replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 17 Novembro 2009

Unha vivenda de Ponte Sarela logra o Gran Premio Enor de Arquitectura

Escrito por mpierres o 17 Novembro 2009

La Voz de Galicia - 17.11.09

pontesarela Rodríguez García recibiu o galardón dedicado a Galicia por un centro de saúde en Cotobade

Os autores do proxecto, situado nas proximidades de Santiago, son Víctor López e José Manuel López Funes

Os arquitectos Víctor López e Juan Manuel López Funes obtiveron o Gran Premio de Arquitectura Ascensores Enor pola vivenda unifamiliar que proxectaron no conxunto da antiga fábrica de curtidos da Ribeira de San Lourenzo, en Ponte Sarela, nas proximidades de Santiago. A entrega dos premios tivo lugar onte no Centro Cultural Caixanova de Vigo, nun acto ao que acudiron preto dun milleiro de persoas, maioritariamente relacionadas co mundo da arquitectura.

A vivenda unifamiliar galardoada forma parte da primeira fase dunha intervención de rehabilitación da antiga fábrica de curtidos da Ribeira de San Lorenzo. O conxunto industrial destínase a un novo uso hostaleiro, que se reparte entre os corpos existentes rehabilitados e outros de nova execución que se integran na ladeira sur do río Sarela, dando continuidade ao aterrazamiento do terreo lindeiro.

A nova edificación componse dun corpo de pedra con cuberta vexetal que se corresponde coa arquitectura pétrea das ruínas e banqueos existentes e outro, lixeiro, de chapa de zinc e vidro, que se apoia e crece sobre o anterior como expresión do carácter industrial herdado. Víctor López Cotelo (Madrid, 1947) é un arquitecto cunha longa traxectoria profesional, que comezou en Alemaña a principios da década dos anos setenta, colaborando posteriormente con Alejandro da Sota.

Na súa cuarta edición, o Premio Enor xa se consolidou como unha das citas máis importantes coa arquitectura contemporánea. O certame ten ámbito peninsular e presenta cinco categorías, ademais do Gran Premio, que coinciden coas delegacións da empresa en Galicia, Castela-León, Madrid e Portugal, así como un premio destinado aos arquitectos menores de 40 anos.

centro-saude-en-cotobade xurado foi presidido polo arquitecto galego Andrés Fernández-Albalat, presidente fundador do Colexio de Arquitectos de Galicia, e estivo composto por David Cohn, Javier Revillo, José Manuel Martínez Rodríguez, Joãou Álvaro Rocha, Francisco Mangado Beloqui e Carlos Quintáns Eiras. Das 352 obras presentadas, pasaron a primeira selección 39 proxectos.

Enrique Rodríguez García recibiu o Premio Enor de Galicia polo centro de saúde en Cotobade. O premio Castela León foi para Roberto Vale González polo seu Museo do Pan en Mayorga. O premio Ascensores Enor de Madrid foi recibido por César Jiménez de Tejada, María José Furtado de Mendoza Wahrolén e José María Furtado de Mendoza Wahrolén polo seu centro de saúde en San Blas.

O premio Ascensores Enor de Portugal foi, ex aequo, para o Museo das Ciencias no antigo laboratorio de Química da Universidade de Coimbra, de Joãou Mendes Ribeiro, Carlos Antunes e Desiré Pedro, e para Telmo Pissarra de Abreu, Maximina Almeida e Pedro Soares polo Mercado Público dá Comenda no Alentejo.

Menores de 40 anos

Finalmente, o Premio Ascensores Enor de Arquitectura Nova foi entregado a José María Sánchez García polo seu centro de tecnificación de actividades físico deportivas e de lecer, construído no poboado Gabriel e Galán, a beiras do encoro do mesmo nome na provincia de Cáceres.

Nas súas edicións anteriores, o premio foi gañado por Tuñón e Mansilla; Manuel e Francisco Aires e Eduardo Souto, e Mangado Beloqui.

Opinión: Tomen nota, por Javier Armesto.

Escrito por mpierres o 17 Novembro 2009

La Voz de Galicia - 17.11.09

A rehabilitación da fábrica de curtidos de Ponte Sarela ou as vivendas da vaquería de Carme de Abaixo déronlles a Víctor López Cotelo e o promotor José Otero Pombo numerosos premios… e algunhas dores de cabeza. Aínda que pareza incrible, o proxecto gañador do Gran Premio Enor estivo paralizado moito tempo tras unha sentenza xudicial que obrigaba a derrubar parte das construcións, tras o recurso interposto por un particular.

López Cotelo colaborou nos setenta no estudo de Alejandro da Sota e nótase a súa influencia. Nos seus traballos de Santiago destaca o respecto á arquitectura existente e a integración no centro urbano compostelán, que sempre é delicada. A implicación de Otero Pombo tamén é moi importante: que tomen nota moitos construtores deste país, onde sempre primou o diñeiro, as présas e a baixa calidade na edificación

Martín reafírmase no seu deseño de estación intermodal pese ao desacordo do Goberno

Escrito por mpierres o 17 Novembro 2009

Infografía realizada por el PP con la imagen ideal de su propuesta para la estación intermodal.

