replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 5 Novembro 2009

Potencial local, calidade global

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

El Pais - Anatxu Zabalbeascoa - Helsinki 05/11/09

casa-o-de-a-piste“En Finlandia nos educan para que non chamemos a atención”. Fala o arquitecto Juhani Pallasmaa. Seu libro Los ojos de la piel (Gustavo Gili, 2006), vaticinou a actual crise arquitectónica acusando a moitos edificios recentes dun desmesurado interés polo espectáculo. Pallasmaa partía con vantaxe. No seu país preparan aos cidadáns para a humildade e a discreción coa firme creencia de que esas cualidades son a antesala da reflexión. Así, os deseñadores máis ambiciosos de Finlandia se achegan ao futuro observando o presente. E coñecendo o pasado. Saben que vociferando só chamarán a atención un momento. E non lles tentan eses 15 minutos de gloria.

Con ese bagaxe, o potencial local e a calidade global se  convertiron no sello finlandés en deseño e en arquitectura. Dende seu territorio frío, de apenas cinco millons de habitantes, Finlandia lle fala ao mundo coa seguridade dun puñado de marcas incuestionables que conectaron coa esfera máis internacional da moda (Marimekko), a tecnoloxía (Nokia), o deseño (Artek) ou a decoración (Iitala).

Anque nos parques de Helsinki lápidas do século XIX hincadas no chan conviven con pinos e non existe unha valla que impida que a mancha de céspede invada a aceira, Finlandia é un país xoven -se independizou de Rusia en 1917- e esmeradamente coidado. Aquí o concepto do funcional está tan dixerido -a lamparilla dos portais serve de alumbrado público e ilumina tamén o número escrito nela- como a idea de natureza -capaz de facer convivir abedules, baias e asfalto sen que nada teña que perder-. Foi seguramente esa raigambre natural a que fixo que, durante décadas, a modernidade finlandesa estivese ligada a un arquitecto que cuestionou a propia idea da modernidade arquitectónica por inhumana. Alvar Aalto levou ata o Báltico tradicions mediterráneas para idear unha nova arquitectura. Se a natureza foi a clave no facer dese arquitecto, as xeneracións posteriores necesitaron oporse a unha presencia tan destacada, ata que souberon ver no vello maestro non unha sombra, senón cimentos. Por eso, hoxe, seu legado segue dando froitos. E non só porque súas pezas de Artek continúen en producción 75 anos despois. A impronta de Aalto pode lerse tanto nas mesas que a arquitecta Kirsi Gullichsen ideou para Habitek como nas vivendas que os estudios A-piste e Archeus levantaron no archipélago de Inkoo e nun barrio de Espoo. Na Fundación Arquitectura COAM, en Madrid, poderá verse cómo a maneira de inclinar a cuberta (evitando o acabado triangular a dúas aguas), a idea de arropar con madeiras locais o interior e o exterior, a vontade de elevar as casas cun zócalo de pedra local ou a frescura de xogar coas asimetrías falan de Aalto, pero tamén de sostenibilidade delatando un entendemento do solo finlandés. A idea é propoñer sen destruir. Por eso a súa vangardia non é guerrera.

No deseño, o redescubrimento da artesanía (as alfombras de Kristiina Lassus, as telas de Johanna Gullichsen, as zapatillas de Tuula Pöyhönen) convive cun intento de humanizar a tecnoloxía punta. O deseñador Esa Wesmanen, de Pure Design, leva ao Instituto Europeo de Diseño de Madrid a Chaise-longue balance, sustentada por unha estructura tan fina que convirte a tumbona nun asento cun respaldo oscilante. O cabeceiro inclúe altavoces ocultos para escoitar música. O de Wesmanen é un traballo máis preocupado por mellorar o centímetro que por facer a revolución. Non se trata de amosar unha peza que sairá en múltiples portadas pero non chegará a producirse. O obxetivo é tan sereno como ambicioso.

O que busca o mellor deseño finlandés é mellorar a calidade de vida. A maioría dos seus proxectistas fan bo o dito de que para evitar pasar de moda, nada como non estar á moda. Así, apostan por levar á etiqueta dos seus productos súa natureza sólida e sinxela. Seu obxetivo non é forzar minimalismos calvinistas, senón respirar simplicidade, ata lograr que resulte o máis natural.

Un mes, tres citas

O deseño finlandés tomará varias salas de Madrid este mes. Éstas son algunhas das citas máis destacadas:

- WOOD Works. Aprender

a construir con madeira a arquitectura do futuro é o obxetivo desta mostra, na Politécnica de Madrid, con 20 exemplos feitos por estudiantes da Universidade Tecnolóxica de Helsinki.

- OTTO Entre el diseño y el arte. A evolución do arte industrial finlandés. No Círculo de Bellas Artes.

Marimekko: 10 puntos de vista. Unha selección de traxes e obxetos que falan da historia desta compañía. No Museo do Traxe.

