante e caótica”.

“Te acostumbras a traballar cunha lei e, en pouco tempo, a cambian e non sempre para mellor, o que provoca o agobio non só dos arquitectos, senón tamén dos maxistrados, como se viu nas xornadas de Palma”, denunciou Ludevic.

Por outro lado, o presidente dos arquitectos españoles e decano do Colexio de Arquitectos de Cataluña se amosou preocupado polos problemas que afectan a esta profesión derivados do descenso da actividade no sector da construción. Unha “crise institucional” que, ao seu xuizo, fai cada vez máis complicado o exercicio da arquitectura nun entorno de “leis cambiantes”.

Ludevic considera graves os casos de corrupción urbanística, un de cuios efectos colaterais é “a falta de lexitimidade que algunhas administracions ofrecen actualmente ao país”. “O modelo de economía especulativa e pouco productiva” é, según Ludevic, o responsable da crise que afecta a todos os sectores e que, no caso da construción, está vinculada “á burbulla expansiva dos últimos anos”.

En relación co Reglamento da Lei do Solo de 2008, pendente de aprobación, o presidente do CSCAE  afirmou que “non sabemos o que vai  aportar, pero sabemos o que nos gustaría que aportara”, como que resolva as “imprecisions actuais” sobre os solos urbanizables.

‘Somos interlocutores do Goberno e estamos a súa disposición’


“Somos interlocutores do Goberno e estamos a súa disposición para conseguir que este futuro reglamento (que debe servir para desenrolar a Lei do Solo) sexa técnicamente eficiente”, añadiu.

Obxetivo interno: conseguir a unidade da profesión

En clave máis interna, Ludevic destacou que un dos seus grandes retos ao frente do CSCAE é “conseguir a unidade da profesión” e “acompañar aos profesionais na entrada no século XXI”. Os arquitectos españois se enfrentan, según Ludevic, a “moitos problemas e ameazas”, incluido un cambio moi significativo no modelo da profesión en consonancia coa “dinámica europea”.

A arquitectura en España, explicou, se exerceu tradicionalmente de forma liberal, pero eso está cambiando porque en poucos anos os despachos tradicionais, con arquitectos e varios delineantes, pasaron dun 90% a un 50%. Nas grandes áreas metropolitanas, como Madrid e Barcelona, a meirande parte dos arquitectos traballan xa por conta allea, apostillou o presidente do CSCAE.

Patricia Urquiola, elixida a mellor deseñadora do século XXI

Escrito por mpierres o 18 Novembro 2009

antibodi-de-morosoLa Voz de Galicia - 10.11.09

A revista alemá «Häuser» destaca a súa personalidade «suave, feminina e ás veces ornamental sen caer nin unha vez no kitsch»

Se se pregunta a un profano na materia por un deseñador español, probablemente o subconsciente colectivo levarao a citar a Javier Mariscal. Con todo, aínda que o valenciano ocupa un lugar privilexiado no olimpo da profesión, os focos apuntan a outra estrela, unha muller que saíu do norte de España para acabar triunfando na capital mundial do deseño.

Fai xa máis de vinte anos que Patricia Urquiola estableceuse en Milán, onde terminou a carreira de Arquitectura e foi alumna de Achille Castiglioni, un dos pais do deseño italiano. Entre 1990 e 1996 traballou para a empresa De Padova con outra lenda, Vico Magistretti, con quen desenvolveu o sofá Loom e a cadeira Flower, entre outros obxectos. No 2001 abriu os seus propio estudo e comezou a asinar produtos para as compañías máis importantes: Alessi, B&B, Moroso, Molteni, Kartell…

O seu estilo non pasou desapercibido e as principais publicacións internacionais de deseño rendéronse aos seus pés. Foi elixida deseñadora do ano 2003 por Elle Deco e no 2005 pola prestixiosa Wallpaper. Agora é a revista alemá de decoración e arquitectura Häuser, outra das biblias do sector, a que elixiu a Urquiola como a mellor deseñadora de interiores da primeira década do século XXI.

Segundo o xurado, esta asturiana de ascendencia vasca conseguiu «romper o minimalismo dos anos noventa» e dar aos seus deseños unha nota «suave, feminina e ás veces ornamental sen caer nin unha vez no kitsch». «Con iso non só puido gañarse a un amplo público, senón que se fixo valer como muller no masculino mundo do deseño», afirmou o redactor xefe de Häuser, Wolfgang Nagel.

Nova xeración

A publicación alemá tamén recoñece a importancia do traballo doutros deseñadores como a holandesa Hella Jongerius, os irmáns franceses Ronan e Erwan Bourollec ou o xaponés Naoto Fukasawa.

Como eles, Patricia Urquiola pertence a unha xeración que volveu ás raíces clásicas do deseño para recuperar a elegancia perdida nos anos oitenta e noventa, cando as liñas posmodernas primeiro, e a excesiva simplicidad dos obxectos despois, daban a impresión de que os creadores se esqueceron do público ao que se dirixían. «Este é un traballo para curiosos. Tes que prestar moita atención ás necesidades das persoas e, nalgúns casos, anticiparche», explicaba a deseñadora nunha entrevista.

Sofisticada e á vez ecolóxica, Urquiola o mesmo viches o lobby dun hotel que o interior dunha pequena vivenda. Ultimamente sobresaíu coas súas coleccións de mobles de exteriores para Kettal (Maia) e B&B Italia (Crinoline), a base de fibras naturais e sintéticas trenzadas. «Detesto a pedantería que converte a un material en pretexto para a exhibición dun traballo», afirma. Di que vai por libre e a diversidade do seu traballo así o testemuña: non ten dúas pezas iguais.

patricia-urquiola

Picture 1 of 4

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.