Infografía realizada por el PP con la imagen ideal de su propuesta para la estación intermodal.

Faro de Vigo - 17.11.09

O portavoz municipal do PP, Telmo Martín, non se desanima. Nin o desacordo, xa coñecido fai  meses, do goberno local, nin as recentes declaracions do delegado do Goberno, Antón Louro, nas que descalificou seu deseño para reconvertir a terminal ferroviaria de Pontevedra nunha estación intermodal subterránea, levaron a Martín a abandoar a súa idea e está disposto a presentala unha vez ante o pleno da corporación. O fará o vindeiro venres e pide ao BNG e ao PSOE “lealtade institucional” e que sexan “xenerosos” para apoiar unha proposta “que respaldan” os pontevedreses e vinculada á chegada do Eixo Atlántico de alta velocidade á cidade.

O pasado venres, Louro, xunto co alcalde, Miguel Fernández Lores, destacou que a configuración actual das estacions do tren e de autobuses xa “configuran un espacio intermodal” e calificou de “ocurrencia” a idea do PP. “Chaman a atención certas propostas que bloquean procesos estratéxicos e imparables en Galicia”, añadiu o máximo representante do Gobierno central en Galicia.
Esta postura contradi as versions que Telmo Martín ofrece da opinión do ministro de Fomento, José Blanco, sobre a súa idea (”a recibiu con interese”, asegura o portavoz do PP), polo que insiste en que esta proposta pode sair adiante “xa que no tomo como definitivas as declaracions de Louro”.
Onte mesmo xa recibiu unha mostra do que se atopará no pleno do venres. O alcalde asegurou que “non me parece serio que se plantexe a estas alturas, coas obras adxudicadas do Eixo Atlántico  en execución. Ademáis, parece que o PP non ten en conta que a poucos metros da estación está o río de Os Gafos e facer unhas vías subterráneas é incompatible con ese río. Nesa zona xa está todo unido na actualidade”. A socialista Teresa Casal, pola súa parte, calificou de “xoguete para seguir no candelero” a proposta de Martín, que “son debuxiños que se adica a pasear pola cidade”.
Pese a elo, Telmo Martín insiste en seguir adiante co seu deseño, “ao que nos estamos adicando en profundidade nos últimos días”, de ahí que todavía non haxa presentado a anunciada querella contra Casal por vinculalo supostamente á trama “Gürtel”, pero “haberá novidades nas vindeiras semanas”.
Tamén se referiu ás inversions que o concello presentou ante a Diputación e que o PP quere centrar no ” rural e os barrios”. Por iso, é probable que se revise, dende a entidade provincial, a relación presentada por Lores.

Casal reactiva o plan urbanístico da ONCE tras a corrección dos fallos detectados

Escrito por mpierres o 17 Novembro 2009

La Voz de Galicia - 17.11.09

O proxecto urbanístico da ONCE foi de novo reactivado tras a corrección dos fallos detectados pola secretaría xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, explicou que ditas correccións foron acordadas polos técnicos do Concello e da Delegación da Consellería, polo que esta vez non debería haber problema para a aprobación definitiva da modificación do PGOU no ámbito da parcela propiedade da ONCE, sita entre as rúas Luis Braille e o Instituto Torrente Ballester.

O Concello aprobou provisionalmente devandita modificación puntual o pasado mes de xaneiro e desde entón trata de desbloquear a aprobación definitiva por parte da Xunta.

Segundo Casal, as correccións agora introducidas non varían substancialmente o proxecto. O que se fixo, fundamentalmente é xustificar con novos informes o interese xeral da actuación, as conexións viarias e a compensación dos espazos de equipamento que se perden na antiga leira da ONCE por outros de nova creación na cidade, entre outras cuestións.

O documento final, coas modificacións realizadas, será aprobado polo pleno da corporación o vindeiro venres, a condición de que estea dispoñible o informe de Intervención Municipal.

Convenio

O proxecto de modificación do PGOU para a recualificación da leira da ONCE, é consecuencia do convenio asinado polo Concello e esta institución no 2006. De acordo con ese convenio, o Concello cederá á organización Nacional de Cegos unha parcela de 5.455 metros cadrados na Eiriña (unidade 18), con fronte á avenida 12 de Novembro, para construír o seu nova Centro de Recurso Educativos. Ademais, recalificará parte dos terreos da súa leira de Campolongo para edificar 220 vivendas. A cambio, o Concello obtén os inmobles do antigo Colexio de Cegos Santiago Apóstolo e a residencia de alumnos para uso socioasistencial, ademais zonas verdes e un novo viario de conexión entre a avenida de Vigo e Fernández Ladreda.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.