A Estrada: O PP alega que en máis de 80 núcleos rurais delimitados no PXOM non se poderá edificar

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

Faro de Vigo - Deza/Tabeirós/Montes 05.11.09

vecinos-a-estrada-pxomTras analizar o documento do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que nestes momentos se atopa en fase de exposición pública, o principal grupo da oposición estradense asegurou onte que o 55% dos núcleos rurais carecerán de área de expansión. O Partido Popular indica que o documento urbanístico delimita 409 núcleos de población neste ámbito, de modo que, según puntualizou seu portavoz e diputado autonómico, José López Campos, 71 quedarían sen delimitar no novo plan. Destes 409, dixo o edil, máis de 220 non terían un área de expansión. Afirmou asimesmo o concelleiro popular que o 47% destas áreas se utilizan “para recoller vivendas xa construidas”, de modo que un porcentaxe elevado destas superficies terían xa a súa edificabilidade “esgotada”.
Convencido de que o documento exposto no Teatro Principal “arruina o futuro do noso rural”, o portavoz do PP manifestou tamén que máis do 20% dos 409 núcleos delimitados aos que aludiu, é dicir, o equivalente a máis de 80 unidades, terían agotada a súa edificabilidade antes de ser aprobado o Plan Xeral. “Non poderían edificar nunca”, explicou tras realizar esa afirmación. “O único que quedan son os saídos da casas”, dixo o diputado, que interpreta que “ninguén partiría” este espacio para a súa venta de cara a unha nova construción.
Sosten o Partido Popular que o documento exposto é “máis restrictivo que a propia Lei do Solo, que xa limita moitísimo a capacidade constructiva no rural”. López Campos se referiu á proxección de 150.000 habitantes que contemplaba o documento rexeitado pola Xunta e á previsión de 38.000 que recolle o plan actual. “Ten que haber un termo medio”, manifestou, para seguidamente indicar que municipios cunhas dimensions similares ás de A Estrada e con proxeccions de entre 70.000 e 80.000 habitantes puideron ver aprobado seu planeamento. “Non podemos partir dun escenario derrotista que condicione o desenvolvemento dun pobo”, recomendou o concelleiro.

“Falsedade”

O diputado autonómico quiso aproveitar onte a ocasión para tildar de “falsedade” as afirmacions do goberno que indican que a Xunta de Galicia está ao tanto de todo o que se está facendo en A Estrada en materia de Plan Xeral. Seguidamente, subraiou que o Concello de A Estrada é o concello con máis núcleos de toda España, “polo tanto un concello singular, que terá que ter un Plan Xeral singular”, un documento que apostou por negociar e axustar á realidade estradense.
“Non estamos indo ao rural para paralizar o Plan Xeral”, aclarou José López, que considerou que o período de exposición e alegacions é o momento apropiado para que a “voz do pobo” enriqueza un “documento de mínimos”. ”Temos que negociar, xestionar”, añadiu.
Noutro orde de cousas, o Partido Popular opina que o Plan Xeral está “viciado de orixe”. Seu portavoz explicou onte esta impresión refirindose aos compromisos de edificación solicitados no ámbito rural. Puntualizou que moita xente non presentou solicitudes por temor á posibilidade de que finalmente non chegase a construir nos terreos para os que cursaba o compromiso. López Campos subraiou que o 90% destes compromisos de edificabilidade se traduciron en fincas edificables no Plan Xeral. Esto leva ao portavoz da oposición a manifestar que existen “estradenses de primeira e de segunda”, puntualizando que moitos veciños descoñecían que estas solicitudes serían “a base para a transformación do solo edificable”. “Pintan cunha raia vermella as vivendas tradicionais e incorporan os compromisos de edificación. Todo o demais é solo rústico”, dixo o concelleiro.
Por outra parte, José López indicou que seu grupo está detectando a existencia de “grandes erros de bulto” na planimetría. Sospeita o PP que o equipo redactor podería estar traballando sobre o documento de 2004, o mesmo que tamén presentaba, recordou o edil, erros na planimetría, cuestión que motivou que o documento anterior estivese dúas veces en exposición pública. Apuntou o portavoz do PP que “os mesmos erros da planimetría de 2004 tenos agora a de 2009”. Subraiou seguidamente que estes planos constitúen a documentación base para traballar no Plan Xeral.

Unanimidade nos grupos para sacar adiante o Plan Xeral de Moaña

Escrito por mpierres o 5 Novembro 2009

Faro de Vigo- Morrazo - 05.11.09

A comisión de seguimento do PXOM de Moaña, que onte reuniuse por primeira vez en 14 meses, serviu para que todos os grupos municipais acordaran arrimar o hombro para aprobar canto antes un plan que califican como “vital” para o futuro do municipio.
O representante de Arteplán –o equipo redactor–, Manuel Freijeiro, informou aos representantes dos partidos do alcance dos informes desfavorables emitidos por Costas e Patrimonio á proposta de Plan Xeral. “Confirmaron o que xa dixemos nós ao respecto, que o informe de Costas se refire simplemente a pequenos cambios na forma”, explica o edil de Urbanismo, o nacionalista Valentín Piñeiro.
Freijeiro confirmou que están traballando nas novas fichas de elementos patrimoniais para incorporalas ao catálogo exixido pola administración autonómica. Arteplán estará en permanente contacto cos técnicos de Patrimonio, para evitar un tercer informe desfavorable.
O líder do PSOE local, Víctor Pastoriza, tamén confirmou “o compromiso e vontade de todos os grupos para sacar adiante o plan, a pesar dos atrancos que está poñendo a administración”. Este suposto foi corroborado polo concelleiro de InMo, Euloxio Santos Leites.
Pola súa parte, o portavoz do PP local José Fervenza, afirma que seu partido está disposto a “arrimar ó lombo para salvar o PXOM”. Pero para elo pon o requisito de “cumprir cos requisitos de Patrimonio estrictamente, porque a lei é igual para todos os concellos”, justifica.
Por outro lado, Fervenza insistiu na necesidade de celebrar comisions cada quince días para axilizar o proceso. Según Piñeiro, Arteplán reunirá a todos os grupos a medida que vaia avanzando a corrección “e teñan que informarnos dos pasos dados”.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.