replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 16 Novembro 2009

Martes 17 Novembro-Charla Técnica: Biocalce, os muros que respiran. A construción do benestar (Kerakoll)

Escrito por mpierres o 16 Novembro 2009

Calendario do curso: martes 17 de novembro en Pontevedra

Horario: 19-21 h

Programación:

Acollida e inscrición de participantes

Saudo - Perfil empresarial

O novo modo de construción sostible

A Casa Biocalce respira

Materiais naturais para a construción do benestar

Sistemas deshumidificantes Biocalce

Cores minerais naturais para a decoración e protección dos enfoscados á cal

Se ben a asistencia á charla é gratuita, para unha mellor organización, é necesaria a inscrición a través da páxina de Charlas técnicas.

Artigo periodístico: Barcelona-Río de Janeiro

Escrito por mpierres o 16 Novembro 2009

Josep María Montaner - El Pais 16.11.09

Estas dúas ciudades costeiras, unidas por máis de dúas décadas de intercambios de ideas urbanas, están agora aínda máis relacionadas ao compartir o ser sé dos Xogos Olímpicos. Pero trala simpatía que desperta Río, coa súa paisaxe costeira singular, de morros na terra e no mar, o que está xa pactado como urbanismo e arquitectura para os xogos é moi inquietante. A cidade que fóra  referente nos anos noventa polos seus programas complementarios, Río Cidade, adicado á mellora da calidade do espacio público, e Favela Bairro, modélico pola súa maneira de intervir, levando a cidade aos barrios autoconstruidos, apostou para os xogos por un urbanismo totalmente neoliberal, algo que contradí a visión quco encabezadapor Lula.

En vez de aproveitar para mellorar a estructura do existente, fortalecendo o centro e remodelando o antigo gran porto, é dicir, en vez de potenciar a cidade que se publicitou durante a campaña previa á elección, a vila olímpica, a vila dos periodistas e os hoteles vánse levantar en Barra de Tijuca. Intervir nesta área, tan fráxil dende o punto de vista ecolóxico, con lagunas e pantanos, a uns 40 kilómetros do centro de Río, na que vive unha minoría acomodada de 180.000 persoas, só é interpretable dende a máis pura especulación inmobiliaria.

Para resolver os recurrentes colapsos, nunha rede que pivota sobre moi poucas avenidas, túneles e viaducto, se terá que implementar a infraestructura viaria e apostar polo transporte público. Tal como explicou en Barcelona o urbanista Sergio Magalhaes, moito van ter que loitar a cidadanía e os políticos honestos para que o pacto de intereses entre o COI e os grandes propietarios e promotores de Río non culmine nunha operación depredadora e monopolista, hoxe xa pasteleada e proxectada. De momento, a corrente crítica xa  xurdiu en Río, defendendo que os xogos son unha oportunidade para que se beneficie toda a cidade e non só catro poderosos.

Museo fastuoso, museo baleiro

Escrito por mpierres o 16 Novembro 2009

museo-maxxiEl Pais - 14.11.09

O Maxxi de Roma, última creación de Zaha Hadid, abre sen obras de arte

“Foi duro e bastante longo, pero sempre pensei que ia  rematar ben”. Eso dixo en Roma a arquitecta británica-iraquí Zaha Hadid. Once anos e seis gobernos despois de que o ministerio de Cultura de Walter Veltroni dera luz verde ao proxecto, Roma inaugura por fin o museo Maxxi de arte contemporáneo. O deslumbrante edificio se abriu a medias, é dicir baleiro, porque a crisis manda e as 350 obras que formarán a colección (todas, do século XXI) chegarán en primaveira. Pero a derradeir creación de Hadid fascinou xa a todos os que a viron.

Os eloxios dos primeiros visitantes (”impoñente”, “belísimo”, “un espacio para perderse”) se resumen na longa ovación que os periodistas e colaboradores do museo, postos en pe, dedicaron á arquitecta na presentación.

O proxecto, nado en 1998, custou 150 millons de euros e ocupa 27.000 metros cadrados de espacio. O museo está situado sobre unha antiga instalación militar, moi preto do río Tíber, ao norte de Roma, nun barrio residencial de edificios de cores levantado na década de 1930, a escasos 300 metros do auditorio construido por Renzo Piano.

Pero números e datos din pouca cousa fronte a grandeza e o espectáculo (sobrio e nuo) que ofrece o edificio, unha especie de gran lazo aéreo apoiado en pilares de aceiro e cheo de salas, paredes móviles, escaleiras, rampas, e aperturas ao exterior.

“É un proxecto simbólico da miña nova forma de relacionarme co espacio”, explicou a primeira muller que gañou o Premio Pritzker, en 2004. Non se trata dun obxeto, senón dun campus, dun centro cultural, aclarou. “O Maxxi é un lugar pensado para favorecer o intercambio de ideas, para ampliar a vitalidade cultural da cidade. Espero que o denso texido de espacios internos e externos sexa empregado ben para que dialoguen entre sí nun intrigante cruce de túneles. Non os perderei de vista”.

A visita comeza no antigo patio do cuartel, unha praza amplísima sobre a que voa a proa (inacabada) do edificio, sostida por pilastras de aceiro. Na fachada principal, a nova estructura de Hadid engloba, ou devora suavemente dende arriba, a vella estructura.

Mezcrando tres tonos (branco, negro e gris), a arquitecta combina o cristal, o aceiro (seis millons de kilos) e o formigón lixado (50.000 metros cúbicos), e traza pasillos paralelos, moi longos e anchos, con curvas e revoltas, que aumentan a sensación de amplitude e de altura, coa estupenda luz da cidade chegando ao último rincón.

O actual ministro de Cultura italiano, Sandro Bondi, anunciou que seu departamento destiñará catro millons de euros para financiar a Fundación Maxxi. Este mesmo fin de semana, o museo abrirá de forma extraordinaria, cunha instalación coreográfica creada por Sasha Waltz.

“Roma é unha cidade á que viña moito de pequena”, recordou Hadid. “Cando saiu o concurso internacional, pensei que era unha broma. Pero non o dubidei”, añade a arquitecta nada en Bagdad. Agora, o Maxxi competirá, coas suas líñas craras e brancas, co Guggenheim de Bilbao. Ourousoff, crítico de The New York Times, o explicou nunha soa frase: “A Bernini  gustaríalle”.

 

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.